Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Resumo da 2ª Galicia: Manda o Mazaricos

Resumo da 2ª Galicia: Manda o Mazaricos
Está moi bonita a Liga da Costa, con dura pugna en tódalas frontes. Co Mazaricos líder, e varios equipos á caza, a loita polo título antóllase apaixoante. E pola parte baixa, máis do mesmo. Ata 8 equipos se debaten en 5 puntos, e tendo en conta que hai 2 descensos directos e os que veñan dos arrastres da 1ª Galicia, ninguén se pode descuidar. MAZARICOS: Vaia 1ª volta se está a mandar o Mazaricos. Líder destacado con 4 puntos de vantaxe sobre a Esteirana, a pesar de que todos consideraban ós amarelos como un dos equipos fortes da liga, están a rendir por enriba do esperado. A pesar das baixas que tivo con respecto ó ano pasado, Miguel na portería, Matías na defensa e Chenel no ataque, a presencia de Roberto Amoedo no centro da zaga da un empaque tremendo ó equipo. O gardameta Toni está a vivir unha segunda xuventude, e os de sempre, Ricardo, Estéfano, Pereiro, Molinos e cia están a dar un nivel altísimo. O Mazaricos é un equipo moi competitivo, que non se rende, loitador, compacto e difícil de gañar. Só o Corme foi quen de tumbalos. De momento, un líder sólido. Mazaricos lider da Liga da Costa ESTEIRANA: Parece que volven os bos tempos a Esteiro. Terra de talento en estado puro, o traballo de canteira da Esteirana sempre da froito, tarde ou cedo. E agora mesmo este equipo recorda ó que foi campión non fai tantos anos. A volta de Dani Rama da solidez á zaga. Rober Pladur en ataque é un pesadelo para as zagas rivais, e os irmáns Rama no medio poñen calidade a raudales. Josiño Alves, Manu Tobío e o lateral Codesido son outras das pezas importantes, dun equipo que apenas puido contar cun dos seus mellores homes, Josiño Barreiro. De momento, 2º e cunha soa derrota no que vai de liga, máximo goleador do campionato con 31 tantos e aspirante a todo. BAÍÑAS: Encaramouse o Baíñas á 3ª plaza cunha xeira de 5 vitorias seguidas mediada a 1ª volta, e un total de 7 vitorias nos últimos 9 encontros. A pesar de empezar sumando 1 só punto nas tres primeiras xornadas, a calidade do plantel estase a impoñer. A marcha do seu técnico no inicio de liga, Paco, non foi un freno ó equipo, que está a funcionar cada vez mellor, baseado nun ataque demoledor comandado polo pichichi da categoría, Pablo Muíño, e o ex do Soneira Javi Souto. Cando pode estar, Jesús é básico no centro do campo, e coa incorporación de Mayor, tamén do Soneira, forman un plantel que cremos que dará moito que falar na segunda volta do campionato. MONTE LOURO: Sen dúbida algunha a revelación da liga. Leva 9 xornadas sen perder, foi quen de gañar en Cee, Outes, Zas e Malpica, e está con uns merecidos 24 puntos impensables a inicio de tempada. O plantel dos de Louro está marcado pola xuventude e calidade dos seus rapaces. Juan de Celia é o home que máis destaca, decisivo cando está cerca da area e nos golpes francos. A incorporación de Dani Corniños mediada a tempada foi moi importante polo que aporta no centro do campo, no que Adrián é un dos puntais poñendo traballo e sacrificio. Alex Siaba é outro dos talentosos homes de Oscar Leis, que todavía teñen marxen de mellora. PUENTECESO: O proxecto de canteira do Puenteceso vai dando froito, e cada vez son máis os rapaces que se incorporan ó primeiro equipo do equipo xuvenil. Eloy Alvarez, Damián, Ismail, ou os xa veteráns Alberto Recarey e Martín Puente son bos exemplos. Arredor deles Tito Pedreira, substituto de Barca no banco pontecesán, ten un grupo de solventes veteráns, como Matías, Charro, Rubén Sotelo, Eloy, Luis Alvite ou Mendieta, que fan que o equipo sexa moi compensado. Tiveron un inicio de liga moi bo, con 8 xornadas sen perder, pero levan 3 derrotas nos últimos 5 partidos que os alonxaron algo do líder. De todas maneiras a súa regularidade e solvencia fan deles un equipo a ter moi en conta. A vitoria contra o Corme no derbi foi o punto culminante desta primeira volta.  