Martes. 25.01.2022
El tiempo

3ª Autonómica: Xa temos ascensos

3ª Autonómica: Xa temos ascensos

Dos cinco primeiros só o Montelouro fallou e pese a estar ao comezo da campaña varias xornadas no máis alto da táboa agora ve ameazado o quinto posto polo Cerqueda e Volantes que veñen apretando forte. O Volantes desfíxose do Soneira B e o Cerqueda goleou no derbi de proximidade ao Corcoesto. O Cabana tivo que sufrir moito en Lira para sacar os tres puntos no tempo de desconto nun partido moi cargado de polémica, pola contra o líder Carnota pasaba por enriba do Muxía endosándolle a goleada da tempada.
O Outes gañou con comodidade no campo do Alcaián nun partido moi práctico, mentres que a vitoria máis dolorosa foi para o Coristanco, sacou os tres puntos en tempo de desconto, pero a mala noticia foi a lesión do seu goleador e buque insignia, Toniño, o dianteiro rompeu o talón de Aquiles e ve como se acaba a campaña para el. Coa goleada ao Xaviña, o Laxe volve a coller unha boa racha e suma xa cinco encontros sen perder.

2 prazas de ascenso directo

E parece que xa están determinadas as prazas que ascenderán á Liga da Costa. Os 2 primeiros ascenderán directamente e o resto de prazas que queden vacantes polos ascensos á nova 1ª Autonómica, xogaranse en sistema de Copa entre o 3 e o 6º, enfrontándose o 3º contra o 6º e o 4º contra o 5º.
Así, entre os gañadores xogarase un novo partido para determinar quen é 1º e 2º, e entre os perdedores ocorrirá o mesmo. Faise necesario determinar a orde pois ao ser incerto o número de ascensos, é preciso determinar as posicións na táboa. Agárdase que non haia en ningún caso a posibilidade de que ascendan máis de 6 equipos.

Asemblea de clubes

A Xunta Directiva da Asociación Deportiva e Cultural de Clubs de fútbol Federados da Costa da Morte, acordou convocar a Asemblea Xeral Ordinaria para o vindeiro martes día 28 de febreiro de 2012, en primeira convocatoria ás 20:30 horas e en segunda ás 21:00 horas, non Auditorio do Pavillón de Baio.

Un dos temas a falar será precisamente o das prazas de ascenso.

Cerqueda - Corcoesto (6-0)

  • CERQUEDA: Fredi, Rober (Bastón), Dani, Javi, Jorge, Manu (Maikel, min.52), Alex, Lorenzo, Dieguito, You (Rubén, min.66) e Juanjo.
  • CORCOESTO: Siro, Lista (Manuel, min.65), Edelmiro, Pablo, Germán, Couto (Xabi, min.46), Rodri, Uru (Javi, min.20), Martín (Pichón, min.60), Miguel e Héctor.
  • Goles: 1-0, min.21: Alex; 2-0, min.32: Alex, de penalti; 3-0, min.40: Alex; 4-0, min.48: Manu; 5-0, min.50: Manu; 6-0, min.81: Alex.
  • Lesións: O local Rober cun tirón muscular e o visitante Uru cun esguince.
Sorprende que houbera tantos goles nun partido que o árbitro non deixou que se xogara, constantes interrupcións no xogo por faltas e múltiples fóras de xogo foron unha queixa dos dous equipos. O Cerqueda estivo moi acertado no remate e propiciou que gañara con comodidade. Os visitantes protestaron os dous primeiros goles, o primeiro por que entendían que había fóra de xogo e o segundo por un penalti inexistente. Tralo descanso, Manu con dous goles a saída de dous córners puxo a sentenza definitiva.

