luns. 11.11.2024
El tiempo

A fisterrá Leny voltou de Australia cun cúmulo de experiencias

A fisterrá Leny voltou de Australia cun cúmulo de experiencias
Leny Lopez en Sidney coa camisola do Fisterra

Descubríamola hai apenas un mes cando arrincaba para as antípodas. Xa está de volta dunha experiencia incrible. A fisterrá Leny (Elena López), xogadora do 5 Coruña Futbol Sala, puido disfrutar dun mes de estancia en Australia participando no AFA Campionato Nacional de Fútbol Sala 2015 en Sydney, o no AFA Campionato Nacional de Fútbol Sala 2015 en Sydney.

Unha completa experiencia persoal

A fisterra Leny en Australia cun par de galegos

Tras de si, deixa unha grata experiencia tanto persoal como deportiva, que recordará toda a vida. Mesmo atopouse con outros galegos alén do mundo, Mónica e Noel, unha coruñesa e un santiagués que viven en Sidney desde fai dous anos, ou Santiago Nine, natural de Rianxo, cociñeiro en Ballarat (Vitoria), e que xa forman parte da súa aventura.

A propia xogadora recoñecía que “este tipo de historias que che atopas polo camiño é o mellor da viaxe. Xente que non coñecías, e que dous minutos antes non son ninguén e logo de só unhas horas convértense en importantes, porque cunha mirada, un xesto... son capaces de darche máis que outros en anos. E ese instante fai que agradezas á vida a oportunidade que che dá de viaxar, de coñecer paisaxes, historias, xente diferente que che acolle, recíclache e devólveche á realidade mellor, máis sabio, máis puro. Dicía un sabio que o máis importante na vida dun home é ter raices e ás. Raíces para saber quen somos, de onde vimos, respectalo e sentirnos orgullosos de o. E ás para poder voar e coñecer as raíces dos demais, coñecelas e respectalas e aprender de elas”.

Unha completa participación deportiva

A fisterra Leny ca Sele do Estado de Victoria de Australia

Leny participou coa selección do estado australiano de Victoria. Ademais de participar en todos os partidos disputados coa súa selección, onde cuallou unha boa actuación, que ata chamou a atención do seleccionador australiano feminino, realizou os labores de adestradora do equipo sub16 masculino e a de auxiliar do combinado sub12 feminino, adestrado pola súa compañeira de equipo xaponesa Koko Matano, coa que a xogadora herculina fraguó unha boa amizade durante a súa estancia.

Finalmente a Selección de Victoria rematou en 5º posición o campionato, e tras caer derrotada 3 a 2 fronte a un dos equipos que finalmente disputaría a final, a xogadora vaise coa sensación de poder alcanzar unha fase máis co seu equipo. Quedan atrás aqueles 40º de calor que lle complicaron a adaptación…

Quen sabe se Leny volverá a Australia, unha vez que a ponte entre Galicia e a Federación Australiana xa está ben fornida…

Novas relacionadas

Fonte

  • 5 Coruña FS.

Comentarios