Xoves. 02.04.2020
El tiempo

2ª Galicia: Corme e Muxía acurtan distancias

2ª Galicia: Corme e Muxía acurtan distancias
Aproveitando a suspensión debido a un terreno de xogo totalmente anegado de auga do Baíñas - Mazaricos, o Corme e o Muxía acércanse ó Mazaricos despois das súas vitorias. O Volantes, que incorporou tres xogadores esta semana, tamén venceu no derbi de Louro e colócase quinto. O Lira dou unha nova sorpresa e arrebatou puntos no Pinguel. O Cee saca a cabeza cunha boa vitoria ante o Malpica, e Buño e San Lorenzo igualaron na zona media. O Zas métese en problemas e o Muros respira algo tras vencer claramente ó Cerqueda. C.D. MUROS 3 - U.D. CERQUEDA 0 CD MUROS: Xandre, Berni, Juachy, Pelos, Eloy, Dani, Alvarito, Suso Pata, Xavi, Gabo e Pedro. Tamén xogaron Gael, Gabriel, Xaco, Xandre e Bruno. UD CERQUEDA: Diego, Dani, Marcos Pensado, Atu, Javi Souto, Michel, David Dourado, Molinos, Lorenzo, Dieguito e Martín Castro. Tamén xogaron Manu Guillamet, Bastón, Jonathan e Xulián. GOLES: 1-0 45´Xavi   2-0 47´Dani  3-0 70´Juachy de penalti Gran vitoria do Muros no Eleuterio Balayo ante un Cerqueda que dimitiu do partido no segundo tempo, no que recibiu o mazazo do segundo tanto moi pronto despois de que Xavi tivese adiantado ós locais antes do descanso. Un gol de penalti anotado por Juachy sentenciou a contienda. PUENTECESO S.D. 2 - LIRA C.F. 2 PUENTECESO SD: Brais Vázquez, Ismail, Dani Cotelo, Matías, Eloy Trigo, Nando, Luca, Adrián Pose, Aday, Mendieta e Charro. Tamén xogaron Martín Puente, Recarey e Eloy Alvarez. LIRA CF: Baitir, Oscarín, Cristian Danis, Borja, Marcos Porto, Manu, Badara, Oliver, Cristian Caamaño, Raúl e Toni. Tamén xogou Sieira. GOLES: 0-1 16´Cristian Caamaño   1-1 50´Charro   1-2 60´Cristian Caamaño   2-2 82´Matías Igualaron Lira e Puenteceso nunha tarde pasada por auga. Despois dun disparo ó pao, nun córner adiantouse o equipo visitante por medio de Cristian. Dani Cotelo puido empatar pero o gardameta visitante estivo moi axil. Brais Vázquez tamén tivo que intervir nun disparo lonxano. Igualou o Puenteceso na reanudación, acosou buscando a vitoria pero o porteiro Baitir fixo un gran partido. Marcou Cristian de novo e Matías nun remate ó segundo pao igualou contra o final. CORME C.F. 5 - S.D. AMEIXENDA 0 CORME CF: Illote, Pandi, Angel, Alejandro, Brais Pombo, Sueiro, Eloy, Manu Bermúdez, Doldán, Alejo e Lucas. Tamén xogaron Susiño, Brais Torrado, Javi Bermúdez e Fabián. SD AMEIXENDA: Bicho, Adán, Javichu, Samu, Bichiño, Cristian, Yago, Tomás, Castreje, Po e Susiño. Tamén xogou Bruno. GOLES: 1-0 43´Alejo   2-0 48´Sueiro   3-0 63´Alejo de pti   4-0 81´Javi Bermúdez   5-0 85´Alejo Non era o mellor sitio para que o Ameixenda aparecera sen porteiro. Aínda así os visitantes defendéronse ben durante 43 minutos, ata que Alejo cazou a súa típica xogada. Co 2-0, de Sueiro, tivo Adán unha boa ocasión para os visitantes, Co terceiro gol o encontro quedou sentenciado, e o Ameixenda levou unha goleada a pesar de que Bicho fixo varias paradas de mérito. MUXÍA C.F. 5 - SPORTING ZAS 0 MUXÍA CF: Hugo, Gerardo, Michael, Brais Mouzo, Tomás, Pereira, Julián, Adrián Alcaina, Mario, Mauro e Manu Nogueira. Tamén xogaron Gora, Isma Pose, Toja e Víctor Alcaina. SP. ZAS: Miki, Estefan, Carra, Manu Fuentes, Juan, Fabián, Miguel, Amado, Brais, Rubio e Josito. Tamén