1ª Autonómica: Recital dos sonei-boys
12:05 21/09/15
Os Sonei-boys están de moda-Foto-SD
A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com
Tivemos un pouco de todo nesta 3ª xornada da 1ª para os equipos costeiros. Só o Malpica xogaba na casa e sumaba 3 importantes puntos para darlle tranquilidade ao proxecto de Chema Rivadulla. E, lonxe da casa, seguen dando demostracións de fútbol os “Sonei-boys” de Manolito, que se manteñen de líderes imbatidos empatados con Flavia e Lesende. Sumou tamén a vitoria o Outes, xa a segunda, nunha remontada de infarto con 3 goles nos últimos 5 minutos. Tamén o Sofán estreaba o taboleiro de vitorias e facíao ante un complicado Cordeiro. No apartado negativo, Baio e Corme non acaban de arrincar. Seguen na zona baixa, cun punto ocupando postos de descenso tras unha nova derrota pola mínima.
A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com
Tivemos un pouco de todo nesta 3ª xornada da 1ª para os equipos costeiros. Só o Malpica xogaba na casa e sumaba 3 importantes puntos para darlle tranquilidade ao proxecto de Chema Rivadulla. E, lonxe da casa, seguen dando demostracións de fútbol os “Sonei-boys” de Manolito, que se manteñen de líderes imbatidos empatados con Flavia e Lesende. Sumou tamén a vitoria o Outes, xa a segunda, nunha remontada de infarto con 3 goles nos últimos 5 minutos. Tamén o Sofán estreaba o taboleiro de vitorias e facíao ante un complicado Cordeiro. No apartado negativo, Baio e Corme non acaban de arrincar. Seguen na zona baixa, cun punto ocupando postos de descenso tras unha nova derrota pola mínima.
Bertamiráns B – Soneira 0-3
- Campo: Municipal.
- Bertamiráns B: Pablo, Miguel, Saúl, Adrián (Mateo m.46), Aitor, Martín, David (Alexandre m.46), Alvite, Álex Siaba, Miguel Ángel e Alberto (Carlos m.65).
- Soneira: Anxo, Pichi (Maikel m.69), Brais Mouzo, Alberto, Aarón, Sandelo, De la Sierra, Richi (Martín m.65), Basti (Óscar m.76), Vía, e Figueroa (Darío m.76)
- Árbitro: Buján Vidal. Expulsou a Alexandre (m.82) e Miguel (m.86) do Bertamiráns B. Amonestou a Miguel Ángel, Álex Siaba, Alvite e Pablo do Bertamiráns B; Aarón do Soneira.
- Goles: 0-1 m.59 Vía; 0-2 m.84 De la Sierra; 0-3 m.86 Óscar.
Recital dos sonei-boys
O Soneira da casa, xove e do orgullo polo escudo, o que recupera moitos dos valores que auparon durante anos ao clube, volveu ser un rodillo. Esta vez amasou sen piedade a un Bertamiráns B que puido recibir un repaso dos que doen e que foi quen de aguantar unha hora ante un rival volcado. Un recital de paus, erros en mans a mans e demais infortunios deron paso a un gol marca da casa de Vía en forma de execución de libre directo. Despois foi o colmo dos inesperados. De la Sierra volveu redescubrir a súa faceta goleadora e Darío, desde o banco, converteuse nun asistente de luxo. O primeiro foi para o propio De la Sierra e despois para o muradán Óscar.Cordeiro – Sofán (1-2)
- Campo: Baño de Valga.
- Sofán: David Insua, Adrián, Iván Rey (Raúl Insua m.86), Sito, Rubén, Félix, Pablo Martínez, Felipe (Alex Varela m.46), Franchu, Raúl (Luisito m.57) e Javi Doldán (Alex Pri m.73).
- Goles: 0-1, m.2: Franchu tras un roubo de Javi Doldán; 1-1, m.38: Juanito de falta; 1-2, m.56: Javi Doldán aproveita un pase en profundidade de Raúl.
A SD suma a súa primeira vitoria
Chegou fóra do Carral a primeira vitoria da tempada para o equipo de Josito. Soubo sufrir a SD ante un gran Cordeiro, cun bo torrente ofensivo, pero atopouse cunha defensa carballesa infranqueable. Só cunha maxistral falta directa puido marcar o Cordeiro, despois de que Franchu aproveitase unha indecisión da defensa e unha pelexa de Javi Doldán para abrir o marcador. Aguantou mellor a calor o equipo costeiro na segunda ante un Cordeiro que baixou o ritmo. Axiña Javi Doldán collíalle as costas á defensa para facer o segundo nunha rápida contra lanzada por Raúl e, a partir de aí, tocaba remar e gardar a roupa. E gardouna ben o cadro carballés que apenas permitiu un disparo lonxano. Franchu tivo o terceiro contra o final pero o seu tiro dende fóra da área non atopou porta.Val do Ulla – Corme (2-1)
- Campo: O Coto.
- Corme: Suso, Eloy Villar (Brais Torrado, m.81), Alejandro, Jesús, Sergio Sueiro (Manu Bermúdez, m.88), Diego (Joshua, m.71), Juan Chans, Adrián Doldán, Lucas, Brais e Alejo.
