A Selección da Costa non puido co Madrid xuvenil

Bo ambiente no San Paio de Refoxos de Cee para celebrar o XXX aniversario do Trofeo Manolo Martín. Foi o Real Madrid xuvenil B moi superior a toda unha Selección da Costa, que presentaba un bo nivel.

O mesmo Raúl García de Loza fixo de ilustre colexiado, para un partido con pouca chicha e bastantes toques de calidade.

Choque en Malpica

E envíanos Wash Calvo estas imaxes do choque amistoso desputado en Malpica entre o cadro da 1ª e o Castriz. O conxunto local demostrou estar máis rodado que o visitante e gañou con goles de Neucha, David Castro (p) e Juny.

Triangular en Vimianzo

E un triangular con gran participación costeira no Triangular Concello de Vimianzo, pois o equipo local está comandando polo vimiancés Miguel. Os arteixáns quedaron co trofeo tras vencer 2-2 ao Dumbría e 0-2 ao Soneira. No choque entre costeiros Doro facía o único tanto que daba a vitoria aos dumbrieses.

Tendes a crónica completa en www.soneirasd.es.

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Novas relacionadas

Torneos e fichaxes

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).