Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Repaso á #CopaDiputación, Campionato de Barrios, torneos e fichaxes

Repaso á #CopaDiputación, Campionato de Barrios, torneos e fichaxes

Facemos un repaso do acontecido estes días recollendo a información que imos publicando no Facebook Fútbol da Costa. E falamos da Copa Diputación, coma das últimas fichaxes, como a sonada de Adrián Makaay, in extremis, polo Dumbría. De feito, en breve traemos unhas táboas con todas as Altas e as Baixas de todos os equipos.

Iso si, apuntamos unha nova de última hora, i é que a data para a II gala do fútbol da Costa é o sábado 17 de agosto, as 20:30 horas na Casa da Cultura de Outes.

Ademais, repasamos os vindeiros torneos que terán lugar en Cee e Esteiro.

Copa Diputación

Malpica - XSC (0-3)

Malpica-XSC -Gol de penalti-Foto-Wash Calvo

O resultado pode considerarse xusto porque o equipo xalleiro saíu moi ben colocado no campo para cerrar ocos e que os seus dianteiros fixeran dano arriba como así pasou. Ao Malpica non lle saía onte nada do que tentaba, abusando dos balóns en longo desde a defensa aos dianteiros que casi sempre acababan nos pés da defensa rival. Ademais, nas chegadas arriba tampouco definían, mentres que os verdes e laranxas si que acertaron as súas ocasións.
Darío por dúas veces no ecuador da primeira metade e Miki xa contra o final, sentenciaron o pase xalleiro.

Ponteceso - Soneira (2-6)

Comezou o Ponteceso poñéndose por diante á media hora e de penalti por medio de Jorge. Antes do descanso Bolo facía o 2-0 que tampouco reflectía o que estaba pasando no marcador. Pero antes do descanso Javi marcaría o primeiro dos seus 4 goles para acurtar distancias. Na segunda, o Ponteceso viuse abaixo e o Soneira acabou remontando e goleando cos tantos de Javi, e mais de Baba e Óscar.

Vindeira rolda

Dezaseisavos (4 de agosto):

  • B7: Dumbría – Bergantiños.
  • B13: XSC - Soneira.

Oitavos (7 de agosto).

  • C3: B10 (Vencendor Abella-Sada – Deportivo B) – B7.
  • C5: B13 – B4 (Vencedor Mandía-(Marabillas-Victoria) – Somozas).

Campionato de Barrios de Esteiro

O Praia Reimundos evitou a Cuchara de Pao no Campionato de Barrios de Esteiro

Coa vitoria da pasada fin de semana por 5-1 sobre o Tal, o equipo Praias de Raimundes, da Pendente e Trasdacosta, conseguiu evitar o posto de pechacancela, a chamada Cuchara de pao, do 36º campionato de barrios de Esteiro a falta dunha xornada para o remate da fase regular.

O outro partido disputado entre os Ciclóns-Canchester rematou con empate a uns. O trofeo que tradicionalmente se lle outorga ao último equipo da primeira fase do campionato -a cuchara de pau- deberá dilucidarse a vindeira fin de semana entre os equipos de Tal e o Canchester.

A clasificación a falta da última xornada que se xogará o vindeiro sábado a partir das 18:30 h. entre os equipos da Abelleira-Independiente e Canchester-Praias é a seguinte: Ciclóns, 14 p. - Independiente, 12 p. - Carallo santo 8 p. - Abelleira 8 p. - Praias de Raimundes 4 p.- Tal 3 p. - Canchester 2 p.

Torneo Manolo Martín

Xa temos Selección costeira para enfrontarnos ao Real Madrid C no Trofeo Manolo Martín. Da data de celebración da Gala aínda non temos novas.

Trofeo Manolo Martin-Seleccion da Costa

Memorial Pedro Caamaño

Memorial Pedro Caamano

O Xosé Luis Vara prepárase para render a segunda homenaxe ao presidente fundador do clube esteirán Pedro Caamaño. A cita, o domingo 4 de agosto ás 19:00h entre os cadetes de División de Honor do RC Deportivo e os potentes cadetes da Esteirana.

Últimas fichaxes

David de Muxía e Conguito fichan finalmente polo Camariñas tralo seu paso por Corcubión

Conguito ficha polo Camariñas de Berto é únense ás altas de Wii - Soneira B; Pablo, Mario Toja, David Toja e Yuyo - Porteño e Pirucho - Xaviña e David Lema (do Muxía). E o que volve ao Muxía é David Rey, procedente do Corcubión.

Adrian Makaay xa e novo xogador do Dumbria-Foto-Jorge Parri

Adrián Makaay é outro dos nomes de verán, deixando a disciplina do Soneira, cando este anunciara a súa renovación, para unirse ao ambicioso proxecto do Dumbría, que a estas alturas xa ten que estar pensando no ascenso.

O cambio de cromos faise efectivo, pois o que sae de Dumbría rumbo a capital soneirá é Leo. Por Soneira tamén anuncian a fichaxe de Segio, procedente do Camelle, para o equipo B.

Tamén en Preferente, o XSC incorpora a Richi, un rapaz de Cangas que vén de conseguir o ascenso a 3ª co Grixoa pero que queda ás ordes de Julio Martínez.

Outro movemento importante é a fichaxe de David Blanco polo Zas. O dianteiro deixa o Malpica para enrolarse ao novo proxecto zaense.

David Blanco coa camisola do Zas

E ollo co Sofán, que incorpora tamén a Martín, unha gran fichaxe para o medio campo.

Martin bo reforzo para a SD Sofan

Para o Camelle tamén hai altas, como a de Ángel Riveiro, irmán do xa xogador Miguel. Ambos estarán ás ordes de Ángel Carballo no Rodeiro, ao igual que que o porteiro Ángel Luís Diez, que defenderá a meta camellá.

E dos que marchan, xa falamos do muradán Toni, que viaxa cara Noia xunto ao seu ex compañeiro, o tamén muiradán Saúl.

Saul segue os pasos de Toni cara Noia-Foto-Jorge Parri

Máis información

Novas relacionadas

Torneos e fichaxes

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios