Xoves. 06.10.2022
El tiempo

3ª Autonómica: Independiente e Camelle apretan ao Porteño

3ª Autonómica: Independiente e Camelle apretan ao Porteño

Primeiros puntos que se deixa o Porteño tras 10 xornadas da 3ª Autonómica. E tivo que ser Arliña o campo no que os de Gerpe non puidesen despregar o seu xogo, o que demostra que o Muxía de Papi ten que estar moito máis arriba que o que indica a clasificación.

Por detrás non cede nin Independiente nin Camelle, que sumaban fáciles vitorias sabatinas. Ademais, o Soneira B e o Cerqueda superan a un Ameixenda que sufriu a dura derrota ante o Independiente, mentres que o Lira tamén amosa a cabeza tras vencer, con sufrimento, ao Baíñas.

Muxía- Porteño (1-1)

Muxia-Porteno-Foto-Luigi-na-Costa
  • MUXÍA: Ángel Luís (José Antonio, min.85), Luís Romaní (Julián, min.15), Pesqui, Currás, Cabejo, Santi (Juan, min.60), Pataca, Adrián, Javi, David (Pardelo, min.80), Iván Lagoa (Casais, min.75).
  • PORTEÑO: Pablo, Pejo, Óscar, Maikol, Asier, Iago, Mario Toja, Brais (Gabi, min.60), Cousillas (Ismael, min.46), Yuyo, Bieito (Nené, min.70).
  • Goles: 1-0, min.60: David tras unha fermosa contra; 1-1, min.90: Ismael de penalti.
  • Expulsión: o xogador do Porteño Nené no min.75 por empurrar ao colexiado tras sufrir un posible penalti. O xogador pediulle perdón ao rematar o partido.
  • Lesión: os muxiáns, o veterano Luís Romaní cun pinchazo; e Santi cunha escordadura.

Partido complicado en Arliña no que o Porteño deixouse os primeiros puntos da tempada. O Muxía parecía o líder, e o Porteño estivo moitos minutos a mercé do cadro local. Así e todo, dende a Ponte sinalan que o partido foi demasiado duro, e o propio Gerpe valorou o choque como "inclasificable" pola súa extrema dureza.

Público, bancos e xogadores de ambos equipos apretaban e completaron un choque moi intenso, con moito patadón para diante, no que o o colexiado non estivo á altura das circunstancias, e non deixou contentos nin a uns nin a outros, permitindo xogadas pouco deportivas.

No futbolístico, o Muxía dominou a primeria metade, na que aínda houbo xogadas combinadas, pero sen grandes ocasións. Pataca e Iván Lagoa avisaban a Pablo e David mandaba ao longueiro.

Na segunda apenas houbo fútbol. O Muxía protestaba un posible penalti por mans na área visitante, e malia as protestas se puña por diante por medio de David nunha boa contra, logo de que un xogador visitante mandase o balón ao pao.

O Muxía replegou filas e permitiu que o Porteño se achegase algo máis e os da Ponte pedían un claro penalti por falta sobre Nené. O propio dianteiro perdía os nervos e era expulsado tras empurrar ao colexiado (ao remate do partido pediulle perdón). Pero aínda e xa co tempo cumplido, o colexiado tivo máis protagonismo pitando un inexistente penalti que transformou Ismael no empate.

Un empate que sabe mellor na Ponte do Porto.

Muxía-Porteño- Foto- Luigi na Costa

Indep. Carballo - Ameixenda (4-0)

  • INDEPENDIENTE: Noé, Efrén (Brais, min.70) Seo, Scott (Dani, min.60), Castro (Jonim, min.80), Cholo, Carlos, Ivi, Benítez (Palermo, min.50), Juni e Mario.
  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Álvaro (David, min.30), Grille (José Manuel, min.75), Alex, Bichiño (Alberto, min.60), Mateo, Borja, Jorge (Rodrigo, min.75), Miro, Javier (Mito, min.50), Javichu.
  • Goles: 1-0, min.10: Benítez; 2-0, min.25: Benítez; 3-0, min.35: Benítez; 4-0, min.60: Juny.
  • Expulsión: o adestrador visitante Pepe.

Empezaron forte os locais, con dous fallos atrás do Ameixenda que permitiu que se metesen 2-0, e o terceiro, os tres de Benítez, antes do descando, e en posible fóra de xogo, foi a sentenza do partido.

David, que fixo fixo un partidazo para os visitantes, foi un dos poucos que fixo esforzarse a un gran Noé, se ben Javichu e Borja tiveron ocasións para recurtar un choque que xa estaba finiquitado.