CORME: Como todos os anos, estase a distinguir o Corme por ser dos equipos que mellor fútbol practica. A total ausencia de presión que sempre hai en Corme permite que os xogadores xoves saian hacia arriba, e así este ano nos atopamos con xuvenís como Samu Costa, Eloy ou Manu Bermúdez habitualmente no 1º equipo. Lucas segue a ser o referente ofensivo, pero as baixas de Brais e Alejo, aínda que este voltou ó equipo fai pouco, notáronse ben. Aínda así o Corme estará nos postos altos, foi o único equipo que derrotou ó líder, pero as derrotas nas últimas datas contra Puenteceso e Baíñas fixeron que baixara na tabla clasificatoria. MUXÍA: Moi boa 1ª volta dos de Adrián Lema, que na súa volta á Liga da Costa están a dar unha moi boa imaxe, de equipo con calidade e xuventude, e un futuro esplendoroso. A nova superficie do campo de Arliña da outro aire ó equipo, e o bo facer da directiva está a atraer ós xogadores da zona, sexa o caso de Manu Nogueira ou o recente de Mauro Romaní. Angel Luis segue a ser un baluarte baixo paos, e en defensa Michael é o home clave. Os irmáns Alcaina, o xuvenil Toja e Manu Nogueira son dinámicos e con calidade no ataque, e crean moitos problemas ós equipos. O equipo encaixa poucos goles, só 17 no que vai de liga, e rentabiliza ben os 19 que leva a favor. CEE: A nova directiva ceense, chea de ilusión e ideas, está a tentar que a gloria do equipo azul volva á de tempos pasados. A metade de volta tivo que cambiar de adestrador, e agora mesmo estase a ver o traballo de Rosquilleiro, pois nos últimos partidos o equipo está a dar unha boa medida. Tenta o Cee darlle paso ós xoves valores da canteira apoiados nos veteráns de sempre, Nico, Jorge, Juan, Penedo ou Carlos Leis, e como non, o incombustible Leo, pichichi do equipo con 7 tantos. A pesar dos malos resultados iniciais que lle costaron o posto a Pato, o Cee terá paciencia para ver como o equipo madura, e a bo seguro que volvemos ver esa camiseta paseando o seu nome nos postos altos da Costa. CERQUEDA: Un plantel ben reforzado no verán daba sinais de que o Cerqueda pode ser un equipo importante este ano. Pero os inicios non foron os mellores, con moito empate que lastrou ó equipo. Nas últimas xornadas están a chegar as vitorias e con elas a tranquilidade e confianza no traballo ben feito. O equipo é un dos máis rocosos da liga, difícil de superar, pero non aproveita as súas opcións de gol, a pesar de ter a Iván Mato, un dos máximos goleadores da categoría. A boa liña defensiva sostén o equipo, con 2 grandes porteiros, Javi Souto como puntal no centro da zaga e o veterán Michel mandando no medio. CAMARIÑAS: Irregular traxectoria dos da Vila do Encaixe, que deron sorpresas inicialmente pero que van perdendo folgos. Os de Tono é un equipo moi novo, con Moriño como gran veterán. O futuro parece prometedor se rapaces como Javi Antelo ou Joseba evolucionan ben, pero o equipo está a notar a baixa do seu goleador Yuyo, agora no Dumbría. MALPICA: Caótica a traxectoria do Malpica esta tempada. Un inicio difícil, no que se chegou a pensar en que o equipo non xuntaría xogadores, dou