Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A BTT Terra Neria encheu de barro as bicis da Costa

A BTT Terra Neria encheu de barro as bicis da Costa
O dumbries Jose Maria Romero quedou 11 na BTT Terra Neria 2012-Foto- Jorge Parri

Impresionante, un ano máis tralo éxito da primeira edición, a participación na Ruta BTTT Terra Neria. Máis de 120 amantes das dúas rodas participaron nas 2 rutas abertas, a longa (case 60 km) e a curta (48 km). Puideron disfrutar das paraxes máis fermosas do salvaxe Cee, subindo ata o cumio de San Pedro Mártir e demostrando que as pernas están moi fortes.

O organizador Clube Ciclista Cee amosouse moi satisfeito coa organización, que contou coa colaboración do Concello. Houbo ademais premios varios, ademais de para os gañadores, houbo premios para o máis novo, un dumbriés de 16 anos; para o máis maior, un muradán de 61; e para o clube máis numeroso, o Clube Ciclista Dumbría, con 20 participantes que ademais xa é un dos máis numerosos de Galicia.
Houbo tamén o sorteo dunha bicicleta de montaña.

O dumbries Jose Vicente Formoso quedou 2 na BTT Terra Neria 2012-Foto- Jorge Parri Jose Manuel Gonzalez Rey de Caldebarcos quedou 4 na BTT Terra Neria 2012-Foto- Jorge Parri

Precisamente o C.C. Dumbría foi dos mellores equipos por equipos, pois ademais do 2º posto da clasificación acadado por José Vicente Formoso Otero, meteu a 3 ciclistas entre os 6 primeiros. Tamén estivo o C.C. Muros entre os mellores, con José Barreiro Blanco de 7º; mentres que José Manuel González Rey, de Caldebarcos, quedou 4º. Estivo presente tamén a comunidade de Camariñas, con Marcos Martínez Castro, do P.C. Baikers do Vilán de 8º e con Manuel Francisco Canosa Lires de 11º.

Os PC Baikers do Vilan pasárono en grande na BTT Terra Neria 2012 -Foto- Jorge Parri

Do equipo anfitrión o mellor foi Agustín García rodríguez, que acadou o 8º posto na Ruta curta. Pero é que a gran promesa do Clube Ciclista Cee non puido participar, por estar disputando, e gañando, o Campionato Galego BTT. Daremos conta das andanzas de Tomás Arias!

Clasificación Ruta Longa

  • 1º Daniel Gómez Vaamande (2h59')- C. Ciclista Cambre Caseiro.
  • 2º José Vicente Formoso Otero (a 20 minutos) - C. Ciclista Dumbría.
  • 3º Gustavo Pose Nantón (a 20 minutos) - C. Ciclista Monteneme.
  • 4º José Manuel González Rey (a 21 mi.) - Caldebarcos.
  • 5º David Calzas Insua (a 32 min.) - C. Ciclista Dumbría.
  • 6º Carlos Alberto Suárez Doval (a 32 min.) - C. Ciclista Dumbría.
  • 7º José Barreiro Blanco (a 42 min.) - C. Ciclista Muros.
  • 8º Marcos Martínez Castro (a 49 min.) - P.C. Baikers do Vilán.
  • 9º Francisco Fernández Antelo (a 49 min.) - C.C. Muros.
  • 10º Héctor Fernández Ramallo (a 51 min.) - Miño.
  • 11º Manuel Francisco Canosa Lires (a 55 min.) - Camariñas.
  • 12º José María Romero Romero (a 1 hora) - C.C. Dumbría.
  • 13º José Manuel Busto Gallardo (a 1h14min) - C. O Treito.
  • 14º José Manuel Beiro González (a 1h14min) - Caldebarcos.

Clasificación Ruta Curta

  • 1º Daniel Tarrela Miramontes (2h51')- Noia.
  • 2º Luis Filipe Pinto (a 14 minutos) - C. Ciclista Arteixo MB3.
  • 3º Pedro Romar López (a 15 minutos) - P.C. Baikers do Vilán..
  • 4º Roberto Bermúdez Carril (a 15 mi.) - P.C. Baikers do Vilán..
  • 5º Juan José García Iglesias (a 20 min.) - Santiago
  • 6º Marcos Montes Varela (a 21 min.) - Lestedo-Boqueixón.
  • 7º Juan Carlos Trillo Caamaño (a 26 min.) - C. Ciclista Dumbría.
  • 8º Agustín García Rodríguez (a 26 min.) - C. Ciclista Cee.
  • 9º Pedro Martínez Martinez (a 27 min.) - C.C. Muros.
  • 10º José Manuel Suárez Lema (a 28 min.) - C.C. Dumbría.
BTT Terra Neria 2012 - Inicio da carreira-Foto- Jorge Parri

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios