Venres. 19.04.2024
El tiempo

A LigaFan chega ao Fútbol da Costa

A LigaFan chega ao Fútbol da Costa
LigaFan QuepasanaCosta Futbol da Costa Anótate xa na LigaFan de Quepasanacosta da 2ª Autonómica

Xa leva uns meses en funcionamento, e de feito xa hai unhas 150 persoas xogando a esta revolucionaria #LigaFan. Pero queremos darlle un impulso dende Quepasanacosta, e por iso apostamos por unirnos ao novo proxecto dos compañeiros de Siguetuliga, empresa herculina que medra de xeito exponencial a nivel nacional.

Este “Comunio das ligas rexionais” permite crear o teu equipo cos xogadores do Fútbol da Costa e competir cos teus amigos. Dende QPC vimos de abrir un grupo, unha LigaFan “Quepasanacosta”, por agora cos xogadores da 2ª Autonómica. Nun futuro faremos unha Liga comarcal con todas as Ligas, incluíndo a base, pero polo de pronto xa podemos ir facendo o noso equipo da LigaFan da Liga da Costa. A LigaFan “Quepasanacosta” arrinca neste comezo da segunda volta.

11 ideal da semana e da tempada

11 ideal da pasada xornada da LigaFan da Liga da Costa 11 ideal da pasada xornada da LigaFan da Liga da Costa

Unha das cousas ás que atenderemos cada semana, será a análise do 11 ideal de cada xornada, así como a evolución do 11 ideal de toda a campaña. Esta pasada xornada MC (Baio), Matías Tedín (Ponteceso), Nazo (Camariñas) e Cololo (Malpica) foron os que máis puntuaron.

E ollo ao 11 da primeira volta… Mete medo!

11 ideal da primeira volta da LigaFan da Liga da Costa 11 ideal da primeira volta da LigaFan da Liga da Costa  

Xoga a LigaFan

 

Fonte

Comentarios