Martes. 07.05.2024
El tiempo

Ligas FS: Novo calendario en Corme, parálise en Corcubión, avanza a de Santa Comba e torneo en Coristanco

Ligas FS: Novo calendario en Corme, parálise en Corcubión, avanza a de Santa Comba e torneo en Coristanco

Repasamos as últimas novidades nas Ligas de Fútbol Sala da bisbarra.

Paralise en Corcubión

En Corcubión, na que pretende ser a herdeira da finada Liga de FS de Cee, hai unha parálise importante, mentres non se solucionan uns “flecos”, que pode rematar en que non se dispute. Soubemos que o tema dos seguros (35€ por xogador ademais do custe por equipo) está botando para atrás a moitos equipos.

4ª xornada en Carballo

A Liga de FS de Carballo vai a tope con Cervecería Troula e Boa Estrela como únicos invictos trala celebración da 4ª xornada. O Pazo comparte comparte liderado co Troula pero cun partido máis.

Novo calendario en Corme

O Beres Apligasa compite un ano máis na Liga de FS de Corme O Beres Apligasa compite un ano máis na Liga de FS de Corme

Xa temos actualizado o novo calendario na Liga de FS de Corme en www.futboldacosta.com despois de que a organización decidise facer un só grupo, todos contra todos. Unha Liga que afronta a 2ª xornada na tarde deste sábado, da que xa tendes os horarios.

Liga de FS de Santa Comba

Este xoves houbo reunión en Santa Comba para comezar unha Liga de FS organizada polo Concello en colaboración coa Asociación Cultural Recreativa Ser. Segundo nos contan dende a organización, por agora hai 12 equipos, a inscripción está aberta ata o luns e a competición pode empeze o próximo mércores. Será un grupo único a dúas voltas.

Torneo en Coristanco

torneo-fs-nadal-coristanco

En marcha para este nadal, un torneo de fútbol sala en Coristanco. A competición levarase a cabo na semana do 26 ó 30 de setembro no pavillón municipal de Traba - Coristanco a partir das 20:30 horas. Poderán participar un máximo de 8 equipos; unha vez se complete este número, cerrarase o prazo de inscrición independentemente da data.

A inscrición é gratuita e o prazo está aberto ata o día 17/12/2016 nos teléfonos 651663657 - 608373201.

 

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios