4 dumbrieses estarán nos Selectivos do Equipo Nacional de Piragüismo


Menudo nivel que ten este CDM Piragüismo Dumbría. O club dumbriés clasificou a 4 deportistas para os Selectivos do Equipo Naciontal, na terceira proba da Copa de España de Slalom en Augas Bravas, disputada no Parque Olimpico de La Seu de Urgell, e que servía de primeira fase dos Selectivos do Equipo Nacional de Piragüismo 2017. Outra vez os deportistas do CDM Piragüismo Dumbría conseguiron ter o seu protagonismo, posto que Iago Canosa en K1 Sub23, Lorena Costa en K1 Sub18 e Jorge Quintáns no K1 e no C1 Sub18 foron quen de certificar o seu pase á segunda fase dos Selectivos para entrar no Equipo Nacional.
Unha segunda fase que terá lugar a vindeira fin de semana na cidade francesa de Pau, onde se atopa a canle onde se van disputar os Campeonatos do Mundo 2017. A Pau so acuden os dez mellores deportistas de cada categoría, o que ten moito mérito no caso de Lorena e Jorge, que sendo cadetes loitaban polas plazas contra deportistas xuvenís, dous anos maiores ca eles.

No que se refire á proba da Copa de España, o club costeiro alcanzou unha meritoria 8ªª praza, posto que aínda que só acudía con 5 deportistas á vila lleidana dada a epoca lectiva, en xeral rendiron a moi bó nivel.
No K1 cadete tanto Lorena Costa coma Jorge Quintáns lograron subir ó podium. Jorge foi bastánte máis consistiente nas súas baixadas que a de Berdeogas, pero tamén porque ó ser as probas selectivas os percorridos trazados eran moi esixentes, o que fixo que as rapazas máis novas sufrisen máis a difucultad xa inherente a competir na Canle Olímpica.
Jorge ademáis fixo un bó papel no C1, loitando incluso por as medallas, aínda que o final quedara fora do podium.
Tamén na categoría cadete Marcos Sanchez foi bastante irregular, convinando baixadas malas con outras moi boas. Está nun ano de aprendizaxe e seguro que para o ano será dos que loiten polas medallas.
En canto á representación Senior, Iago Canosa que saía a polas plazas do Equipo Nacional Sub23 tivo un desempeño con altivaixos, o que lle supuxo un mal resultado para a Copa de España, pero si lograr o pase para a segunda fase dos Selectivos.
Por último Marco Oreiro non tivo o seu fin de semán en La Seu, e das catro baixadas que fixo, so nunha foi quen de facer a manga sin problemas.

Máis información
Novas relacionadas
- Os pequenos do CDM Piragüismo Dumbría acadan sete medallas na copa galega de Promoción de Slalom.
- O CDM Piragüismo Dumbría acada un fantástico 7º posto na Copa de España
- Jorge Quintáns gaña a medalla de prata na copa de España de Slalom.
- O CDM Piragüismo Dumbría arranca a tempada coa participación na copa galega de Slalom
- A mazaricá Andrea Pérez, Campiona Galega Absoluta de Piragüismo na casa
- Outras catro medallas para o CDM Piragüismo Dumbría en Ribadumia
- O CDM Piragüismo Dumbría acada catro medallas na copa galega de promoción de Slalom.
- Un sabroso bronce dumbriés nos Campionatos de España de Slalom de Sort
- Gran paricipación dos peques do Sen Siras e do Piragüismo Dumbría en Monforte.
- Tres medallas para o Piragüismo costeiro en Sabero.
- Mazaricos acolleu unha proba da Copa Slalom Galego
- A Costa da Morte triunfa na Copa de España de Piragüismo.
- Os padexeiros costeiros sufriron a esixencia da I Copa Eslalom en Lleida
- Os padeixeiros costeiros prepararon en Salvaterra a Copa de España de Slalom.
- Os clubs de piragüismo costeiro arrincaron a tempada cunha proba internacional.
- Ferroatlántica renova o seu compromiso cos clubes de volei e piragüismo de Dumbría.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).