Venres. 29.03.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Corcubión segue líder

2ª Autonómica: O Corcubión segue líder
2ª semana e o Corcubión de Manolín non cede. Esta fin de semana Manolín estreábase na casa en partido de Liga e o equipo sufría pero superaba ao Outes, que sen facer un gran partido prantou cara ao cadro local. 4 equipos comparten posición cos corcubioneses. O Volantes segue sendo o equipo que estrea categoría que mellor se está comportando e superaba nun choque de recén ascendidos por 0-1 ao Cabana nas Redondas. O Cee queda 3ª e volveu amosar que quere volver á 1ª, e malia sufrir ante o Carnota quedou cos 3 puntos. Outro que está forte é o Sofán, que vencía nun duro derbi carballés ao San Lorenzo. Completa o quintento de arriba a Esteirana, que coas incorporacións deste curso volve sacar a súa artillería para vencer ao Zas. Quedan sen sumar Cabana, Outes e Dumbría B.

Dumbría B - Corme (0-4)

  • DUMBRÍA B: David, Jose Carreira (Fernando, min.85), Cabana, Martín, Jose (Jano, min.60), Isma, Riki, Rodrigo (Vicente, min.80), Josiño, Israel (Samuel, min.46) e Álex Siaba.
  • CORME: Susiño, Adolfo (Chino, min.84), Alejandro, Jesús, Pandi, Martinciño (Diego, min.60), Juan Chans, Adrián Doldán (Manu, min.75), Alejo, Lucas e Brais (Juanma, min.81)
  • Goles: 0-1, min.22: Alejo; 0-2, min.31: Juan Chans; 0-3, min.64: Alejo; 0-4, min.70: Alejo de vaselina.
Partidazo do Corme que foi moi superior ante este noviño Dumbría B, i é que o Corme, malia ter unha media de idade moi baixa, xa é un equipo con experiencia. Foi Alejo o protagonista do partido con 3 tantos e xa van 5 en dous partidos.

San Lorenzo - Sofán (0-1)

  • SAN LORENZO: Abraham, Quillo, Adrián, Dubra, David (Anxo, min.78), Javi Pensado (Casillero, min.66), Chucho, Cachizo, Jorge Pichel, Fuentefría e Eloy (Peque, min.46).
  • SOFÁN: Buguy, Lista, Marcos Pensado, Juanjo, Alberto Pensado, Eloy Boedo, Eloy (Jacobo, min.74), Iván Rey (Iván Rojo, min.59), Abel (Santi, min.67), Míchel e Edu (Diego, min.81)
  • Gol: 0-1, min.20: Abel.
  • Expulsión: Chucho do San Lorenzo e os sofanistas Santi, Pablo Mallón (entrenador) e Manuel Varela (delegado), todos no min.88.
Quente derbi carballés en Verdillo no novo campo das Pedreiras. Sofán e San Lorenzo, vellos coñecidos, enfrontábanse nun choque típico, duro, con moito balón alto e moita brega. Non houbo demasiadas ocasións e só Abel, nunha contra rápida puido superar a liña de gol. Os de Gueli tiveron varias boas ocasións para acadar o empate pero o meta Buguy e a defensa sofanista estiveron moi seguros. A nota negativa chegaba contra o final, cunha tangana entre ambos conxuntos que acababa con 4 expulsados.

Cee - Carnota (2-1)

  • CEE: Parroto, Rubén Fiuza, Nico, Berto (Dani Freire, min.50), Rafa, Fermín, Penedo (Chiru, min.70), Piquero (Jorgito, min.87), Fernandito, Angeliño e Miguel Poyo (Rubén Yayá, min.91)
  • CARNOTA: Luis de la Peña, Toni (Lolo, min.90), Gabi (Loló, min.44), Manolo Chouza, Pedro, Jacobo, Manuel Luis, Nakata, Casti, Rodrigo e Joselu.
  • Goles: 1-0, min.42: Fernandito; 1-1, min.50: Casti; 2-1, min.80: Angeliño.
Comeza a carburar este Cee que mira cara arriba e a súa volta á 1ª. Con algunha baixa arriba, os de José Carlos e Floreal sufriron máis do agardado ante un Carnota que vai plantar cara a todos nesta categoría. Os de Cambeiro, con reforzos como o meta Luís De la Peña, un clásico dos campos da Costa que volve a Lombáns, fixeron un gran partido e tiveron opcións mesmo de poñerse por diante na segunda metade. Fernandito adiantou aos locais antes do descanso tras unha primeira metade na que foron algo superiores. Sen embargo as mellores ocasións estiveron nas botas de Casti, o rapidísimo punta ceense do Carnota que ante os da súa vila se puxo ben as pilas. Foi el mesmo o que empataría á volta do descanso. O Cee metíase de novo e Miguel Poyo estivo a piques de poñer por diante aos locais de non ser polo oportunismo de Manolo Chouza que salvaba en liña de gol. Só contra o final, e tras un erro defensivo, Angeliño remataba unha xogada por banda de Fer para darlle os 3 puntos aos ceenses.

Corcubión - Outes (1-0)

  • CORCUBIÓN: Abelleira (Cristian, min.80), Jose Atalaya, Sebas, Lema, Marcos, Pablo Lestón (Balucho, min.85), Edu (Gabrile, min.75), Alán, David, Mario e Lourido.
  • OUTES: Gato, Martín (Borja, min.63), Saúl (Michi, min.75), Chúa, Lago, Arturo, Poke (Lass, min.41), Migui (Sebi, min.39), Elías, Pesco e Quin.
  • Goles: 1-0, min.1: Mario dun gran trallazo.
  • Lesións: Migui cunha torcedura e Poke arrastrando unhas molestias.
Segue líder este Corcubión de Manolín, ao que bastou un trallazo de Mario ao minuto e medio para solventar o choque. Fixo un bo partido, sen demasiados alardes o Corcubión, pero "loitando como espartanos" pódese chegar moi lonxe nesta liga e xa hai que o dá entre os favoritos, a pesar de manter unha defensa de circustancias nas que xogadores non habituais están desenvolvendo unhas actuacións fantánticas, como Sebas facendo dun central estilo Nico, ou un Lema que vale para todo e é todo un muro no eixe da defensa. O Corcubión controlou ben a primeira metade, e Lourido. Mario e Lema tiveron grandes ocasións e trenzaron ben arriba. Na segunda foi máis un cara a cara, cun Outes moi perigoso por arriba con balóns parados. Os de Manu Roque e Tomé estiveron algo nerviosos e protestaron máis do normal. O Outes segue notando a baixa de David no medio campo e Deivi arriba tras sendas e longas lesións, ademais de Potro, que aínda está sen ficha, con outra xente que pode ir axudando. Os últimos minutos costaron moito e os locais acabaron pedindo o final, a pesar de poder ter sentenciado con 3 fermosas ocasións de Mario.

Buño - Castriz (0-0)

  • BUÑO: Toni, Casais, Alfredo, David, Rubén, Mauri (Dani, min.60), Jorge, David Dourado (Richard, min.85), Gurita (Miguel, min.75), Emilio e Víctor.
  • CASTRIZ: Adrián, Martín, Luís, Alex, Pepe, Dani, Bruno, Pose, Prego, Sebas, Roberto. Tamén: Toño, Sergio, Anxo e Jonnie.
Partido soso, cantado para o 0-0 con poucas ocasións. Na primeira foi o Castriz o que tivo un par de ocasións, cunha de Sebas que parou Toni no man a man. Mauri, que xogaba contra os seus ex compañeiros, fixo un gran partido para os de Buño, que sen embargo non tiveron claras ocasións. Algo máis enchufados saíron os malpicáns na segunda e conseguiron sacudirse a presión visitante pechando no seu campo aos rossoneros, pero sen ter ocasións para darlle a volta ao marcador.

