Mércores. 13.11.2019
El tiempo

350 deportistas darán conta en Cee do potencial costeiro en arte e movemento

350 deportistas darán conta en Cee do potencial costeiro en arte e movemento

Este domingo 3 de xuño, celébrase a Exhibición do Clube Arte e Movemento 2012, no pavillon polideportivo de Cee. Esta é a 11ª edición, e rachan coas cifras dos outros anos, xa que nesta edición participan 350 deportistas (co baile e o taekwondo como grandes deportes), con idades comprendidas entre os 3 e os 55 anos.
Todos eles son alumnos de Juan Carlos Diaz e Graciela Toba, que levan 12 anos con este proxecto deportivo na Costa da Morte. Un proxecto que segue crecendo, e se hoxe falamos de 350 participantes, cómpre lembra que na primeira edición desta exhibición tan so participaron 50 rapaces.

A exhibición comeza as 16:30 h. co desfile, e rematará as 20:30 h. cos obsequios de agradecemento a concellos e asociacións e coa entrega de medallas os 350 deportistas. Serán 4 horas sin descanso, xa que fixemos o imposible cos horarios para que poidesemos rematar a hora prevista. A Entrada é gratuita e colaboran o Concello de Cee e La Caixa.

Baile

200 bailaríns de toda a comarca que pertencen as escolas deportivas de Mazaricos Santa Comba e Vimianzo, ademais dos cursos da Anpa Uxio do Colexio Eugenio Lopez de Cee, Anpa Nosa Señora do Carme de Fisterra, e Asociacion Adro de Baio, mais o alumnos que asisten as clases nas instalacións do clube en Cee.

Todos eles amosarán os seus mellores bailes: haberá samba, chachacha, bolero, pasodoble, jive, tango, vals, slow-fox, quick-step, merengue, cumbia, bachata, salsa e hustle.

Taekwondo

160 taekwondistas das escolas deportivas de Carnota, Muxía e Vimianzo, ademais dos taekwondistas que asisten as clases nas instalacion do clube en Cee. Mostrarannos os pumses, combates e rompementos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Club Arte e Movemento, da man de Juan Carlos Díaz e Graciela Toba.

Comentarios