2ª Autonómica: Sofán e Corme amosan os dentes
Golpes na mesa de Sofán e Corme nesta 4ª xornada, marcada, como non, polo temporal Nadina. Os carballeses quedan líderes en solitario tralo empate da Esterana no derbi muradán, e o fan tras superar ao Corcubión nun complicado choque no Cubaleiro. Pola súa banda o Corme non o tiña máis fácil, pois o Cee facía todo para acadar un mellor resultado pero os cormeláns marcha cos 3 puntos e xa se meten 3º. Empatados con 9 puntos, iso si, coas dúas sorpresas deste comezo de temporada, os Volantes e Montelouro que acabadan novas vitorias ante Castriz e Baio.
Por abaixo preocupan Dumbría B e Cabana, que esta fin de semana volvían caer ante Mazaricos e Outes, a priori, rivas directos na zona baixa, e aínda non estrearon a casilla dos puntos.
Cee - Corme (0-1)
- CEE: Parroto, Fiuza (Carlos, min.70), Jorge, Piquero, Rafa, Mario (Víctor, min.58), Nico, Diego, Penedo, Fer, Chiru.
- CORME: Suso, Adolfo, Lentejo, Jesús, Pandi, Martin, Juan Chans (Pablo, min.89), Adri (Manuel, min.85), Alejo (Diego, min.40), Lucas (Chino, min.90), Brais.
- Gol: 0-1 min.30: Alejo de penalti.
- Expulsion: Penedo (min.40) con dúas tarxetas por protestar.
- Lesión: Alejo na celebración do seu gol.
Partido entre dous dos aspirantes ao título na Liga da Costa nun san Pedro de Refoxos que rexistraba unha boa entrada a pesar do mal tempo. O Cee comezaba dominando o xogo e creando algunha ocasión como a de Penedo nos primeiros minutos cando era derribado dentro da área e os locais pedían penalti. O propio Penedo avisaba de cabea pero Suso atallaba ben o balón.
Respondería o Corme cunha gran xogada de Adri que se marcha de varios xogadores pero Parroto evita o gol. Fer avisaba de novo para os locais, pero era Alejo quen transformaba un claro penalti por agarrón de Rafa, poñendo por diante aos cormeláns. Un Alejo que, curiosamente se lesionana na celebración e tivo que saír substituído momentos despois.
O Cee reaccionaba ben e Fer a piques estivo de materializar un bo pase de Diego, pero Suso volve demostrar o seu bo estado de forma. O partido quedaría marcado pola expulsión de Penedo, algo rigorosa, por doble cartón, os dous por protestar, antes do descanso..
Quedan 45 minutos e o Cee, malia estar con 10, volvouse buscando a meta cormelá. Víctor, Diego e Fer eran os que máis perigo creaban. A ocasión máis clara sería un pase en longo ás costas da defensa pero Nico non acerta a controlar. O Corme puido sentenciar o partido con dúas claras chegadas, Brais serve un pase para Juan pero se atopa cun gran Parroto e un centro de Lucas que Manuel remata desviado.
Corcubión - Sofán (2-3)
- CORCUBIÓN: Abelleira, Conguito, Balucho (Edu, min.55), Sebas, Gabi, Lema, Pablo Lestón, Alán (Senra, min.70), David, Jonnie (Marcos, min.65), Mario.
- SOFÁN: Buguy, Diego, Lista (Cantudo, min.82), Juanjo, Pensado, Míchel, Iván Rey (Marcos, min.85), Eloy Boedo, Edu (Iván Rojo, min.65), Eloy Cabeza (Jacobo, min.75), Abel.
- Goles: 0-1, min.20: Abel de vaselina dende a esquina da área; 1-1, min.30: Mario; 1-2, min.60: Abel tras un rexeite; 1-3, min.75: Abel nunha contra; 2-3, min.85: Lema, de penalti.
Reaccionaba o Corcubión e o propio Mario sacudíase un zarpazo ante a saída de Buguy e asinaba o empate á media hora de xogo. O partido igualábase, e o Corcubión tomaba algo o mando. Eran minutos de toma e daca, e sobre todo, moita brega, con dous equipos que deixan todo no campo.
A segunda comezaba con unha ocasión para cada equipo, por medio de Abel, como non, para os sofanistas, e David para os corcubioneses. Corría a hora de xogo cando Abel aproveita un despexe de Abe a tiro de Edu e asina o 1-2. Mario a piques estaba de empatar pero nunha contra o punta sofanista pon unha brecha no marcador. Lema recurtaba de penalti pero sen tempo para acadar o que sería un xusto empate.
San Lorenzo - Zas (3-0)
- SAN LORENZO: Puyol, Adrián Varela, Dubra (Eloy, min.20), Casillero (Canteiro, min.5) Quillo, Cachizo, Javi Pensado, Fuentefría, Carlitos, Jorge Pichel.