xogaron Santi Casas, Dani Mato, Lody e Rubén. GOLES: 1-0 27´Manu Nogueira   2-0 32´Tomás   3-0 62´Gora   4-0 75´Víctor Alcaina   5-0 78´Toja Superioridade total do Muxía en Arliña ante un indolente Sp. Zas que en ningún momento puido facer fronte ós locais. Adiantáronse os de Adrián Lema con gol de Manu Nogueira e pouco despois Tomás facía o segundo. No segundo tempo Gora, Víctor de penalti e Toja aumentaron a conta que aínda puido ser máis amplia. U.C. CEE 2 - S.C.D. MALPICA 0 UC CEE: Parroto, Martín, Pablo, Aitor, Jaiolo, Carlos Leis, Brais, Patera, Chema, Luis Lojo e Jon. Tamén xogaron Fran, Leo e Jose. SCD MALPICA: Eusebio, Mante, Belar, Dimitri, Jorge, Migueliño, Martín, Rober, Brais Lado, Dani Casal e Aitor. Tamén xogaron Andy, Alberto, Marcos e Loureiro. GOLES: 1-0 5´Patera   2-0 85´Leo Foron expulsados Andy, Martín, Jorge e Migueliño por parte do Malpica. O Cee conseguíu unha gran vitoria ante un Malpica que ademais da derrota trae dous lesionados, Belar e Dani Casal. O Cee adiantouse pronto no marcador e soubo aguantar esa vantaxe ata o descanso. Os infortunios das lesións descentraron un pouco ós malpicáns, que o intentaron no segundo tempo pero o gol de Leo contra o final, reclamado como falta polos visitantes e que acabou con ata 4 xogadores malpicáns nos vestiarios, sentenciou o partido. BUÑO S.D. 2 - S.D. SAN LORENZO 2 BUÑO SD: Brais, Posiño, Simón, Manuel, David Alvarez, Eloy, Miguel, Fran, Borja Gándara, Zinho e Juan Antelo. Tamén xogaron Petis e Alberto. SAN LORENZO: Benja, Fidalgo, Pablo Díaz, Luciano, Kuki, Jose Pazos, Fuentefría, David Lorenzo, Pablo Calvete, Brais Cancela e Diego Varela. Tamén xogaron Iván, Alex e Yago Varela. GOLES; 0-1 10´Diego Varela   1-1 47´Miguel   1-2 60´Eloy en pp   2-2 69´Zinho Igualada no encontro de rivalidade por cercanía entre Buño e San Lorenzo. O Buño segue na boa liña dende a chegada de Tito Pedreira e remontou por dúas veces ante un San Lorenzo con moita xuventude nas súas filas. Adiantou o dianteiro Diego Varela ós visitantes, igualando Miguel Dourado a pouco de iniciarse o segundo tempo. O infortunio pesou sobre Eloy, pois o defensa local anotou en propia porta, pero pouco despois o sempre incisivo dianteiro do Buño Zinho anotou o empate dun partido moi entretido e disputado. U.D. MONTE LOURO 0 - VOLANTES DE BAÑO F.C. 2 UD MONTE LOURO: Iago, Abel, Pablo, Bolo, Dani Corniños, Yeray, David, Gelo, Gieko, Ivi e Sambade. Tamén xogaron Pedro, Rama, Miguel e Minos VOLANTES DE BAÑO F.C.: Javira, Juan do Sivil, Mou, Rachón, Jano, Iván Candamo, Godo, Santi, Cajulo, Pesco e Berto. Tamén xogaron Rapante, Yeray, Riki e Dani GOLES: 0-1 35´Berto   0-2 90´Jano Tremendo derbi en Louro, no que o conxunto local acusou as baixas, e pola contra os visitantes rendabilizaron as últimas fichaxes, Berto e Jano, que anotaron un tanto cada un. Ambientazo en Agra da Filgueira para ver o esperado partido. O ex do Noia Berto anotou o primeiro gol á media hora, chegándose con ese marcador ó descanso. O Louro, arroupado polo seu público, buscou a igualada, marrou varias ocasións, pero no último minuto o defensa Jano, que tamén debutaba procedente do Lira, fixo o segundo firmando tamén un debut sobresaínte para os de Sil, que coas novas incorporacións e a que falta de Alex Pri se convirten nuns dos galos da categoría.  

comentarios