Martes. 15.10.2019
El tiempo

A Previa: xogaremos se chove?

A Previa: xogaremos se chove?
Despois da suspensión da xornada pasada, que apreta e moito o calendario, todos miramos para o ceo, buscando unha tregua que nos permita disfrutar da nosa paixón, o deporte da pelota e as dúas porterías, separadas por uns 100 metros; 100 metros onde a veces está a diferencia entre a gloria e a depresión. Cantas cousas se poden poñer en xogo nun 100 x 60¡  A borrasca Gisele, que nomes máis raros para o que de toda a vida se chamou chover de carallo, parece que esta vez non impedirá a celebración da xornada. E a boa fe que xa poden caer chuzos de punta que a falta de datas para xogar fará que xoguemos os encontros, a bo seguro. Dumbría e Sofán buscan a salvación, que parece ter segura o Xallas En Preferente Norte as borrascas deixaron de afectar ó Xallas, que dende a chegada de Néstor ó banco é un dos mellores equipos da categoría e ten a salvación na súa man. Xogará en xornada sabatina contra o Boimorto, un partido que pode certificar a permanencia dos xalleiros. Busca a tranquilidade tamén o Sofán, pero mal compañeiro de baile ten este domingo, o Lugo B, máximo candidato ó título e que agora mesmo parece imparable. O Dumbría, pola súa parte, xoga unha auténtica final contra o Residencia. A vitoria é a única maneira de curar feridas que veñen xa do partido de ida contra este conxunto lucense. Na 1ª Galicia, xornada decisiva. Xa só quedan 9 partidos, e os puntos son ouro. Un San Lorenzo en alza dende a chegada de Mallón busca a que sería 4ª vitoria en 5 partidos, e pode sair incluso da zona de descenso, ante o Unión de Rianxo. O Soneira, nunha forma tremenda, xoga en Chaián, e pode botar unha man ós outros costeiros. O Fisterra, agora mesmo capaz de todo, viaxa a Padrón para enfrontar ó Flavia coa baixa de Robertín, sancionado. E o Baio xoga contra un dos punteiros, o Bastavales, tentando que o Platas Reinoso sexa unha fortaleza, e buscando acabar coa seca goleadora. Na Liga da Costa está o superpartido Mazaricos - Corme, onde se xogan moitas das aspiracións ó título de ambos equipos, do que xa falamos onte. A Esteirana co Malpica e o Baíñas co Muxía non teñen rivais doados, pero buscarán un tropezo do Mazaricos e unha vitoria súa que os acerque á 1ª plaza. No descenso, un dramático Cee - Outes, dous equipos que non parecía que poideran estar na situación actual a estas alturas de tempada, pero que buscan puntos como auga de maio. Outro encontro vital na zona da queima é o Camariñas - Buño, onde os oleiros en moi boa forma tentarán asaltar o Hnas. Patiño. Coristanco e Lira xogan o terceiro encontro clave nos postos de descenso, no que a Rocheira será dictador de sentencias. Cerqueda - Ponteceso e Monte Louro - Zas son encontros para que os equipos inmersos poidan atopar a tranquilidade clasificatoria, pois unha relaxación final nestas xornadas podería levar a calquera dos equipos a sufrir consecuencias. O Muros pode certificar o ascenso ante o Corcubión E na 3ª Galicia, despois do gatillazo por culpa de Félix, o Muros recibe ó Corcubión co ascenso en mente. O líder Volantes pode case que asegurar o título ante o filial do Outes, e o Camelle - Cabana pode ser un ensaio de cara á promoción de ascenso. Os Seaia - Porteño, Castriz - Nantón e Laxe - Ameixenda son encontros decisivos para definir as plazas desta promoción de ascenso. Por certo, e falando de burocracias: a norma sinala que non sedebe modificar o calendario, pero non fala nada de que os partidos aprazados se deban xogar antes das dúas últimas xornadas de liga.  

Comentarios