Luns. 06.12.2021
El tiempo

2ª Autonómica: Igualdade máxima

2ª Autonómica: Igualdade máxima
Corcubion-Zas- Foto-Jorge Parri Crónica da 2ª patrocinada pola Estación de Servizo Bazarra

Parou o Cabana ao líder e aproveitou para sumar o primeiro punto da temporada e amosar unha boa imaxe. O Sofán mantén o liderato tralo empate do Corme en Buño nun partidazo. Os cormeláns seguen a 3 puntos da SD, empatados co Volantes, que empataba ante o Carnota nun Miraflores demasiado caldeado; e coa Esteirana, que da man dun inspiradísimo Kike Paluca gañaba o derbi muradán ante o Montelouro no partido da xornada.
De contado, con 12 puntos, están Cee, Baio e Montelouro.

As malas novas chegan dende Dumbría, onde o equipo de Ferrío volvía caer por 1-8 e se asoman ao precipio. Sen sumar o filial dumbriés segue en grandes dificultades e se supón un futuro incerto.

Esteirana - Montelouro (4-2)

Esteirana-Montelouro-Foto- Edu Olveira
  • ESTEIRANA: Beni (Marcos, min.85), Justi, José Varela, Dani Rama, Maceiras, Álex, Pepe, Andel (Bruno, min.80), Pichu (Roi, min.88), Roberto (Simón, min.88), Kike.
  • MONTELOURO: Ismael, Bolo, Álvaro, García, Chema (Raúl, min.50), Fernando, Denis (Edu, min.60), Pepe (Isma, min.55), Mingos (Adrián, min.75), Geijo, Ancho.
  • Goles: 1-0, min.20: Kike; 2-0, min.40: Kike; 3-0, min.60: Kike; 4-0, min.70: Róber; 4-1, min.80: Raúl; 4-2, min.89: Isma.
  • Gran expectación, coma sempre, nos derbis muradáns, con 300 siarieiros no Xosé Luís Vara Oliveira. Un partido que chegaba no mellor momento dos dous equipos en anos, e que se prevía como intento e igualado. Pero pronto apareceu a figura de Kike Paluca para sentenciar o partido. 3 tantos do ex do Soneira puñan o choque con clara cor blaugrana e os louréans quedaron a mercé da pegada local.

    Os visitantes non merecían esa goleada tralo visto no terreo de xogo e cun bo arreón final acurtaron distancias.

    Esteirana-Montelouro-Foto- Edu Olveira

    Cabana - Sofán (0-0)

    • CABANA: Añón, Ismael, Eloy, Marcos, Mato, Fariña, Sandro, Ruben Rama, Adan, Fernando e Berti.
    • SOFÁN: Bugy, Cantudo, Marcos Pensado, Juanjo, Alberto Pensado, Michel, Ivan Rojo (Eloy Boedo, min. 65), Jacobo, Ivan Rey, Edy e Abel (Pikas, min.75).

    Parou o Cabana ao líder e conseguíu sumar o seu primeiro punto da tempada. Os locais conseguiron, ante unhas Redondas cunha boa entrada na xornada dabatina, un xusto empate, amosano unha cara moito máis amable que a das últimas xornadas. Pelexou moito o cadro local, que saíu moi forte aproveitanto o vento a favor. Fernando avisaba de falta e a defensa tiña que sacar o balón baixo paos. Berti e Rubén Rama taén avisaban á meta de Bugy, que estivo acertado toda a tarde.
    No ecuador da primeira a SD comezou a estirarse. Iván Rojo, Jacobo e Marcos Pensado, o mellor dos visitantes, fixeron intervir a Añón.

    Na segunda o partido rompeuse. Non había medio campo e as ocasións chegaban por ambos bandos cunha dose alta de velocidade e agresividade. Bugy tivo que responder maxistralmente a un disparo envenenado de Fariña, e saindo ós pes de Berti noutra accion perigosa. A Sd tentábao pero Añón mostrouse moi seguro en todas as accions a balón parado. Unha falta lanzada por Ruben Rama lambiu o pao, e Alberto Pensado viu como Añon lle sacaba un balon que levaba marchamo de gol. Nos intres finais, cunha Sd volcada e un Cabana buscando a contra, tivo Jacobo a mais clara para os visitantes, pero Añon rexeitou o seu disparo.

    Volantes - Carnota (2-2)

    Volantes-Carnota - Foto- Gonzalo Sestayo
    • VOLANTES: Rubén, Pardelo (Javi, min.46), Juan, Nimo, Mingos, Brais (Jaro, min.10), Varo (Bolero, min.75), Fran, Seluco, Adrián (Benja, min.65) e Ivi.
    • CARNOTA: Luis de la Peña, Tono, Pedro, Manolo, David, Loló (Boni, min.75), Rodrigo, Jacobo, Nakata, Bernardo (Martín, min.78), Pablo Beiro (Pumuki, min.55).
    • Goles: 0-1, min.20: Jacobo de cabeza; 1-1, min.70: Seluco de falta; 1-2, min.80: Bernardo; 2-2, min.91: Jaro de cabeza.