Lira - Baíñas (2-1)

Lira-Bainas-Foto- Jorge Parri
  • LIRA: Miguel Anxo, Santi, Hermi, Fran, Isma, Germán (Saúl, min.70), Miguel, Marco, Suso Perico (Miche, min.75), Oliver, Fran Perico (Suso Patachín, min.80)
  • BAÍÑAS: Damián, Samuel, Sancho, Héctor, Simón (Adrián, min.75), Esteban, Cristian, Dani (Diego, min.55), Fernando, Taski, Yanki (Styven, min.30).
  • Goles: 0-1, min.30: Yanki na liña de gol tras un salto de Taski; 1-1, min.65: Suso Perico tras tres tiros e dous rexeites da defensa; 2-1, min.70: Suso Perico tras un disparon de Fran Perico.
  • Lesión: Yanki nos isquiotibiales.

Partido moi intenso, e duro, o disputado por ámbolos equipos en Lombáns, non con moitas ocasións claras, pero dos que fai vibrar os espectadores ó longo os 90 min. O Baíñas levou durante moitos minutos o peso do partido pero non tivo sorte cara gol e acabou perdoando o empate.

Os locais comezaron tocando máis a pelota, pero sen moito perigo para o Baiñas, que se espoleou despois da ocasión máis clara do Lira no min 20 onde Suso Perico gañou liña de fondo e Oliver non acertou a enviar o balón entre os tres paos. A partir de aquí na seguinte xogada un balón en longo ó que case chegan Tasqui e despois Yanki fronte o porteiro local, comezou a amosar as intencións dos visitantes, que materializarían o 0-1 no 30 despois dunha batalla na que saeu triunfal Taski fronte os dous centrais locais nun balón en longo e que Yanki tocaría xa na liña de gol. A partir de aí os locais amosaron índa máis intensidade, pero sendo o perigo en forma de disparos dende longa distancia. E no último suspiro un barullo na área rematou cun balón no longueiro de Cristian que puido poñer o 0-2 no marcador antes do descanso.

Na segunda metade foi unha tromba dos locais que foron con todo arriba, pero os vimianceses solventaban todo o perigo, e mesmo saían o contrataque, tendo de novo Cristian un man a man co porteiro local no 55 que non acertou a materializar. E despois de tanto intentalo, os locais tiveron o seu premio cun gol de Suso Perico no 65 despois dunha xogada por banda no que tivo que disparar por tres veces dende a frontal da área grande despois de ser o balón rexeitado por outros tantos defensas.
E no 70 culminou a remontada o Lira, con outro gol de Suso Perico despois doutro disparo de seu irmán Fran do que aproveitou na área grande o rexeite. A partir de aquí os locais agazapáronse despois do gran esforzo, e os visitantes tomaron a iniciativa e puideron acadar o empate se Fernando non marrase, a 10 para o final, un penalti por mans de Ismael. Miguel Anxo encargouse de parar o penalti e mais o rexeite.
A partir de aí houbo moita perda de tempo malia que Oliver e Saúl poideron poñer o 3-1 nunha contra no último minuto.

Lira-Bainas-Foto- Jorge Parri

Fisterra B - Nantón (1-1)

  • FISTERRA B: David, Sheg, Dudo, Juan, Jorge, Dani, Santi Pelada, Juanjete, Hidalgo (Antonio, min.65), Abel, Naranjo (Noé, min.70).
  • NANTÓN: Bonano, Lare, Félix, Diego, Dani, Rubén, Martín, Carlos, Dani (Iván), Cachi (Borja), Luís.
  • Goles: 0-1, min.30: Cachi; 1-1, min.65: Juan Raponchi de córner.

Primeiro tempo algo tolo en Ara Slis sen un dominador claro. Ambos equipos chegaban con baixas pero así e todo o ritmo foi alto. Luís mandou ao pao un balón e marrou un man a man clarísimo na primeira. E por bando local tamén tiveron bocas ocasión os Naranjo e Abel.

No segundo tempo o Fisterra B, por debaixo no marcador tralo gol de Cachi á media hora, pasou a dominar, pero non estiveron acertados cara gol. Só tras un córner Juan puña o empate. Seguiu máis estirado o filial verde e de feito, Bonano salvou o 2-1 cun auténtico paradón a unha falta de Santi Pelada.

Camelle - Castrelo (5-1)

Os xogadores do Camelle celebran un tanto-Foto- Blog SD Camelle
  • CAMELLE: Púrrua, Carlos de Dido (Adrián P., min.62), Manuel, Valiña, Matías, Varu, Mario (René, min. 54) Miguel (Buri, min.65), Jose, Javi Rañal (Sergio, min.60) e Barreiro (Adrián T., min. 65)
  • CASTRELO:
  • Goles: 1-0, min.10: José; 2-0, min.12: Matías; 3-0, min.35: Javi Rañal; 4-0, min.50: Varu; 4-1, min.65; 5-1, min.75: Matías.

Non puido o Castrelo parar o potencial do Camelle. Un Camelle que en 10 minutos xa case sentenciara o choque ante un Castrelo que segue sen coñecer a vitoria.

