A pelota non se mancha, nin a pluma tampouco
09:11 03/11/16
Antón Lestón nun partido co Corcubión -Foto-Luis
O corcubionés Antón Lestón une coa bola as súas dúas grandes paixóns: o fútbol e un xornalismo do que está a piques de converterse en profesional
Vaia por diante que o cadro final que debuxará esta reportaxe está condicionado polas leis da deontoloxía xornalística, que impiden que a persoa idónea e máis cualificada para o mesmo lle estampen a súa sinatura. Levaría as iniciais 'A.L.', que o mesmo sirven para falar dun sutil centrocampista ofensivo que dun profesional da información en ciernes, cun brillante expediente en cuarto de Xornalismo. Antón Lestón (Corcubión, 1994) é pura vocación e paixón, e dese amor innato xurde o vínculo entre o balón e a pluma, cun trato exquisito e sutil nambos casos. Manter unha conversa con el é retornar a un aula da Universidade de Santiago de Compostela, e tamén superar o nivel medio de calquera tertulia ao uso. E iso que fala en plena voráxine de exames e partidos, ademais de estar convaleciente do que pudo ter sido case o final dunha das súas dúas 'razóns vitais'.
O pasado sábado, ante o Laxe, coa hora de partido recén cumprida, Antón abandoaba o terreo de xogo entre bágoas e prácticamente dando por acabada a tempada. O susto trala entrada do visitante Gora fora proporcional á dor no seu xeonllo. "Ao final foi só un susto, pero foi o máis grande do que levo xogando; ademais de que me puxen nerviosísimo", confesa un home que a, pesares diso e como soe ser habitual, non perdeu os papeis nin unha sempre exquisita educación. "O de ser educado ten que ser obriga, pero ao final ás revolucións que se xoga é difícil mantelo; eu tento selo sempre, pero tamén o máis listo", engade o futbolista. E non era para menos calquera temor esa tarde. Xa desde a súa etapa Cadete (onde chegou ser reclutado por Diego Lobelos para o Dumbría, un adestrador de gusto polos 'peloteros') o seu xeonllo dereito pide un descanso que o corazón lle nega. "Se algo podo dicir de mí é que son futboleiro a morte, porque mandáronme parar moitas veces, penso que son capaz e ao final en verán acabo sempre por chegar a outra pretempada; os médicos xa mo dixeran os dous anos do Ameixenda e un de cadetes no Corcubión", explica.
Imaxe do estado do xeonllo de Antón trala entrada dun futbolista do Laxe
Anton Leston coa UD-Foto-Luis
Como se dun producto ben pensado e deseñado se tratase, o de Antón é continuación de estirpes e tradición, tanto no que ao fútbol como á súa futura profesión se refire. O mimo pola bola na súa casa empezou sete anos antes de que el nacera co seu irmán maior Pablo, agora no Fisterra e co que xa coincidiu no Corcubión. Como curtados por un mesmo patrón (ata nun físico con cero influencia positiva no xogo), danlle un salto cualitativo a un xogo colectivo que dista moito da súa proposta. E, segundo recoñece, hai outro factor común: "O que máis nos sobra son as protestas ao árbitro, aos dous nos fastidia moito perder; de meu irmán diría que é un dos futbolistas con máis talento innato da Costa, como eses que salen do Potrero en Argentina". E aí empezou o 'fade out' do Antón futbolista e comezou o do Antón Lestón, futuro xornalista deportivo. E niso Corcubión sabe algo de estirpes tamén. Tras Marco Antonio Sande (COPE) e Fran Hermida (SER) -a referencia ao 'jefe' da web Ubaldo Cerqueiro é coma fillo adoptivo-, non hai que ser moi listo para intuir quen será o vindeiro micro de ouro da que seguramente sexa a vila que mellores profesionais produce por metro cadrado. De momento, se se lle piden has palabras sobre os dous Antón é dun tino semellante á súa modestia e ilusión. "Se todo vai ben, espero estar por Madrid buscando traballo nuns anos, porque penso facer o máster alí; en termos de calidade non sei o que podo aportar, porque non me podo calificar a min mesmo, pero si moito interese e traballo, porque é algo que me encanta; é facer do meu hobby meu traballo", di. "Que onde me vexo nuns anos? Pois igual, buscando traballo por Madrid, porque sempre dixen que por soñar non quede; senón, a radio tamén me encanta", prosigue.
Como Marco Antonio Sande no seu día cando incluso acadara unha Liga da Costa co Unión Club Cee de Manolín, Antón contribúe a acabar con ese estereotipo do futbolista 'inentrevistable', como xa no fútbol profesional veñen facendo desde hai anos en gran medida os nados en democracia. Pero se algo é seguro é que Antón non mancha a pelota, pero moito menos o micrófono, a pluma ou a cámara.