- ZAS: Elías, Óliver, Víctor Vecino, Quintáns, Pereiro (Mancebo, min.30), Peque (Kevin, min.78), Diego, Lagoa, Rubio, Pablo (Pastor, min.70), Pichín.
- Goles: 1-0, min.60: Cachizo; 2-0, min.70: Javi Pensado; 3-0, min.80: Javi Pensado.
Importante primeira vitoria do San Lorenzo esta temporada. Os de Gueli, moi potentes, aguantaron a primeira parte xogando contra o vento, sempre ben armados e sen permitir demasiadas ocasións para os zaenses. E iso que Dubra e Casillero, os centrais de Verdillo, lesionábanse moi cedo menguando o poder por alto do cadro carballñes. E tendo en conta que o balón estaba máis no aire que sobre o terreo de xogo as cousas se complicaban. O Zas intentábao sobre todo a balón parado pero o gol non chegaba.
Tralo paso polos vestiarios, o San Lorenzo, a favor de vento, tomou o mando. 3 goles, 1 de Cachizo e 2 de Javi Pensado á contra, e un par de boas ocasións de Jorge Pichel e do propio Pensado, foron determinantes para a vitoria local nun partido moi marcado polo campo, ao que o Zas non soubo amoldarse.
Buño - Carnota (1-0)
- BUÑO: Brais, Diego, Ángel, Secundino, Rubén, Jorge Calvete, Emilio (Mauri, min.55), Dourado (Miguel, min.66), Elías (Gurita, min.70), Dani, Víctor.
- CARNOTA: Luis de la Peña, Tono da Caixa, Manolo Chouza, Pedro Pichín, David de Brea, Nakata, Lolo, Jacobo, Rodri (Urko, min.75), Fernando, Pablo Beiro, Bernardo (Martín, min.80)
- Gol: 1-0, min.70: Miguel Dourado de córner directo.
Dúas vitorias do Buño para dar tranquilidade ao equipo, mentres que a UD non puido manter a boa racha de resultados e xogo. Foi clave o temporal, que convertiu o partido nun choque sen calidade, e entre o vendabal e as interrupcións só a brega foi a protagonista. O Buño dominou algo máis, e tivo un par de boas ocasións por medio de Elías un un centro de Víctor que non atopou rematador.
Era un partido decantado para o 0-0, pero a falta de 20 minutos chegou o gol de córner directo de David Dourado, con algo de sorte polo vento. Non sen antes avisar o Buño tras unha boa combinación que a sacou un defensa na liña do gol que deu corner no que chegou o gol.
O Carnota reaccionou e buscou o empate, pero non foi quen de chegar a crear perigo a Brais.
Volantes - Castriz (3-1)
- VOLANTES: Iago, Fran do Español, Pardelo (Javi, min.55), Mingos, Nimo, Adrián, Varito, Jaro (Ivi, min.70), Seluco, Brais (José María, min.80), Benja (Juan do Sivil, min.46).
- CASTRIZ: Adrián, Martín, Pepe, Alejandro, Luis, Bruno, Prego, David Pose, Dani, Sebas, Roberto.
- Goles: 1-0, min.20: Seluco de falta directa; 2-0, min.60: Seluco dende o medio campo; 2-1, min.65: Dani; 3-1, min.70: Adrián.
Gran ambiente, coma sempre, en Miraflores para ver ao Volantes. E os Seluco e compañía colleitaban unha nova vitoria que demostra un bo comezo do cadro muradán. O que non dá arricando é o Castriz, que volve á irregularidade do curso pasado.
Foi un partido nivelado, cun pouco mellor o cadro laranxa, pero se cadra cun resultado demasiado logo, onde Seluco foi clave. Unha falta e un chut dende o medio campo meteron por diante aos muradáns. Dani recurtou mediada a segunda metade para os xalleiros, pero de contado Adrián puña o 3-1 nunha contra para sentenciar o partido.
Esteirana - Muros (1-1)
- ESTEIRANA: Benito, Maceiras, Pablo Serrano, Dani Rama, Suizo, Andel (Bruno, min.90), Pepiño, Álex, Simón, Adelino, Cajulo (Eloy, min.25)
- MUROS: Trozo, Manu Dosil, Teo, Gael, Lisardo, Mayuyo (Juanito Murciano, min.60), David (Javi de Vístete, min.74) Gelo (Dani Corniños, min.70), Sexo, Saúl (Pulpo, min.80), Yanki.
- Goles: 0-1, min.50: Yanki; 1-1, min.85: Adelino, de penalti.
- Expulsións: os locais Pablo Serrano (min.70) e Dani Rama (min.85).
Táboas nun novo derbi muradán, e parece que será o resultado fetiche destes igualados derbis. Foi un bonito partido, no que a Esteirana se presentaba como favorita, despois de varios anos de superioridade celeste, tralo seu impresionante comezo de tempada. Ao final un xusto empate no que a fortaleza e a tensión vivida no Xosé Luís Vara Oliveira foron as protagonistas.
