A Ría de Corcubión volverá ser o centro da vela de Galicia
Volverá ser a Ría de Corcubión o centro do deporte a vela de toda Galicia. Como xa acontecera o pasado ano, o Club Marítimo Carrumeiro e a Escola de Vela Cataventos artellan a "XIV Concentración de Vela Carrumeiro".
A cita será os días 28 e 29 de xullo en augas de Corcubión. E serán os centos regatistas das escolas de vela, os que surcarán a ría corcubionesa a bordo dos seus Optimist e Multiclase (Omega, Topaz, 420....).
En marcha a Liga da Costa da Morte
E que mellor xeito de poñer o broche final a un ano enteiro levando o mar polas escolas da bisbarra que unha Liga. Tamén está en marcha a Liga Costa da Morte 2012 na que participarán o Club Náutico Finisterre, Club Náutico Camariñas e o propio Club Marítimo Carrumeiro, tamén nas clases Optimist e Multiclase (Omega, Topaz, 420...)
As datas das regatas serán as seguintes:
- Regata Festa do Longueirón do C.N. Finisterre: 04 de agosto de 2012.
- Regata Club Náutico de Camariñas: 11 de agosto de 2012.
- Regata Seo de Corcubión do C.M.Carrumeiros: 25 de agosto de 2012.
Novas relacionadas
- Os pequenos regatistas de Fisterra xa surcan a ría.
- Preto de 200 escolares xa son regatistas na Costa da Morte.
- Máis de 170 embarcacións tinguiron de branco a ría de Corcubión.
- O nordés dificultou a regata máis numerosa da ría de Corcubión.
Fonte
- Nota de prensa do Club Marítimo Carrumeiro.