Camelle-Castrelo-Foto- Blog SD Camelle

Corcoesto - Soneira B (0-3)

  • CORCOESTO: Anxo, Miguel, Edelmiro, Longo, Ángel (Germán,m in.85), Sergio (Pichón, min.65), Pablo, Javi, Alberto (Uru, min.65), Xabi (Luís, min.55), Pichuco (Couto, min.55).
  • SONEIRA B: Martín, Chans, Pichón, Curra, Alberto, Quilmes, Richi, Borja (Cristian Figeuroa, min.60), Chino (Felix, min.75), Canosa, Wii (Pablo, min.70).
  • Goles: 0-1, min.55: Richi roubou unha cesión entre o defensa e o porteiro; 0-2, min.70: Chino; 0-3, min.80: Cristian Canosa.
  • Expulsións: os locais Javi, por protestar na cesión do primeiro gol; e Miguel no min.65.

2 expulsións por protestar, no cadro local, marcaron un partido que comezaba igualado e permitiron que o filial soneirán sentenciase na segunda metade. I é que o colexiado quixo demasiado protagonismo.

Na primeira, con 11 contra 11, era un choque bonito. Os soneiráns puideron meterse por diante por medio de Wii cun man a man e Alberto tras un córner, que quitaron ca man debaixo dos pais, ás que respondeu Anxo. Por bando local, Pichuco tivo tamén dúas boas ocasións.

A partir do primeiro gol e da expulsión ma mesma xogada de Javi, o partido rompeuse e o Soneira puido machacar con superioridade nas contras. Co 0-3, o Corcoesto, con 9, tirou de orgullo e pediu un penalti sobre Germán e un tiro de Pichón polo longueiro.

Cerqueda - Coristanco (5-2)

  • CERQUEDA: Ruben (Costa, min.50), Bastón (Pablo, min.30), Javi, Atu, David (Manu, min.80), Dani, Santi, Javi Pazos (You, min.75), Lorenzo, Dieguito, Dani Seaia (Juanjo, min.20).
  • CORISTANCO: Fredi, Óscar, Iván (Sergio, min.70), Jonathan, Torreira, Luís (Mallón, min.75), García, Damián, Pazos (Navarro, min.55), Edgar, Cristian (Gonzalo, min.60).
  • Goles: 1-0, min.5: Santi a centro de Dani Seaia; 2-0, min.10: Lorenzo de tiro dende a frontal; 3-0, min.20: Dieguito de tiro dende a frontal;; 4-0, min.25: Juanjo de tiro cruzado tras un pase de Fredy; 4-1, min.30: Pazos; 4-2, min.55: Edgar de penalti; 5-2, min.65: Juanjo tras un rexeite do porteiro a unha falta lanzada por Dieguito.
  • Expulsión: o central local Pablo no penalti (min.55).

Repaso de goles do Cerqueda, ante un Coristanco que así e todo fixo un gran partido. Pero 4 goles en apenas 20 minutos sentenciaron o choque. Comezaba o partido cun Cerqueda potente, con 30 minutos de claro dominio do Cerqueda, onde convertiu en gol todas as ocasions das que dispuxo.

No resto do encontro o Coristanco estirou lineas e igualou o partido, sendo clave na segunda parte o 5º gol do Cerqueda, cando mellor estaba o Coristanco e cando estaba máis preto o 4-3. De feito, Cancela tivo o 4-3 na man pero o 5-2 de Juanjo cortaba en seco todas as opcións de remontada do Coristanco.

Aquí vemos o primeiro gol logrado por Santi:

Xaviña - Laxe (3-3)

  • XAVIÑA: Moro, Juan Antonio, Caamaño, Esteban, Rodrigo (Galego, min.65), Martelo (Pekenao, min.60), Gatusso, David, Pirucho (Elvis, min.46), Felipe, Beto.
  • LAXE: Diego, López, Aarón, Jacinto, Pailos, Borja, Adrián Porteiro, Felipe, Manuel saleta (Maya, min.75), Ventura (Mandi, min.60), Samuel.
  • Goles: 0-1, min.15: Ventura; 1-1, min.40: Gatusso, 2-1, min.55: Samuel; 2-2, min.65: David; 3-2, min.75: Felipe; 3-3, min.80: Felipe.

Partido tolo, que na primeira metade foi dominado polo Laxe, e que puido deixar sentenciado na primeira metade antes do empate de Gatusso. Pero nin Adrián Porteiro, que mandou fóra un man a man, nin Manuel Saleta, nin Felipe en dúas ocasións, foron capaces de aumentar a renda durante a primeira media hora.

A segunda foi un auténtico partido de ida e volta, con ducias de ocasións falladas por ambos equipos e que rematou con empate a 3 como puido ser a 10. O Xaviña aproveitou a debilidade defensiva do Laxe para remontar por dúas veces e facer que as alternativas no xogo e no marcador deixaran un partido vistoso pero pouco recomendable para os adestradores.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

comentarios