A Festa do FSF: “Unha doce resaca”
Trala exitosa celebración da I Copa da Costa de FSF, a organización da Asociación Deportiva Vidú, nomeadamente Martín Varela e David Castro, queren facer balance do acontecido.
Vidú: Unha doce resaca
Unha doce resaca, iso é o que nos deixou a I Copa da Costa de fútbol sala feminino aos compoñentes da Asociación Deportiva Vidú.
Cando tomamos a decisión de organizar este evento fixémolo coa intención de darlle visibilidade a esta modalidade ademáis de crear unha nova competición que lle servise de escaparate a todas as xogadoras dos equipos costeiros, e logo de ver o pavillón municipal de Corme cheo a rebosar pensamos que conseguimos ambas cousas.
Unha vez rematada esta competición sentímonos orgullosos de impulsar a Copa da Costa de fútbol sala feminino e de facer que Corme se convertise na capital desta modalidade e que a vila cormelana fose unha festa en todos os sentidos.
Quedará para a historia que o Fisober foi o campión da #ICopaDaCostaFSF pero esta pasada fin de semana o gran gañador foi o fútbol sala feminino da Costa da Morte, logo de conseguir poñer en marcha esta competición.
Por todo isto, querémoslle dar as grazas ao Fisober FSF, ao Concello de Ponteceso FSF, ao FSF Villa de Cee e ao AD Atletes que foron os grandes valedores deste evento e os cales fixeron posible que esta I Copa da Costa fose unha realidade.
Tampouco nos podemos olvidar de xente que apoiou esta competición en todo momento e que dentro do seu ámbito realizaron unha gran labor para axudarnos como foron Cris Becerra e Marcos Regueira, fotógrafos oficiais do evento, Pedro Álvarez, colaborador activo da organización, Pili Neira, gran defensora e referente do fútbol e fútbol sala feminino, e Marco Varela, concelleiro de deportes do Concello de Ponteceso e o cal se está a convertir nun máis da organización nos eventos levados a cabo pola Asociación Deportiva Vidú.
E que dicir de Eva Lema, madriña desta I Copa da Costa de fútbol sala feminino e porteira do Burela Pescados Rubén, unha persoa que dende o primeiro momento se puxo a disposición da organización e que durante o transcurso do evento nunca se lle borrou a sonrisa da cara, ademáis de mostrarse moi orgullosa de ser a madriña da competición.
Non podemos olvidarnos de dar ás GRAZAS á Alfarería Aparicio de Buño polas obras de arte que fixo para os trofeos, nos cales tamén Jesús fixo a súa aportación cuns soportes espectaculares, grazas á Imprenta San Cristóbal pola súa incansable colaboración coa AD Vidú, á Federación Galega de Fútbol Sala por permitirnos organizar isto e darlle oficialidade, á Deputación de A Coruña e ao Concello de Ponteceso, polas facilidades e polas colaboracións prestadas, e grazas a todos os medios de comunicación (Radio Nordés-Cadena Ser, Adiante Galicia, Radio Voz Bergantiños, La Voz de Galicia, Piratas de Muxía, Que Pasa Na Costa, Diario de Bergantiños, Radio Marca Coruña…) pola difusión que lle deron a esta competición.
Por último, no nome de Martín Varela e David Castro, temos que facer mención especial a dúas persoas como son Lorena e Isa, as dúas mulleres que están traballando na sombra e aguantando os quebradeiros de cabeza que lle damos cada vez que organizamos algo.
PD: Nunca unha resaca nos deixara tan bo sabor de boca como a que nos deixou esta I Copa da Costa de fútbol sala feminino, polo que repetiremos seguro.
ESPERÁMOSVOS EN PRÓXIMAS EDICIÓNS!!!
- Asociación Deportiva Vidú.