mércores. 13.11.2024
El tiempo

A familia Anorthosis segue medrando

A familia Anorthosis segue medrando

Nova xornada completa para a familia do Anorthosis, con encontros da Liga Nacional das mozas do Aluminios Xeal, do Anorthosis na 3ª Nacional, e con derbi soneirán na 2ª Galega.

1ª División Nacional Femenina, Grupo 1

  • Resultado: Aluminios Xeal - Cidade de Narón (3-4).
  • Resultado: Aluminios Xeal - CTM Coruña (2-4)

Seguen a súa marcha as rapazas do Aluminios Xeal nesta primeira participación na Liga Nacional e cada vez máis cerca das habituais e veteranas xogadoras da categoría. Así a punto estiveron de dar a sorpresa ante as do Cidade de Narón e incluso contra as xogadoras veteranas do CTM Coruña. Pero seguen desfrutando e aprendendo a grandes pasos e, esperemos que pronto, chegarán a superar a aquelas que hai un par de anos se consideraban inaccesibles. Teñen 2 puntos as zaenses, na antepenúltima praza.

3ª División Nacional, Grupo Centro

Anorthosis-Club del MarXogadores do Anorthosis e do Club del Mar
  • Resultado: Anorthosis Vimianzo - Club del Mar Juvenil (3-3).

O Anorthosis non é capaz de sacar adiante os seus encontros, notándose a falla de entrenamento, pero a base de experiancia e veteranía vai facendo puntos esto sen desmerecer do nivel dos rivais , que tamén conta. Moi bendesta vez Andrés Fagín conseguindo os dous puntos e Stevo desta ocasión si sacou un punto gañando un partido por 3-2. Non puido Gonchu facer nada positivo nesta xornada, unha forte dor no ombreiro dereito impediulle rendir coma nel é habitual.

2ª División Galega, Grupo Centro

  • Resultado: Concello de Zas Ponciano Nieto - Arteal Ventanas "B" (4-2).
  • Resultado: Vimianzo TM - Oroso TM Trastes (4-2).
  • Resultado: Bodegas Guuisseppe Anthony - Concello de Mazaricos (2-4).
  • Resultado: Monte Porreiro - Concello de Zas Cernadas (5-1).
Ponciano Nieto- Arteal Ventanas Xogadores no derbi zaense entre Ponciano Nieto e Arteal Ventanas

Nesta 2ª división galega segue o Concello de Zas Ponciano Nieto mostrandose como claro favorito deste grupo e así superou a outro dos aspirantes ao ascenso por un 4 -2 que ben puido ser máis amplo a pouco que estivesen acertados Brais e Juan Domínguez no 5º set dos partidos que perderon. Mostraron todos boa implicación no xogo e aínda así Miguel tivo que esforzarse para non verse sorprendido por José Arnejo.

Os rapaces, Martín e Raúl, do Concello de Mazaricos non deron creto ao que vían. Como dúas raparigas de 8 e 9 anos lles superaban e gañabanlles dous partidos aos mozos de 14 e 15 anos anos. Certo é que os tempos de entreno son os mesmos pero parecia como si lles desen pena as rivais. Non se deixou sorprender o nº 1 Javier e si fixo os seus dous puntos.

Os de Vimianzo TM foron superiores aos rapaces de Oroso e os dous puntos foron cedidos polos benxamíns Nico e Lucía que así ven materializado o seu esforzo nos entrenos e deixanlles xogar partidos. Este é un equipo que si segue entrenando así pronto estará entre os que ascendan.

Non sacou moito positivo da súa viaxe a Pontevedra o Concello de Zas Cernadas e mesmo pareceu que non lles aproveitou moito o almorzo da mañá. Sacaron só un punto ao Monte Porreiro, gañado por Manuel Costa de Cee, pero esperemos que respondan mellor en vindeiros encontros.

Vindeira xornada

3ª división nacional grupo centro
  • Sábado 21 de novembro de 2015 en Lalín as 10'30 h. CTM Lalín - Anorthosis Vimianzo
  • Domingo 22 de novembro de 2015 en Sigüeiro (Oroso) as 11'00 h. Oroso TM - Anorthosis Vimianzo
2ª división galega grupo centro
  • Sábado 21 de novembro en San Lázaro (Santiago) as 17'00 h. Arteal Ventanas "B" - Concello de Zas Cernadas
  • Sábao 21 en Mazaricos, pavillón de A Picota. as 16'00 h. Vimianzo TM - Monte Porreiro Abanca de Pontevedra;
    as 18'00 h. Concello de Mazaricos - Monte Porreiro Abanca de Pontevedra.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da temporada pasada

Fonte

Comentarios