![Kitesurf]()
Co
vento afiado, a praia da Langosteira, en Fisterra, prepárase para acoller a
Iª Travesía de Kitesurf en Costa da Morte. Unha proba artellada pola empresa
Atlantis Adventure Turismo Activo S.L que fará das olas do areal fisterrán a pista de probas dos mellores especialistas do mundo.
I é que a cita, que se desenvolverá este vindeiro
sábado 27 de agosto do 2011, atraerá á Costa personalidades relevantes nesta modalidade deportiva como ao
carnotán Abel Lago actual campión de España en Ondas e Race. Este rider galego actualmente está envorcado na promoción do Kite, así como no desenvolvemento e evolución da disciplina de Ondas. Tamén estará
Elena Antón, vixente campiona de España de Free Style, envorcada na promoción do Kite feminino.
A duración do evento é de todo o día, apto para todos os públicos, o ambiente estará amenizado por un Speaker, boa música, actividade infantil, iniciación a practíca do Kitesurf. Ademais, a noite será amenizada por bandas da zona, como son os
Bakin'Blues Band e
The Way.
Máis información e inscricións
O número máximo de participantes nesta Travesía será de 40/pax. A data límite de inscrición é ata o 25 de Agosto.
Novas relacionadas
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).