Martes. 10.12.2019
El tiempo

A Selección Benxamín de FS estreou a Amarela de menos a máis

A Selección Benxamín de FS estreou a Amarela de menos a máis
Seleccion Benxamin da Costa de FS con Dani Costa e Ana Mouzo Seleccion Benxamin da Costa de FS con Dani Costa e Ana Mouzo Ata Lourenzá e Mondoñedo desprazábanse este domingo os Benxamíns que forman xa a Selección da Costa Benxamín Mixta. Facíano para debutar ca “Amarela”, despois de varios aprazamentos, no marco do Campionato Galego de Seleccións Comarcais. O Campionato comezaba cunha derrota, por 2-6, ante a Selección de Ourense. Pero os de Dani Costa e Ana Mouzo foron afiando, e no segundo partido empataron a 4 ante Vigo. O Torneo remataba cunha gran vitoria ante Pontevedra por 2-3, pero non lles chegou para meterse na finalísima. Os convocados foron: MIGUEL ESTÉVEZ PÉREZ (FISTERRA EDM). IAGO INSUA CASAIS (FISTERRA EDM). JUAN EMILIO CLAVERA OLIVEIRA (CORCUBIÓN EDM). VÍTOR REY EIROA (CABANA). HUGO CASTIÑEIRA SANTOS (VIMIANZO EDM). JOSÉ ANTONIO ANDRADE CASTIÑEIRA (VIMIANZO EDM). PABLO COSTA CARABEL (FISOBER FSF). JAVIER BLANCO FARIÑA (EDM MALPICA). BRAIS COSTA SUÁREZ (EDM MALPICA). HUGO SEOANE ALBORÉS (OUTES FC). BRAIS LAGO DOMÍNGUEZ (OUTES FC). ANXO TOBA CARRIL (AS BALEAS FS).

Alevíns

En febreiro tocaralles competir aos Alevíns, que xa realizaron algunha convocatoria https://quepasanacosta.gal/a-seleccion-da-costa-benxamin-mixto-debuta-por-fin-no-campionato-galego/

Novas relacionadas

Comentarios