Preferente: Un empate e gracias

Apenas un punto dos 9 en xogo, e nin un só gol. Os 3 equipos costeiros non tiveron a mellor fin de semana. Só o Dumbría sumou un punto, e gracias, pois o partido se lle puña costa arriba con 10 en Taboada. Pola súa banda o XSC perdeu a súa imbatibilidade en Laracha tras deixar escapar un gran inicio de partido. Ademais, o Soneira, malia facer un bo partido, tamén caía ante un Grixoa que se pon por diante do XSC na clasificación.
Laracha - Xallas Sta. Comba (2.0)

- XSC: Diego, Chinda (Rubén, min.46), Guille, Martín, Pablo, Mon (Ismael, min.70), Jota (Noli, min.74), Doro, Pablo Baña, Darío (Oscarín, min.46), Javi Suarez.
- Goles: 1-0, min.30; 2-0, min.85: tras un córner.
- Expulsión: Martín no min.60.
Perdoou o Xallas de Santa Comba nos primeiros compases e acabouno pagando. I é que os primeiros 20 minutos foron de claro dominio xalleiro, pero nin Javi Suárez en dúas ocasións, nin Doro nin Darío estiveron acertados.
A partir do minuto 25,os locais empezaron a controlar e á media hora marcaron e acabaron a primeira mandaron e tocando moi ben o balón.
No segundo o segundo tempo saíu algo mellor o XSC, pero aos 15 minutos o penalti e a expulsión de Martín condicionou demasiado o partido. O penalti parouno Diego pero con un menos o equipo xalleiro baixou e non podía chegar con perigo. Pola contra o Laracha á contra facía dano e acabou sentenciando tras un córner.
Grixoa - Soneira (1-0)
- SONEIRA: Cheli, Pichi, Fran de Urroa (Maikel, min.62), Nico, Chicho, Mayor, Figueroa (Adrián Mackaay, min.62), Darío, Javito, Toni de Fisterra Óscar, min.49), Baba.
- Gol: 1-0, min.43.
Volve de baleiro o Soneira do difícil campo do Grixoa tras facer un bo partido. Os de Felipe xogaron unha boa primeira metade, que estivo moi igualada, sen dominador claro e sen ocasións. Apenas chegaron un par de ocasións á meta de Cheli e unha, ao fío do descanso, acabou en gol.
Na segunda encimaron bastante os soneiráns, e Adrián Mackaay mandou ao longueiro, e Cristian Figueroa tivo outra para empatar pero non estiveron acertados. Se cadra un empate tivera sido máis xusto, pero os de Vimianzo xa pensan no choque adiantado ao venres contra o Silva.
Taboada - Dumbría (0-0)
- DUMBRÍA: Juan Purrúa, Tantán, Pablo Conde, Aarón Fdez., David Carreira, Aarón López, Iago, Jesús (Iván Pequeño, min.55), Piri (Tati, min.5), Brais (Leo, min.65), Pablo Muíño (Cacho, min.75).
- Lesión: Piri cunha escordadura no nocello.
- Expulsión: Aarón Fdez. no min.50.
Empate que sabe ben en Dumbría pois foi un partido complicado no que xogaron 40 minutos con 10. A primeira metade dos dumbrieses foi bastante mala, que se viron condicionados por unha rigorosa arbitraxe que xa sacaba 3 tarxetas nas 3 primeiras faltas. Apenas houno ocasións na primeira parte, se ben tiveron unha clara os locais para poñerse por diante que salvou Purrúa.
Na segunda, e coa expulsión de Aarón Fdez. o Dumbría quedou pendente dos movementos dos locais, que facía dano arriba coa velocidade dos seus extremos. Á contra os dumbrieses tiveron un par de ocasións e tamén Iago centrou unha falta lateral que se paseou por diante da meta sen atopar rematador. Ao final, un punto que os de Canosa dan por bo visto o visto no campo.
Máis información
Crónicas da semana
Artigos deportivos
- Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Javito.
- O fútbol na Costa da Morte, un mar de paixón, con Héctor Pose: Manolo… Manolo Casal.
- Alberto Pose: Crise no fútbol da Costa?.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).