A Copa Xunta pasa en piragua por Dumbría
09:50 19/08/11
Dumbría será este sábado, 20 de agosto, o punto de encontro dos principias equipos galegos de piragüismo de augas bravas. E todo grazas á desputa da Copa Xunta de Galicia de Slalom de Augas Bravas. O evento desenvolverase no Campo de Slalom de Couquiño, en Olveira, nas augas do río Xallas. Dará comezo ás 15:30h.
O principal favorito para gañar a competición é o CDM Piragüismo Dumbría. Outros clubes que poden subir ao podio son o Quixos de Monforte, o Valmiñor de Nigrán ou o Club Penedo de Tui.
A competición desta fin de semana xurde como antesala ao Campeonato Galego de Slalom para categorías inferiores, que se celebrará a vindeira semana en Monforte de Lemos.
Serán máis de oitenta rapaces e rapazas de todo o país os que tomen a saída nun percorrido que agrada a todos os clubes, e no que destaca a súa beleza e a dificultade que implica a realización.
Os dumbrieses agradecen a colaboración de Ferroatlántica, que coordinará os horarios de turbinación de auga da Fervenza, de xeito que se orixinen as correntes de augas bravas que se precisan para a realización do campionato.
Novas relacionadas
- O CDM Piragüismo Dumbría quinto en Ecija e abre a escola de verán en Vimianzo.
- Os palistas dumbrieses fan de olímpicos e semiprofesionais.
- Presentada de forma oficial a nova sección de Ciclismo do C.F. Dumbría.
- Novos palistas dumbrieses aspiran a entrar no Centro de Tecnificación Deportiva de Galicia.
- Dumbría tamén apúntase á vela.
- O Piragüismo Dumbría volve de Padrón con 3 medallas de 4 posibles.
- Gran papel dos piragüistas dumbrieses en Pontevedra.
- Histórico primeiro triunfo do CDM Piragüismo Dumbría na Copa Galega de Promoción.
- Andrea Pérez abre a tempada do Piragüismo Dumbría.
- O CDM Piragüismo Dumbría bótase ao río.
- O CDM Piragüismo Dumbría colle máis peso na Federación.
- O Piragüismo Dumbría acadou o seu mellor resultado nunha Copa Galega de Slalom.
- O pequeno bergantiñán que surfea con 7 anos.
- Os pequenos do Carrumeiro debutaron en Portosín.
Fonte
- Redacción de deportes QPC (deportes@quepasanacosta.gal).