A Fase de Ascenso á 2ª Nacional chega ao pavillón de Zas
Despois de non sacar os mellores resultados na primeira xornada da fase de ascenso, o AD Zas Ponciano Nieto terá a oportunidade de facer valer o factor cancha, pois o este domingo xógase en Zas.
No resto de categorías, destacar o papel do Concello de Mazaricos que soña co ascenso á 1ª Galega.
3ª División Nacional, Fase de Ascenso
- AD Zas Ponciano Nieto - Narón Tm (2-4).
- Ad Zas Ponciano Nieto – Galmédica Ourense (1-5).
- AD Zas Ponciano Nieto – San Xoán (4-2).
Non sacou bos resultados o AD Zas Ponciano Nieto na primeira xornada da fase de ascenso, pero parece que as festas do remate do entroido fixeron mella nos xogadores soneiráns. Ademais, o equipo non pode contar con Andrés Fagín.
En todo caso, esta fase de ascenso non fixo máis que empezar e nas outras tres xornadas os zaseiros terán que dalo tolo se queren acadar o obxectivo final que non é outro que o ascenso a segunda nacional.
1ª Galega, Grupo Centro
- AD Zas Construcciones Cernadas – CTM Lalín “B” (2-4).
O Cernadas poido facer máis ante o Lalín “B” e volver a sacar un empate, pero desta vez non souberon xogar coa intelixencia que se precisa contra xogadores veteranos. Notouse as baixa de Stevo e Ángel. Así só Miriam puntuou, gañando os dous partidos.
2º Galega, Grupo Centro
- Santa Comba - AD Zas O Pinar (4-2).
- Liceo Noia “D” – Concello Mazaricos (1-5).
Ssegue o Concello Mazaricos na súa liña de aspirar a todo e soñar co ascenso. O derbi de equipos do clube os de Santa Comba superaron aos de Zas.
2ª División Nacional Feminina
- SD A Baña – Aluminios Xeal (1-3).
Outra vez as de Zas superaron as nenas de A Baña pero desta aínda foron máis apretados os partidos. Posiblemente, porque todas son amigan e se coñecen como xogan.
Vindeira xornada
Tenis de mesa do máis alto nivel da categoría de 3ª nacional o que se vai a ver en Zas este domingo no pavillón municipal, pois terá lugar a Fase de Ascenso á 2ª Nacional:
- 10:30h: Ad Zas Ponciano Nieto – Liceo Noia “B”.
- CTM Lalín – Galmédica Ourense TM.
- Club San Xoán Veteranos – Helios Asesoría Serinte.
- Conxo TM – Hotel Chips Narón.
- 15:30h: Galmédica Ourense TM – Conxo TM
.- Hotel Chips Narón – Helios Asesoría Serinte.
- Liceo NOia “B” – Club San Xoán Veteranos.
- Ad Zas Ponciano Nieto – CTM Lalín.
- 17:45: Liceo NOia “B” – Conxo TM.
- CTM Lalín – Club San Xoán Veterenos.
- Ad Zas Ponciano Nieto – Helios Asesoría Serinte.
- Galmédica Ourense TM – Hotel Chips Narón.
Ademais, o domingo 12 de marzo, tamén no pavillón municipal de Zas hai chouqes da 2ª División Galega:
- 10:00h: AD ZAS O Pinar – Oroso Hotel Santa Cruz;
- 12:00h- Vimianzo Tm – Oroso Hotel Santa Cruz.
Antes. o Sábado 11 de marzo ás 17:00h en San Lázaro, Santiago, hai choque da 2ª Galega: Arteal Ventanas – AD Zas Construcciones Cernadas.
Novas relacionadas
- O AD Zas Ponciano Nieto empata en Santiago co 1º clasificado da 3ª división nacional de tenis de mesa.
- Mala xornada para un tenis de mesa comarcal coa mente en Valladolid
- O tenis de mesa costeiro aguantou o temporal.
- Os equipos de Zas dan un gran paso cara o título e a permanencia.
- O Concello de Mazaricos frea o seu camiño do ascenso á 1ª Galega de tenis de mesa.
- A zasense Ana García, 3ª infantil no Torneo nacional de Alcobendas de tenis de mesa.
- Empate e todos contentos.
- Empates sabrosos para os equipos do tenis de mesa.
- O AD Zas Ponciano Nieto mantense líder na 3ª divisisión nacional de tenis de mesa.
- Miriam Domínguez, de Irún aos campionatos estatais de tenis de mesa
- Boa fin de semana para os equipos de tenis de mesa da comarca.
- Tropezo do AD Zas Construcciones Cernadas na 1ª división galega de tenis de mesa
- Bo comenzo do AD Zas Ponciano Nieto na 3ª división nacional de tenis de mesa
- En verán, aprendendo a gozar do tenis de mesa.
- 24 horas xogando ao tenis de mesa.
- 5 podios e moitas gañas para a familia Anorthosis no Torneo Internacional de Ferrol
- A familia do Anorthosis volve con experiencia e medallas do Campionato Galego:
- O Concello de Zas Ponciano Nieto xa é equipo de 1ª Galega.
- Moito futuro na canteira do Anorthosis.
Fonte
- Stevo Lema.