- Goles: 0-1, m.25: Alejo; 1-1, m.63: Alejandro; 1-2, m.80: Jordan.
Inxusta derrota
Xa leva 3 goles Alejo e outros tantos partidos, pero non valeu desta volta para sumar puntos. Os de Miguel Torrado e Alejandro, xa con moitos teóricos titulares sobre o campo, pero aínda con moitas baixas, volveu de baleiro de Val do Ulla nun partido que tiña encarrilado. Na primeira dominou o Corme, creando claras ocacións e tocando o balón a pracer. Pero a segunda metade fíxose custa arriba e os locais conseguiron remontar nun choque de abafante calor.Sigüeiro – Outes (3-4)
- Campo: Lino Balado.
- Outes: Rizos, Borja, Samu (Jura), Dani, Pose, David (Pablo), Martín (Veleiro), Jorge (Chía), Elías (Yago) e Piki.
- Goles: 1-0, m.28; 1-1, m.41: David; 2-1, m.70; 2-2, m.84: Mario; 3-2, m.85; 3-3, m.86: Chía; 3-4, m.89: Veleiro.
- Expulsión: Os costeiros Dani (m.70) Mario no m.89.
Un final de infarto
Remontada impresionante a do Outes nos últimos 5 minutos despois de ir ata 3 veces por debaixo de marcador. Os de Manu Roque van para Rookies do ano con 6 puntos e en zona noble. Empezou moi mal o cadro da Serra e apenas ata o minuto 40 non saíron do seu campo. Chegou aí o empate tras un penalti por mans claras, pero ese empate ao descanso non era xusto. Mellorou moito na segunda o equipo de Roque, creando moitas ocasións, pero era o Sigüeiro o que se adiantaba de novo tras varios rexeites nunha falta. Quedaba con 10 ademais o Outes pero reaccionaba e, a 5 para o final, Mario facía o empate de novo tras varios rexeites, nun balón que era máis difícil fallar que meter. Despois Piki tivo varias para poñer por diante pero nunha falta pola escuadra o equipo local metíase por terceira vez por diante. Quedaban 4 minutos pero moito por xogar. Chía cun gran cabezazo facía o terceiro empate da noite, e Veleiro, nunha contra, e xa co Outes con 9 trala expulsión de Mario por cortar unha contra, facía no último minuto o 3-4. Remataba así un partidazo fantástico, con dúas afeccións (a da Serra non fallou) aplaudindo o esforzo dos dous equipos ao remate do choque.Malpica – Piloño (2-1)
- Campo: Pedra Queimada.
- Malpica: Asier; Juny, Carlos Mallo, Rubén (Almeida, m.25), Martín Uru, Eloi Vilas, Adrián Rei, Sergio (Víctor, m.67), Martín Mara, Vitalie (Petís, m.16) e Charro.
- Goles: 0-1, m.13: de falta lateral bombeada; 1-1, m.43: en propia meta tras xogada de Charro; 2-1, m.75: Almeida non falla despois dun rexeite a un tiro seu, tras pase de Petís e xogada de Martín Uru.
- Lesións: Vitalie, m.16 (escordadura de nocello) e Rubén, m.25 (problemas estomacais).
- Expulsións: o visitante Santi.
3 novos puntos
Non foi o mellor partido para disfrutar do fútbol en Pedra Queimada, pero o cadro malpicán sumou 3 importantes puntos que lle deixan un bo colchón para ir recuperando efectivos. Foron claves os homes novos que chegaron de xuvenís nestes anos como Petís, Almeida ou Uru, e o máis importante foi a reacción ante o gol inicial dos visitantes. Charro foi o home máis incisivo dos de Rivadulla, entrando moi ben por banda, creando a ocasión do primeiro gol e tendo un par para terlle dado a volta ao marcador antes de que o fixese Almeida. A garra dos locais impediu ademais que o equipo visitante tivese opcións de empate, polo que a vitoria foi xusta.Agolada – Baio (2-1)
- Campo: Hospitalillo.
- Baio: Pablo, Fachal, Yago (Álex, m.82), Norber, Eloy, Brais, Peke, Moreno (Martín, m.72), Rubio, Christian e Saleta.
- Goles: 0-1, m.29: Christian; 1-1, m.41; 2-1, m.56.
Derrota con baixas
Chegaba con moitas baixas o equipo de Óscar Suárez a Agolada, e non puido traer nada positivo. E iso que Christian adiantaba aos baieses tras unha boa primeira media hora. Pero un gol ao fío do descanso dos locais igualaba de novo o partido. Saíu máis enchufado o cadro local na segunda e pronto marcaba o segundo tanto. Intentouno o Baio pero non conseguíu crear grandes ocasións.Crónicas da 1ª Autonómica
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Crónicas da semana
Novas relacionadas
- Manolín anuncia á súa retirada do Fútbol da Costa.
- En marcha un novo curso de Monitor de Fútbol Base en Santa Comba.
- Óscar Leis analiza o estado de saúde da canteira do Dumbría CF.
- Guillermo Parga a Cambeiro: Só lle falta o Dépor.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Colaboran Luís Porto, SD Sofán, Óscar Basalo, Manu Roque, Fin Lema.