Lira - Cabana (0-1)

  • LIRA: Santi, Manolo, Suso Perico, Yeray, Michelón, Jose, Gabri, Suso Patachín, Abel (Lalo, min.50), Ancho e Fran Perico.
  • CABANA: Añón, Pancho (Sandro, min.61), David, Marcos, José, Eloy García, Darío, Fernando, Eloi Pereira, Diego e Eliseo.
  • Goles: 0-1, min.96: Eloy García.
  • Expulsión: Michelón (min.2) do Lira.
Pese a que a Federación non sancionou duramente ao Lira por actuar rapidamente ao expulsar do club a Álvaro e entregar a súa ficha na Federación polos altercados da semana pasada en Muxía, quen parece que pasou a render contas foi o colexio de árbitros. Algo inédito na tempada foi ver un trío arbitral na liga de Terceira, e si ademais o árbitro principal é Zas Vázquez non cabe dúbidas que o corpo arbitral quixo pasar factura. Si a Zas Vázquez lle sumamos que un dos auxiliares era Goyeneche García, o espectáculo estaba asegurado, e así foi. Ambos equipos marcharon moi descontentos e máis os locais, pois descontaron sete minutos, tantos como tardou en marcar o Cabana, nunha falta na que ambos equipos coinciden que foi moi rigurosa. No deportivo, o Cabana tivo moi boas ocasións de gol, a mellor o penalti que deu lugar a expulsión de Michelón aos dous minutos, pero Diego fallou. Non estiveron acertados os visitantes e sufriron ata o último minuto. Os de Lira tamén gozaron de dúas boas ocasións de gol, na primeira metade Añón fixo unha boa intervención e na segunda o balón paseouse pola liña de gol e non entrou.

Independiente - Montelouro (2-1)

  • INDEPENDIENTE: Upi, Toni (Brais, min.74), Ruben, Rafa (Dani, min.66), Efrén, Scott (Jonathan, min.60), Carlos, Sande, Cholo, Braian e Juni.
  • MONTELOURO: Isma, Bolo, Alvaro (Teo, min.46), Pablo, García (Canelo, min.70), Chema, Fernando, Denís (Rico, min.39), Edu, Pesco e Geiko (Raúl, min.70).
  • Goles: 1-0, min.27: Cholo; 1-1, min.89: Rico; 2-1, min.94: Cholo.
Primeira parte igualada co Independiente xogando un fútbol máis directo e o Monte Louro intentando tocar máis e con Denis sempre moi perigoso intentando dar o último pase. A media hora Cholo abría o marcador ao definir no man a man tras un pase de sande que peitea Juni. No minuto 39 gran contratempo do equipo de Louro xa que se tivo que retirar lesionado o xogador que máis criterio lle estaba poñendo,Denis, entrando no seu lugar o goleador Rico. A segunda parte empezou igual que acabara a primeira co Monte Louro acosando a un Independiente moi ben plantado en defensa. No minuto 51, Geiko manda desviado un tiro dende fóra da área, a partir desto no Monte Louro desapareceu a claridade do seu xogo e o Independiente saíndo a contra tivo varias ocasións. No minuto 60, tras unha recuperación no centro do campo e un bo pase de Cholo, Braian manda arriba só ante o porteiro. No minuto 62, Cholo abre a banda para Braian e este pon o balón de primeiras para Juni que ten unha dobre ocasión, primeiro tira ao boneco e logo escacha o balón no pau. Despois destas sucesivas ocasións o partido non tivo máis ocasións ata o gol visitante de Rico logo dun córner no minuto 89 remachando no segundo pau. En tempo de desconto, gran pase de Carlos para Juni que deixa co peito para que Cholo faga o doblete.

Camelle - Atl. Pereiriña (0-1)

  • CAMELLE: Carlos Purrúa, Carlos de Bido, Manuel, Mauri, Adrián, René, Varu (Valiña, min.55), Jose (Tedín, min.75), Sergio, Iván e Mario.
  • ATL. PEREIRIÑA: Simón, Jorge, Mateo, Alvaro Fiuza, Javichu, Riki, Javier, Víctor, Poki, Néstor e Grille.
  • Gol: 0-1, min.75: Néstor.
Mal partido por ambas parte no que apenas houbo ocasións de perigo. Os da Pereiriña trenzaron unha boa contra na segunda metade co remate final de Néstor que lle dá os tres puntos.

