Mércores. 08.05.2024
El tiempo

A Boguiña e Bar Fontana, líderes da Liga de FS de Santa Comba

A Boguiña e Bar Fontana, líderes da Liga de FS de Santa Comba
O Boguiña, é un dos líderes O Boguiña, é un dos líderes Arrincaba hai apenas dúas semanas a XXIX de FS de Santa Comba, e a cousa xa está que ferve. Houbo verdadeiros partidazos nestas dúas primeiras xornadas e só dous equipos suman partidos por vitorias. Falamos do Bar A Boguiña e o Bar Fontana, dous dos favoritos, a priori, xunto á Taberna do Meu Compadre e o Pizzería Mamma Mía. O Pizzería Mamma Mía é un dos candidatos ao título da Liga de Futbol Sala de Santa Comba O Pizzería Mamma Mía é un dos candidatos ao título Un dos partidazos que leva vividos o pavillón de Fontela tivo lugar precisamente entre o Mamma Mía e o Vilar de Céltigos, remantando nun vibrante 4-4. O Vilar, apesar de ter ao seu xogador estrella (Ovidio) lesionado, deixou un moi bo sabor de boca, en parte polas súas 2 novas fichaxes, Braulio do Baíñas e Cristian. Dominou a primeira metade o equipo dos Céltigos marchando 2-0 ao descanso. Reaccionou o Mamma Mía que se colocaba 4-3 nos últimos minutos. No último suspiro do encontro, Lagoa (xogador do Sporting Zas) empalma un cañonazo dende 10 metros ao que Álvaro, porteiro do Vilar, nada podería facer. Un empate que soubo moito mellor aos da Pizzería que aos de Cristian, sen dúbida o home do partido, con 2 tantos, e varias xogadas que sorprenderon aos asistentes. Vilar de Céltigos Vilar de Céltigos Pola súa parte no choque entre os Catedráticos, dirixidos por Pichichi (Gorgal, o presi do Xallas) e Rasado, deixaron destello de calidade da man de duas lendas do Fútbol da Costa, Moro e Moreno (actuais xogadores do Xallas de Veteranos), pero nada puideron facer ante velocidade o San Cristovo. ⁠⁠⁠⁠ D'Mara tivo que xogar con 4 xogadores O Cervecería D'Mara tivo que xogar con 4 xogadores Na 2ª xornada cómpre destacar que o Cervexería D’Mara só puido xuntar 4 xogadores para enfrontarse ao Autoescola Avespa. Aínda así na primeira metade se metían por diante co gol de Gabriel e puideron ampliar diferencias tras tres boas ocasións de Maki e Pablo. Pero na segunda metade, a entrada de Cambeiro no Avespa e o baixón físico dos cerveceiros, cambiou o guión e o partido rematou cun contundente 1-8. Autoescola Avespa Autoescola Avespa A liga continúa e precisamente este mércores e xoves se disputa a 3ª xornada A partir desta mesma noite os parridos volven ao horario de toda a vida, ás 21:00h arrincará o primeiro, ás 21:45h o segundo e ás 22:30 o último. Ademais, ata fin de ano, e sen parón, xa están listas as xornadas 4ª, 5ª e 6ª.

Máis información en www.futboldacosta.com

Novas relacionadas

Comentarios