Así e todo o Muros de Manu Camello saíu máis metido no partido, mellorando a imaxe de anteirores envites. Os de Marcelo tamén apretaban pero Cajulo tiña que ser substituido demasiado cedo. Yanki e Mayu tiveron boas ocasións a balón parado para o Muros, e Yanki os puxo por diante. Puideron sentenciar os celestes, sobre todo tralas expulsións de Pablo Serrano e Dani Rama, pero foi unha pena máxima por mans dentro da área visitante, o que permite que os azulgranas se manteñan moi arriba na táboa.
Baio - Montelouro (1-2)
- BAIO: Anxo, José Antonio (Fachal, min.77), Pablo (Jose, min.66), Mario, Fredi, Iago, Norberto, Jorge, MC, Eloy (Rubio, min.50), Martín.
- MONTELOURO: Ismael, Pablo, Mingos, Álvaro, Pedro de García, Fernando, Isma (Geiko, min.70), Denis, Ancho, Pesco, Raúl (Pepiño, min.65).
- Goles: 0-1, min.60: Álvaro; 0-2, min.70: Pesco; 1-2, min.80: MC.
Segue completando outro sorprendente inicio de campaña o Montelouro e o rubricou cunha vitoria no Pratas Reinoso ante un Baio moi mermado. Os baieses, que levaron o peso do partido, pagaron a falta de eficacia na parte de arriba. Os MC, Martín e Eloy non aproveitaron as ocasións, e permitiron que Álvaro e Pesco asinases, no ecuador da segunda, dous tantos que puñan costa arriba o partido para os locais. Necesitou varias ocasións MC, pero acabou marcando, gol insuficiente para remontar o partido.
Cabana - Outes (1-3)
- CABANA: Añón, Ismael, Marcos, Mato, Eloy, Sandro, Adao, Rubén Rama, Diego (Adrián Rama, min.65), Fernando, Bertín.
- OUTES: Gato, Martín, Saúl, Borja (Poke, min.46), Damián (Fabio, min.80), Arturo, Martín Caamaño, Mario, Iago Dosil, Deivi (Fernando, min.68), Pesco (Elías, min.60).
- Goles: 0-1, min.15: Deivi; 1-1, min.25: Rubén Rama; 1-2, min.65: Elías; 1-3, min.90: Iago Dosil.
Choque de debutantes que sumaban preocupantes 0 puntos antes do comezo do partido. E queda tocado o Cabana trala vitoria dun Outes que disfrutaba, fomo nunca da nova fichaxe. Iago Dosil, home da Preferente, estreaba o seu taboleiro de goleador para poñer a guinda, xa co tempo cumplido, a un partido que estivo moi igualado.
Deivi adiantaba aos visitantes pero pronto Rubén Rama, o mellor dos locais, empataba. Na segunda Elías metía de novo aos Manu Roque e Tomé por diante, e era o propio Rubén Rama o que marcaba un empate que o colexiado anulaba por suposto fóra de xogo a pesar das protestas. Iago Dosil puxa a sentencia á contra.
Dumbría B - Mazaricos (1-3)
- DUMBRÍA B: David, Jose, Jose Carreira, Tati, Cabana (Jesús, min.46), Pereira (Samuel, min.70), Toja, Riki, Brais, Isma Pedrosa (Vicente, min.80), Roi (Josiño, min.46).
- MAZARICOS: Juan, Casáis, Esteban Pereiro, Martín, Rodri, Ramón, Ricardo (Oreiro, min.80), Cristian, Estéfano (Marcos, min.80), Brais (José Ángel, min.65), Molinos (Aldo, min.65).
- Goles: 0-1, min.30: Estéfano; 0-2, min.70: José Ángel; 1-2, min.75: Jesús; 1-3, min.85: Aldo.
- Expulsión: o dumbriés Riki a 10 do final.
Segue sen sumar o filial dumbriés e iso que puido dispoñer de varios dos xogadores que participan co 1º equipo. Pero os de Ferrío non puideron co vento e ca choiva, á que se adaptou mellor o cadro amarelo. os Estéfano, Brais e o novo xogador Molinos facían dano á contra, mentres os locais mantiñan un control inerte do partido. Jesús conseguía recurtar distancias tralos goles de Estéfano á media hora, e de José Ángel, a falta de 20 minutos. Pero cando parecía que o Dumbría se volcaba polo empate, Aldo finiquitaba o choque co 1-3.
Máis información
Crónicas da semana
- Preferente: O Dumbría tamén se mete arriba.
- 1ª Autonómica: Só o Camariñas suma unha vitoria.
- Resultados e crónica da xornada pasada polo temporal no #futboldacosta.
Artigos deportivos
- O fútbol na Costa da Morte, un mar de paixón, con Héctor Pose: Manolo… Manolo Casal.
- Alberto Pose: Crise no fútbol da Costa?.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colabora o Unión Club Cee.