Fisterra B - Coristanco (1-2)

  • FISTERRA B: David Perlón, Rubia, Cote, Pablo, Noé, Eddy (Eloy, min.70), Gaby (Champy, min.55), Hidalgo, Carlos (Diego, min.80), Bruno e Insua.
  • CORISTANCO: Pombo, Arantón, Germán, Óscar, Marcos, Luís, Sergio, Mallón (Adrián, min.70), Pazos, Castro (Benitez, min.60) e Toniño.
  • Goles: 1-0, min.61: Carlos, de tiro desde fóra da área tras tocar en Arantón, 1-1, min.85: Toniño de penalti por mans de Cote; 2-1, min.92: Germán define no man a man tras pase de Benitez.
  • Expulsión: O local Cote (min.85) con cartón vermello directo por sacar un balón coa man baixo paus.
  • Lesión: O goleador visitante Toniño un forte golpe nun nocello.
Vitoria inxusta da SD Coristanco no Ara Solis nun partido dominado en case toda a súa totalidade polo filial fisterrán dirixido polos mediocentros. Na primeira parte, o Fisterra B dominou o xogo cun fútbol moi vistoso e con Bruno sempre perigoso coas súas internadas pola banda pero non acababan con claridade as ocasións. Tan só un tiro cruzado de Insua puxo en apuros a Pombo. O Coristanco tivo a súa única ocasión nunha falta lanzada por Arantón que sacou o porteiro fisterrán, e na que os visitantes protestaron que o balón entrara na portería. Na segunda parte o partido comezou máis igualado ata que no minuto 61 tras un rexeite Carlos fai o 1-0 cun tiro desde fóra da área que bateu en Arantón e despistou a Pombo. O Fisterra B seguiu facendo un fútbol de toque e Bruno seguía a facer das súas pola banda. E de novo Carlos poñía en apretos a Pombo, que completou unha gran actuación debaixo dos paus. Logo desto o Coristanco botouse arriba e tivo dúas ocasións moi claras despois de dous saques de banda en longo de Luís, na 1ª Toniño manda arriba só ante a portería e na 2ª Toniño e Pazos estorbáronse entre si estando solos ante a portería pero ata o minuto 85 non fixo o empate por medio de Toniño, que non fallou a pena máxima provocada por Cote que parou o balón coa man cando xa entraba na portería e ademais que lle custou a expulsión. Na seguinte xogada Insúa estivo a piques de facer o 2-1 pero o seu tiro foise rozando o pau da portería coristanquesa. Houbo que esperar ata o minuto 92 para ver o gol da vitoria que chegou por medio de Germán tras un pase de Benitez. A nota negativa do partido foi a lesión do goleador Toniño que ao remate do partido tivo que dirixirse cunha forte dor no nocello ata o hospital Santa Teresa de A Coruña, o resultado das probas foi unha rotura do talón de Aquiles o que o afastará dos terreos de xogo unha tempada. Dende QPC queremos desexarlle unha pronta recuperación ao exemplar xogador da familia da SD de toda a vida.

Laxe - Xaviña (5-0)

  • LAXE: Illote, Rellán, Jacinto, Naya (Nucho, min.65), Ventura, Roi (Rivera, min.55), Borja (Felipe, min.69), Darío, Manuel, Samuel, e Zurich (Aarón, min.46).
  • XAVIÑA: Pablo, Alberto, Chiribí (Diango, min.60), Sergio, Rubén, Adrián (Brion, min.46), Carlos, Caamaño, Elvis, Diego (Diego II, min.46) e Búa.
  • Goles: 1-0, min.10: Zurich; 2-0, min.25: Zurich; 3-0, min.30: Samuel; 4-0, min.70: Felipe; 5-0, min.80: Samuel.
Moi boa primeira metade dos locais na que deixaron o encontro sentenciado. Dous erros do meta Pablo ao medir mal a saída propiciaron que de forma calcada Zurich marcara de vaselina ao meta os dous primeiros goles. O terceiro foi de Samuel tras unha boa xogada do xuvenil Manuel por banda. Na segunda metade o encontro perdeu moito ritmo e tan só destacar dous goles máis dos locais obra de Felipe, que pese a non estar recuperado de todo da súa lesión muscular xogou uns minutos pola lesión de Borja, e de Samuel tras un tiro dende fóra da área.