    Outro partidazo en Miraflores nun choque de rivalidade coa afección local moi volcada, ante algunha protesta dos visitantes pola presión, por momentos esaxerada, da bancada. Os locais dominaron o control do balón, pero o Carnota a piques estiveron de levar os puntos a pesar de contar coas baixas de Casti e Joselu, que deixan aos de Cambeiro mermados arriba, malia seguir sendo un bo equipo en materia defensiva.

    Jacobo Sande puña aos visitantes por diante, e o Volantes tivo que remar contra corriente. Tardou en empatar e o fixo por medio de Seluco cunha falta na que non estivo ben o veterano meta carnotán Luís De la Peña. O pequeno Bernardo volvía colocar á contra por diante aos carnotáns pero xa co tempo cumplido, Jaro asinaba o empate de cabeza.

    Volantes-Carnota - Foto- Gonzalo Sestayo

    San Lorenzo - Muros (2-2)

    • SAN LORENZO: Sergio, Canteiro, Adrián, David, Quillo, Anxo, Pichel, Fuentefría, Javi, Eloy, Carlos. Tamén: Peke, Torres, Bolón, Roby.
    • MUROS: Fabio, Manu, Javi, Teo, Pulpo, Lisardo, Gelo, Dani Corniños, Saúl, David, Sexo. Tamén: Paki, Gabri, Adrián.
    • Goles: 1-0, min.6: Javi; 1-1, min.60: Sexo; 1-2, min.80: Adrián; 2-2, min.90: Fuentefría.
    • Expulsións: os visitantes Fabio, Paki, David, Dani, e o míster Manolo Camello e o local Torres.

    Partido marcado pola actuación abritral que deixou ao Muros con 7 homes durante moitos minutos e aos locais con 10. 5 expulsións que condicionaron o partido pero que non evitaron que a loita se convertise en protagonista. Javi adiantaba aos locais nada máis comezar. Na segunda, o Muros conseguía unha inusual remontada por medio de Sexo e Adrián, pero no último minuto, co partido completamente roto, Fuentefría asinaba o empate final. As expulsións chegaban no último minuto.

    Cee - Mazaricos (1-0)

    • CEE: Parroto, Nico, Jorge (Fiuza, min.83), Piquero, Rafa, Fermín (Mario, min.89), Diego, Fer, Chiru (Poyo, min.60), Angeliño e Penedo (Llanero, min.82).
    • MAZARICOS: Pego, Matías (Molinos, min.73), Esteban (Cerban, min.79), Martín, Rodri, Ramón, Estefano, Ricardo, Kevin (Marcos, min.73), José Ángel e Cristian (Brais, min.46).
    • Goles: 1-0 min.10: Angeliño.

    Un solitario gol de Angeliño no comezo do partido foi suficiente para que os de Floreal e José Carlos sumasen unha nova vitoria. E apesar da incertidume do resultado o Mazaricos non inquedou demasiado a meta de Parroto.

    Empezou moi intenso en partido e en apenas cinco minutos ambos os equipos enviaron o balón ao traveseiro. Diego por parte local e José Ángel por parte visitante. O Cee, que tivo o dominio do balón en todo momento, adiantábase tras un balón que cede Jorge para Penedo, este ve a chegada de Angeliño que supera a Pego con facilidade. As ocasións seguían caendo ao lado local, Angeliño atópase cun balón e plántase diante do porteiro pero incomprensiblemente o seu tiro vaise desviado. Volvería ter outra clara antes o descanso os de Floreal, un centro de Fer é rematado por Penedo.

    Na continuación todo seguía igual e a punto estivo de ampliar a diferenza os ceenses cunha dobre ocasión para Chiru e Angeliño, este último volveu ser un pesadelo para a defensa visitante, demostrando o seu gran estado de forma neste comezo de tempada. A única chegada clara para os visitantes teríaa nas súas botas José Ángel no último minuto, o seu tiro é interceptado por Fiuza, para a tranquilidade da parroquia local.

    Corcubión - Zas (2-4)

    Corcubion-Zas- Gol do Zas - Foto-Jorge Parri
    • CORCUBIÓN: Cristian, José da Atalaya, Lema, Sebas, Marquitos (Senra, min.30), Edu, Pablo Lestón, Alán, Jonnie, Mario, Conguito.
    • ZAS: Miki, Amado, Victor Vecino, Oli, Mancebo, Lagoa, Peke, Rubio, Jaime (Martín), Pichín, Pastor.
    • Goles: 0-1, min.15: Jaime; 1-1, min.40: Jonnie; 1-2, min.50: Pichín; 2-2, min.70: Jonnie; 2-3, min.80: en propia meta de Jose de Atalaya; 2-4, min.85: Pichín.

