Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Previa: traxedia e gloria a partes iguais

A Previa: traxedia e gloria a partes iguais
As dúas caras vemos nos campos do noso fútbol, a gloria dun ascenso ou dunha salvación enfrontadas á traxedia e ó drama dun descenso ou dun ascenso perdido nos últimos intres. Xa estamos en marzo, mes decisivo en todas as competicións futboleiras, e non ía se menos nas nosas. Os nosos equipos xóganse todo cada fin de semana, non hai marxe para os erros. Só o Volantes de Baño durme tranquilo, os outros teñen que buscarse as fabas todavía. O Castrelo é xuiz da 3ª Galicia o sábado En Preferente Norte, os nosos 3 representantes estarán de viaxe. O Xallas xoga en horario matinal contra o Arteixo coa pretensión de sumar e acercarse definitivamente á salvación. O Sofán viaxa á Estrada a xogar contra o Estudiantil, un rival directo, no que é unha final para os sofanistas. E o Dumbría ten o peor rival de todos, o Lugo B, e irá ó campo da Cheda sen Iago e Matías, sancionados, a intentar dar a machada ante un dos equipos que seguramente esté para o ano que ven en 3ª división. Na 1ª Galicia, o renacido San Lorenzo ten unha oportunidade única de acercárse á salvación, coa visita a Verdillo do agora colista Silleda. Os de Pablo Mallón poden dar un bo salto hacia adiante na clasificación. O Soneira recibe ó Unión con vistas a acercarse un pouco máis ós postos de promoción, que están lonxe pero non inalcanzables. A do Fisterra é tamén outra final, recibindo ó Chaian, nun partido que de ganar os de Noé deixarían os santiagueses a 4 puntos por debaixo. E que decir do noso Baio, que viaxa a Lalín sen moitas oportunidades máis de fallar. Os de Diego Díaz saben da importancia dos puntos e van concienciados de traelos da terra do cocido. E vaia partidos na Liga da Costa. O líder Mazaricos visita a un Malpica necesitado de puntos. Pasa o mesmo coa Esteirana e a súa visita a Buño, a poucos quilómetros do campo onde xoga o líder. O título xógase no Concello de Malpica, con permiso de Baíñas e Corme. En Vimianzo o Baíñas recibe a un Coristanco en alza, nun encontro vital para ambos. E o mesmo temos no Corme - Cee. Catro duelos entre equipos aspirantes ó título contra conxuntos que non queren baixar de ningunha maneira. Traxedia e gloria, veremos nestos campos. O Outes - Cerqueda e o Lira - Camariñas teñen pinta tamén de finais para todos, co obxetivo de fuxir da queima. No Zas - Muxía e no Ponteceso - Monte Louro parece que hai máis tranquilidade, aínda que a bo seguro que todos queren sumar canto antes para non pasar apuros. O Baíñas pode acercarse ó líder E na 3ª Galicia, co Volantes xa ascendido, agora tócalle ó Muros, que terá a súa cita o sábado en Vimianzo ante o sorprendente Castrelo, que con 4 vitorias nos últimos 5 partidos está a asombrar a propios e extranos. Unha vitoria dos de Bibi daríalles o ascenso, senón terían que esperar a que o Cabana non ganara ó Castriz o domingo. O Porteño - Camelle e o Nantón - Laxe, ademáis do anteriormente mencionado, son partidos chave para a promoción, que pode quedar definida esta fin de semana. Laxe, Castriz, Ameixenda, Nantón e Porteño manteñen unha loita titánica por 2 plazas, xa que o Cabana e o Camelle parece que se levarán as outras 2. Que emocinante está todo¡

Comentarios