Muros - Montelouro (1-0)

  • MUROS: Fabio, Javi de Vístete, Gael, Teo, Mayuyo, Lisardo (Pulpo, min.74), Gelo (Gabri, min.80), Saúl, Yanky (Juan Murciano, min.14), Kikinho e Sexo.
  • MONTELOURO: Isma, Mingos, Pedro de García, Canedo, Pablo (Raúl, min.46), Fernando, Chema, Pesco, Geiko (Dani de Sahorta, min.61), Isma II (Álvaro, min.46) e Ancho.
  • Gol: 1-0, min.90: Pedro de García, en propia meta.
  • Lesión: Yanki con problemas musculares.
Primeiro derbi muradán (serán moitos este ano na Liga da Costa) que se saldou cun choque moi duro solventado no minuto 90 e cun gol en propia dos loureáns que deixa aos dous equipos empatados na metade da táboa. O Muros apretou máis, pero o Montelouro tivo os seus minutos de dominio e con algunha ocasión que puido decantar o choque para o seu lado. Foi finalmente un gol de Pedro García en propia ao intentar despexar o que decantou o choque para os locais.

Baio - Mazaricos (3-1)

  • BAIO: Manu, Jose Antonio (Manuel, min.85), Chema, Mario, Jose, Yago, Norber, Rubio (Eloy, min.50), Martín (Fachal, min.75), MC e Christian.
  • MAZARICOS: Juan, Sandelo, Rodri, Matías (Chico, min.77), Casáis (Tubi, min.61), Ramón, Carro, Brais, Marcos (Aldo, min.46), Estéfano e Oreiro (Cristian, min.46)
  • Goles: 1-0, min.30: MC de penalti; 2-0, min.50: MC; 3-0, min.70: MC; 3-1, min.85: Aldo.
Gran partido deste novo Baio, que non sufriu as consecuencias das festa da vila, e que trala estampida deste curso queda cun equipo moi novo, con todo xente da casa (menos Eloy) pero que dará que falar. Foi MC o protagonista do choque. O punta baiés demostrou que segue a ser o mellor e asinou 3 golazos no Platas Reinoso. Se ben ao comezo o choque estivo igualado, o partido estivo ben controlado en todo momento polos locais e só contra o final o Mazaricos estirouse.

Esteirana - Zas (2-1)

  • ESTEIRANA: Benito, Pablo Serrano, Simón, Dani Rama, Adelino (Bruno,min.70), Pichu, Pepiño, Alex, Roberto Pladur (David, min.80), Kike Paluca e Andel (Maxi, min.55).
  • ZAS: Elías, César, Mancebo, Oli, Víctor, Diego (Francés, min.70), Peque, Lagoa, Pablo, Pichín e Martín (Josito, min.80).
  • Goles: 0-1, min.50: Pablo; 1-1, min.60: Kike Paluca de penalti; 2-1, min.70: Alex tras unha xornada combinada.
  • Expulsión: o zaense Mancebo.
Empeza ben a Esteirana a tempada. Tralo partidón da semana pasada no Cairo, os de Marcelo sumaron de novo, malia que non xogaron como o outro dia, pelexaron pero tiveron boas ocasións, pero foi o Zas o que se puxo por diante. Un Zas que mellorou do ano pasado pero que en fronte tiña unha artillería pesada importante, coas fichaxes de Kike Paluca, que trala súa saída do Soneira quere quedar na casa, ou Pablo Serrano, que aporta veteranía ao equipo. Pouco a pouco a Esteirana foi tomando o mando e tiveron 4 ou 5 claras para sentenciar. O propio Kike e Alex deron a volta ao marcador no ecuador da segunda.

Cabana - Volantes (0-1)

  • CABANA: Añón, Edgar, Marcos, Fariña, Mato (Diego, min.46), Sandro, Eloy, Adrián, Rubén, Fernando e Adán (Manolo do Cruceiro, min.46).
  • VOLANTES: Iago, Fran, Juan, David, Javi, Ramón, Nimo, Varo, Brais, Miguel (Paki, min.46) e Pardelo.
  • Gol: 1-0, min.75: Juan tras un córner.
Estalle costando ao Cabana materializar as ocasións creadas e o Volantes levou 3 puntos das Redondas ben valiosos. Co 0-0 o Cabana volveu marrar un penalti por medio de Rubén Rama tras una primeira metade igualada con moita brega. Na segunda comezou cun Volantes forte, con varias ocasións, pero os locais foron collendo o mando do partido e tiveron boas ocasións para romper a igualada por medio de Fernando e Manolo do Cruceiro, así como un tiro ao longueiro de Duego e un tiro de Adán ao pao. Pero foi o Juan quen, tras un córner, puxo o definitivo 0-1 no treito final do partido.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios