Venres. 19.04.2024
El tiempo

Por fin un complexo de Pádel na Costa da Morte

Por fin un complexo de Pádel na Costa da Morte

O Complexo Pádel Costa da Morte está aberto no Poligono de Vimianzo O Complexo Pádel Costa da Morte está aberto no Poligono de Vimianzo Era unha petición a berros. O mundo enteiro xogando ao pádel e aquí na Costa da Morte apenas tiñamos un par de pistas ao aire libre como a do Ézaro, un complexo en Carballo. Pero dende a semana pasada, o complexo Pádel Costa da Morte xa está aberto, a disponibilidade de todos os deportistas da bisbarra. Falamos dunha das primeiras empresas en darlle vida ao Polígono de Vimianzo, un proxecto de Roberto Cutrín, erguido con axudas dos fondos europeos. Conta con 5 pistas de pádel, unha fantástica cafetería, unha pequena tenda, un completo ximnasio, e unha Zona Relax, con baño turco, sauna, jacuzzi para 5 persoas e camas térmicas. Teñen ademais Clases de iniciación con Monitores especializados, as tardes de martes e xoves, e xa están preparando un Clinic. Hai bono de socios de 30€/mes (os familiares directos dun socio que convivan pagarían só 20), que dan dereito a acceso ao ximnasio e spa, e ofrecen uns descontos do 50% no aluguer das pistas. Alugar unha pista durante 1 hora e media custa: Tarifas do Padel Costa da Morte

Máis información e Reservas

Fonte

  • Enlace patrocinado.
  •  

Comentarios