Venres. 26.04.2024
El tiempo

A primeira de Iago Caamaño

A primeira de Iago Caamaño
Victor Senra no Rali de Noia-Foto-Fran Pequeno Victor Senra no Rali de Noia-Foto-Fran Pequeno Xa pasou o Rali de Noia, un dos máis esperados de todo o ano para os nosos pilotos costeiros, e unha vez máis non volveu a defraudar, en emoción, en participación e en espetáculo. No tocante a clasificación Xeral, o dumbriés Victor Senra sería o mellor clasificado o remate, acadando unha 2ª posición, por detrás dun Iago Caamaño, que promete darlle emoción a un campionato que parece que se van a disputar os dous pilotos punteiros. Seu pai, o veterano Manuel Senra, volvía a facer as delicias de todos os siareiros sendo unha vez máis o piloto mais ovacionado o pasar por os tramos, todo un placer ver o 306 Maxi copilotado por el fiel copiloto Faustino pasar por os tramos ano tras anos como se por Manolo e Faustino non pasasen os anos. Manuel Senra no Rali de Noia.Fotp-Fran Pequeno Manuel Senra no Rali de Noia.Fotp-Fran Pequeno Heri Atan no Rali de Noia-Foto-Sara Photografy Heri Atan no Rali de Noia-Foto-Sara Photografy Ata o posto 29 temos que baixar para encontrar a un Heri Atán que estreaba coche. Bo rali para o piloto de Brens que conseguía a 4º plaza no Volante e sumaba uns valiosos puntos, demostrando que con un poucpo de adaptación o coche novo, e o novo copiloto, seguramente nos vai volver a dar alegrías moi pronto. Javi Lariño Waldomar no Rali de Noia Javi Lariño Waldomar no Rali de Noia Por a zona media da taboa, encontramos unha loita moi bonita entre os irmás Waldomar. Loita que se levaría o irmán pequeño Javi quedando no posto 74 por 78 de Anxo. Anxo estreaba copiloto e un par de problemas durante os tramos, como neutralización dun deles, outro problema con micros... impedianlle estar máis arriba, pero ambos pilotos do Equipo Waldomar Team, cumpliron co obxectivo que non era outro que disfrutar do rali, acumular kilometros e volver a casa sen moitos problemas no coche. Anxo Lariño Waldomar no Rali de Noia-Foto-Dani Iglesias Manuel Lado no Rali de Noia-Foto-Sara Photography Manuel Lado no Rali de Noia-Foto-Sara Photography Para acabar, co repaso costeiro, unha vez máis Manuel Lado conseguía acabar un rali no que sigue sumando esperiencia e km, esperemos que siga tendo apoios para introducir no coche algunhas melloras e poder estar máis arriba en futuros ralis. Non quero finalizar estas humildes liñas, sen despedirme dun amigo que hoxe nos abandonou, un fiel seguidor amante do mundo do motor que cando tiña oportunidade quedabamos para estar na cunetas apoiando a todos os pilotos. Peke estes donde estes, nunca deixes de darlle gas a fondo, sempre estarás presente como parte deste equipo.

Fonte

  • Manuel Casais para QPC Motor.

Comentarios