paso a derrotas continuadas. Coa chegada de capital chegaron xogadores de nivel, caso de Gonzalo Vilariño, Anxo ou Dani Casal e o equipo mellorou. A sorprendente incorporación de Vituco, que levaba apenas 2 meses en Lira, reforza ben o equipo en ataque. Terá que loitar por salvarse pero agora xa ten algunha arma. BUÑO: O Buño de Dani Calvete está a dar unha moi boa medida nesta primeira volta. Equipo moi humilde e de poucos recursos, xoga con xente que ama as cores oleiras e que teñen un nivel de unión no vestiario moi alto, que fai do Buño un equipo moi competitivo e de rendemento por enriba das súas posibilidades. Dani estase a mostrar como un adestrador preparado e intelixente, e está a sacar rendemento ós seus homes. O conxunto non destaca polas súas individualidades, aínda que podemos mencionar a Petís, que está a facer unha boa tempada, xunto coa columna básica de sempre, os Emilio, Jorge Calvete, Brais, Richard ou Juan Antelo, que rodeado de xente máis inexperta pero que vai con todo todos os domingos, tentarán de conseguir o obxectivo de salvar a categoría. LIRA: Un caso difícil de comprender o do Lira, que pese a ter un equipo de grandes xogadores non acaba de atopar a forma como conxunto. Tendo a un dos mellores, por non decir o mellor xogador da liga como é Pesco, e a outras figuras da talla de Kike Paluca ou Toni, o Lira está a sufrir demasiado, vivindo moitas veces da épica e de Jano, que se está a convertir no goleador do equipo e que rescatou ó Lira en mais dunha ocasión. SP.ZAS: Outro caso inexplicable é o do Zas. Sen dúbida un dos planteis de máis talento da liga, con xente como Dani Mato, que ademáis está acertado cara a gol, Manu Fuentes, Rubio, Josito, Víctor Vecino, David Blanco, Bruno... que non están a dar a medida das súas posibilidades. Se alguén dixera a principio de tempada que o Zas estaría nesta situación a estas alturas chamaríamoslle tolo como pouco, e a realidade é que o equipo deixa escapar innumerables puntos na casa, e fora non está a dar bo nivel tampouco. Temos que esperar máis deste Zas de Manolo Corredoira na segunda volta. OUTES: Sorprende a posición do Outes, un conxunto recén descendido e sempre de rendemento notable, pero que xa cambiou de adestrador, cesando a Alfredo Cambeiro, e que non atopa o seu sitio na liga. Realmente a sorte non está acompañando ó conxunto da Serra, que tivo que pasar polas máis insospeitadas circunstancias, como lesións graves, partidos que se escaparon sin saber ben como e baixo rendemento de algún dos seus homes clave. Todo unido danos cun Outes en posicións de descenso directo, que a bo seguro na segunda volta tratará de revertir a situación. CORISTANCO: Está o cadro de Alberto Pensado colista, pero a verdade é que non da sensación de tal nos partidos que xoga. Móstrase como un conxunto correoso, que dificilmente cae derrotado por máis de un tanto, e que foi quen de gañar e competir en campos difíciles. Estalle a costar de máis sacar puntos na Rocheira, o que o ano pasado foi o seu gran baluarte. O equipo é xoven, e esa inexperiencia págana en situacións puntuais dos encontros que lle penalizan moito. Aínda así varios homes están a destacar nos verdes. Contan cun gran porteiro, Diego Mallo, de experiencia en Preferente fai un par de anos. O dianteiro Samuel, cando está en forma é un dos máis perigosos da categoría, e o medio Damián, aínda que non pode xogar todos os días, fai notar a súa presencia cando está. Cremos que o Coristanco aínda ten moito que decir nesta liga, sen dúbida.

Comentarios