A praia do Ézaro vivíu a súa fin de semana máis completa
Menuda fin de semana deportiva e festexeira que vivíu a Praia do Ézaro. A fin de semana da XXVIII Festa da Praia que comezaba o venres, a golpe de rockandroll, no que os membros dos Herdeiros da Crus fixeron coas súas diferentes bandas as delicias dos seus máis queridos fans aos que tamén invitaron a participar, como vemos a un coñecido veciño do Ézaro subido no escenario con Toñito de Poi.
Pero se as verbenas tomaron o relevo nocturo para a noite sabatina, as citas máis importantes tiñan lugar polo día. As actividades deportivas seguen a convertir o areal dumbría nunha referencia estatal. Hai un par de semana campionatos de España e desta volta era o XXIII Campionato de Volei Praia Festa da Praia, proba valedeira para o Campionato Galego e o Circuito comarcal do Barbanza, a proba máis importante.
As bancadas do areal estiveron repletas toda a fin de semana, sobre todo para ver xogar ás mellores xogadoras de Galicia deste deporte. Pero tamén cómpre salientar o gran seguemento que ten o Maratón de Fútbol Praia, que xa vai pola súa XXVI edición. Un ano máis, "El Armario de Marta" quedou campión, tras vencer na final ao "Cuidado con el Enano".
Os campións tiveron que superar a uns dos favoritos nas semis, como eran O Pirata. Pola súa, os subcampións enfrontáronse nas semis a un equipo moi especial, O Ardebullo da Casa da Crega, que contaba con 3 xogadores, que correr non correron moito, pero carisma, teñen de sobra!! Ole por eses Marcos Pereiro, Fede Pérez e Xosé Antonio Touriñán, grandes da televisión galega que non faltan a unha cita no Ézaro, pois xa os vimos o ano pasado e mesmo falábamos con Xosé Touriñán.
Novas relacionadas
- A praia do Ézaro segue reafirmándose como enclave deportivo a nivel estatal.
- 2012: Nin a chuvia pode coa multifesta, con sorpresa, do Ézaro.
- 18 noites de verán para disfrutar da Fervenza do Ézaro iluminada.
- Dumbría prepara un verán cheo de actividades.
- Xosé Touriñán: “Sempre que podo veño airear a cabeza á Costa da Morte”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).