Alcaián - Outes (1-4)

  • ALCAIÁN: Rizos, Paris, Rubén, Dani, Souto, Luisito, Víctor Pazos, Portillo, Tote, Daviciño e Roberto.
  • OUTES: Gato, Alvaro, Rafa, Lago, Debé, David, Martín, Fabio (Elías, mi.76), Deivi (Kin, min.31), Potro (Damián, min.84) e Fernando (Pesco, min.58)
  • Goles: 0-1, min.6: Lago; 0-2, min.20: Lago; 1-2, min.85: Roberto; 1-3, min.85: Elías; 1-4, min.88: Kin.
Partido práctico do Outes que se adaptou as condicións do terreo de xogo, defendeu ben e aproveitou as ocasións que tivo. O encontro púxoselle moi de cara dende o comezo, e pese a ameazada dos locais nos minutos finais cun gol que os poñía no encontro, non deron tempo os pupilos de Manu Roque e Tomé a que empataran marcando dous goles máis que deixou o encontro liquidado.

Soneira B - Volantes (0-2)

  • SONEIRA B: Víctor, Chans, Vicente, Alberto, Chuchi (Héctor, min.46), Jemisa, Quilmes, Dani, Cho (Borja Cadete, min.63), Capote e Cristian Figueroa (Curra, min.46).
  • VOLANTES: Yago, Fran, Jose, Mou, Paquy (Juan, min.46), Nimo (Javi, min.55), Ramón, Seluco, Piti, Brais e Ivi (Edu, min.66).
  • Goles: 0-1, min.39: Ivi; 0-2, min.57: Seluco.
Partido disputado na mañá do domingo con triunfo para o equipo de Baño que tirou da súa veteranía para sacar tres novos puntos que os acerca ao quinto posto. A primeira metade estivo moi igualada e con ocasións para ambos bandos aínda que quen conseguiu marcar foi Ivi cun lanzamento coa esquerda dende fóra da área. Cho non estivo fino de todo e lanzou unha falta ao traveseiro e outro tiro foise lambendo o longueiro. Na segunda metade o encontro tivo un maior color visitante tras o segundo gol, obra de Seluco, cun tiro raso dende fóra da área. Os locais non baixaron os brazos, pero nada puideron facer para remontar o encontro. Brais cun tiro ao longueiro e Seluco cun tiro a rentes do pau puideron poñer máis renda para os muradáns.

Carnota - Muxía (13-2)

  • CARNOTA: Peipo, Tono da Caixa, Manolo (Urko, min.55), Pedro (Boni, min.55), David de Brea, Manuel Luís (Tono Goyanes, min.25), Borja Santos (Pumuki, min.35), Jacobo (David Castreje, min.55), Manoliño e Joselu.
  • MUXÍA: Jose Antonio, Currás, Carrera, Sergio, Carrera, Ramón, Ziro, Julián, Raúl, Pesqui, Felipe, e Arxires (Antonio, min.46).
  • Goles: Os locais foron obra de Joselu (4), Borja Santos (3), Manoliño (3), Davis Castreje, Rodrigo e Tono Goyanes. Os goles do Muxía foron de Arxires (2-1) e de Pesqui, de penalti (10-2).
  • Lesións: Os locais Manuel Luís e Borja Santos.
Pouca historia tivo o partido, o Carnota aproveitouse da debilidade para endosarlle unha goleada que se presume como a da tempada e puideron ser moitos máis de non ser polas intervencións do meta José Antonio. O negativo do encontro para o equipo de Cambeiro foron as lesións de Borja Santos e de Manuel Luís que sumado a baixa de Joselu deixa ao equipo en cadro para a visita ao campo de Cabana co liderato en xogo.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

comentarios