Luns. 09.09.2024
El tiempo

Vaise das mans

Vaise das mans
Perdeu o Dumbría a primeira praza despois de caer na Pobra do Caramiñal e quedar sen sumar por terceira vez en catro encontros; non errou ningún favorito na Liga da Costa, mentres que na Preferente houbo pleno de decepcións O Ponteceso venceu en Louro - Foto: Edu Olveira Confirmou os síntomas que viña a presentar no útimo mes un Dumbría que, tras caer na Pobra pola mínima, cedeu a soberanía da liga ao Agolada, perseguidor que chegou ter tres encontros por detrás. Menos dun mes tardaron os costeiros en dilapidar unha vantaxe que semellaba definitiva, e que aínda é de case catro choques sobre a zona que marca a falta de título e promoción. No resto da xornada non todo foron malas novas, xa que o O Outes confirmou o estado de ledicia, fe e optimismo, tras vencer a domicilio a un rival directo como O Val do Ulla. Os 'cambeiriños' están só un punto por detrás dun Zas inmerso nunha fochanca de resultados e que non acaba de atopar o camiño do gol. E potencialmente o que aínda podería ter obxectivos insospeitados é un Fisterra que goleou ao Villestro e que, de fallar os da zona nobre, podería acadar un posto histórico. Igualmente para esquencer foi unha Preferente con pleno de derrotas e que deixa ao Soneira (preto de sorprender ao líder) nunha situación difícil por mor dos arrastres. Os vimianceses están en descenso directo e deberían recuperar polo menos dúas posicións máis para respirar ante os posibles arrastres. Ningunha preocupación nese sentidfo deben ter un Sofán no ecuador da táboa, a pesares do revés en Monforte, e un Xallas en 'postos UEFA', tras caer na casa do Estudiantil, segundo clasificado. Máis globalizada está unha Liga da Costa en forma de competición grupal. No pelotón da cabeza, cos cinco habituais, non hai outra cousa que homoxeneidade, con triunfos de diferente facilidade. Na loita pola supervivencia é outra cousa e Cee e Baíñas firmaron unhas durísimas táboas, que deixan a ambos nunha situación de certo colchón. Non pode dicir o mesmo un Corcubión coa pólvora mollada e que. tras perdoar o que non se pode, caeu na casa co Cerqueda. No duelo da crise, Camariñas e Esteirana empataron a problemas, con dous dos onces máis xoves da competición. Nin Coristanco nin Buño, cos mesmos obxectivos, foron quen de matizar a condición de equipos de moda de San Lorenzo ou Baio. Volveu vencer tras moitos meses o Camelle nunha Terceira dominada cada vez máis polo Muxía, que esta vez goleou a un Volantes con baixas. Ameixenda e Lira venceron a domicilio para amosar que son as alternativas máis fiablles polo de agora.  

PreferenteNorte, xornada 27

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 25

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 25

 

3ªAutonómica, Gr.2, xornada 23

 

LigaGalegaXuvenil, xornada 24

 

LiguillapreviaáFasedeAscenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 7

Liguillacopeira, Gr.1, xornada 4

Liguillacopeira, Gr.2, xornada 4

Liguillacopeira, Gr.3, xornada 4

 

LigaGalegaCadete, xornada 24

 

1ªCadete, xornada 22

 

LigaGalega Infantil, xornada 23

 

1ªInfantil, xornada 24

 

LigaAlevínNorte, xornada 2

LigaAlevínSur, xornada 18

LigaBenxamínNorte, xornada 2

LigaBenxamínSur, xornada 18

LigaPrebenxamín, xornada 1

 

LigasVeteranos, 1ª División, xornada 22

LigasVeteranos, 2ª División, xornada 22

 

Máisinformación

Comentarios