Martes. 05.11.2024
El tiempo

2 anos de sanción por dirixir dende o banco estando sancionado

2 anos de sanción por dirixir dende o banco estando sancionado
Javi Baña, adestrador do Camariñas-Foto-JP Javi Baña, adestrador do Camariñas-Foto-JP

Chega completo o parte de sancións para as ligas das Costa. O máis gordo, unha sanción ao adestrador do Camariñas, Javi Baña, de 2 anos por “quebrantamento de sanción”, é dicir, por manterse no banquiño dando ordes estando sancionado.

Parece algo esaxerada, e o propio Javi Baña considera a sanción “unha animalada” e acusa ao colexiado de “mentir”. “2 anos dw sanción? Mimadriña, creo que hai presos que cumplen menos condena”, comenta o adestrador camariñán. “Eu estaba no campo, pero non no banquillo. É verdade que lle protestei, algunha vez por dentro da valla polos nervios do partido, pero durante o partido non se dirixiu a min para nada e no momento que me acheguei ao banquiño porque pensamos que un xogador noso estaba lesionado, el diríxese a min e sen mediar palabra sácame vermella directa. Estaba esperando pero nin me pediu que me identificase nin nada”.

En todo caso, o club xa presentou recurso e mesmo pediron avogado para estudar o caso, por considerala sanción excesiva e mesmo que o colexiado faltou á verdade.

Sancións para os adestradores

En todo caso, foi unha fin de semana complicada para os nosos adestradores. Ademais dun par de tarxetas amarelas para o cabanés Míchel e o carnotán Amador, por Ponteceso Barca foi expulsado e leva 5 partidos “por agredir a otro, sin causar lesión, estando el juego detenido”.

Tamén Muros 5 partidos leva o míster do Volantes, Santi “por dirigirse a los árbitros en términos o con actitudes de menosprecio o de desconsideración,tras haber sido expulsado”, e 1 partido o seu delegado Juan Aurelio.

 

Máis información

Fonte

Comentarios