    Nova derrota do Corcubión de Manolín e xa van 4 consecutivas. Os locais foron a remolque durante todo o partido pero tiveron ocasións para quedar cos 3 puntos pero en 10 fatídicos minutos finais deixaron espacalos. Os de Zas se metían por diante en dúas ocasións por medio de Jaime e Pichín, pero Jonnie anulaba a renda. Aí, tralo empate a 2, foi onde o Corcubión tivo o partido na súa man, pero unha desafortunada acción de Jose de Atalaya marcando en propia, e unha contra perfectamente rematada por Pichín, sentenciou o encontro.

    Corcubion-Zas-Gol de Jonnie - Foto- Jorge Parri

    Castriz - Outes (2-2)

    • CASTRIZ: Adrián, Iván, Martín, Pepe, Dani, Javito (Cilindro, min.70), Prego (Sergio Pose, min.75), David Pose, Sebas, Roberto, Pablo.
    • OUTES: Peipo, Damián (Saúl, min.70), Martín Caamaño, Chúa, Martín Lago, Arturo, Poke, Mario, Deivi (Fabio, min.46), Elías, Pesco (Sergi, min.65).
    • Goles: 0-1, min.20: Elías tras unha boa xogada combinada; 0-2, min.40: Martín Lago de cabeza a unha falta lateral; 1-2, min.60: Sebas; 2-2, min.70: Pablo.
    • Lesión: Deivi resentiuse dun problema nas costelas.

    Partido disputado en San Pedro entre un Castriz que leva un comezo de temporada máis frouxo do esperado, e non acaba de arrincar, i é que ten xogadores importantes lesionados. Os xalleiros intentaron levar a iniciativa do partido a favir de vento pero o Outes estivo mellor na primeira e sobre todo máis acertados. Elías e Martín Lago puñan por diante aos da Serra.

    Na segunda metade cambiou a actitude nos rossoneros, e durante moitos minutos dominaron o xogo e remontaron o partido por medio de Sebas e Pablo. Ao final puido pasar de todo e o partido puido caer de ambos lados. Elías e Sergi tiveron boas ocasións para os visitantes, e Roberto tivo a máis clara para os locais pero cando estaba só diante de Peipo mandou alto.

    Buño - Corme (1-1)

    Buño-Corme - Foto- Wash Calvo
    • BUÑO: Juan, Ángel, Rubén, Antelo, Diego, Jorge, Dourado (Bardanca, min.71), Emilio, Víctor, Elías (Juan Antelo, min.63), David Dourado.
    • CORME: Suso, Adolfo, Alejandro, Jesús, Pandi, Martín (Fran, min.76), Diego (Manu, min.65), Adri, Juan, Lucas, Brais.
    • Goles: 0-1, min.15: Juan de vaselina; 1-1, min.60: Víctor.

    Partidazo en Xaviña, con ocasións para os dous equipos e que puido caer para calquera lado. A primeira metade foi para os azulóns, que se meteron por diante por medio de Juan e estiveron a piques de ampliar a renda. Pero na segunda, os de Esmorís reaccionaron e foron polo empate. Víctor, como non, empatou, e non asinou o tanto da vitoria de non ser pola boa actuación de Suso.

    Dumbría B - Baio (1-8)

    Dumbria B-Baio- Foto- Santi Diaz MC foi o protagonista do choque con 6 tantos-Foto- Santi Diaz
    • DUMBRÍA B: Chupi, Adrián, Vicente (Fernando, min.46), Martín, Cabana, Riki, Pereira, Israel, Josiño, Rodrigo, Isma.
    • BAIO: Anxo, José Antonio, Mario (Rubio, min.50), Eloy, Pablo, Iago (Manuel), Norberto (Alberto), Fachal, Jorge (Eloy Malpica), MC, Martín.
    • Goles: 0-1, min.10: Martín: 0-2, min.15: MC; 0-3, min.20: MC; 0-4, min.25: MC; 0-5, min.35: MC; 0-6, min.55: MC; 0-7, min.70: MC; 0-8, min.80: Eloy Malpica; 1-8, min.80: Rodrigo.
    • Expulsións: os locais Isma e Riki con 5-0, na mesma xogada e por falar.

    Segue o Dumbría B con malas perspectivas e mesmo en perigo. Onte con 12 na convocatoria, os de Ferrío teñen que tirar de xuvenís e non acaban de atopar o seu lugar. Ademais, a can fraco todo son pulgas e na segunda metade tiveron que xogar con 9 polas expulsións de Isma e Riki por protestar, xa co 0-5 no marcador.

    MC sitúase como pichichi tras asinar nada menos que 6 goles.

    Máis información

    Crónicas da semana

    Artigos deportivos

    Fonte

comentarios