Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Completo repaso ao #futboldacosta

Completo repaso ao #futboldacosta

Facemos balance desta longa ponte arredor do #futboldacosta. Se ben xa saben que poden seguir toda a actualidade no Facebook de Fútbol da Costa, hoxe facemos aquí un repaso completo, coas fichaxes, os primeiros partidos da tempadas, as presentacións...

Unha ponte que viña marcada pola traxedia de Androis, que provocaba a suspensión da Gala da Asociación de Clubes, pero que mantivo o partido entre as Seleccións da Costa.

Encontro entre Seleccións

Seleccions da Costa Norte e Sur-Foto-Jorge Parri

O Cunchido acollía este domingo o encontro entre as Seleccións Norte e Sur. Foron finalmente os norteños, dirixidos por Berto, os que levaron o triunfo por un solitario tanto de Carliños, dianteiro do San Lorenzo, que serviu para superar ao cadro de Manu Roque.

Polo norte saíron Toni (Buño), Iván Rey (Sofán), Javi (Cerqueda), Félix (Nantón), Pandi (Corme), Pirucho (Xaviña), Carliños (san Lorenzo), Moriño (Camariñas), Fernando (Cabana), Mario Toja (Porteño) e Mario (IDC).
Polo Sur, xogaron Alex Rama (Esteirana), Brais (Volantes); Sexo (Muros), Pedro (Montelouro), Rodrigo (Carnota), Arturo (Outes), Matñias (Mazaricos), Angel Luís (Muxía), Aarón Fdez. (Dumbría), Isma Pedrosa (Dumbría B), Toni (Soneira), Richi (Soneira B), Lagoa (Zas), Agus (Castrelo e Yankk (Baíñas).

Copa Deputación

Fisterra-Ponteceso da Copa Deputacion-Foto-Jorge Parri

E seguimos pola Copa Deputación, que xa se puxo en marcha sen tempo a que os equipos collan forma. A rolda previa xa vivía un encontro, que se unía a un da primeira rolda. Na Previa, o Ponteceso superaba pola mínima ao Fisterra, cun tanto de Dieguito tras un fermoso taconazo de Toniño. Podedes ver a crónica completa en "O Fútbo, unha pasión", da man de David Castro.

Ademais, o Dumbría sufría para superar ao Camariñas, e necesitou dos penaltis para pasar de ronda. Poden ollar a crónica de Óscar Leis en Galifutbol.

Agora, na tarde deste vindeiro mércores 31 de xullo se disputarán dous choques, entre o Malpica-Xallas de Santa Comba (A7). Ademais o Ponteceso-Soneira (A5) e o Dumbría-Bergantiños, xa serán o 4 de agosto, ao igual que a eliminatoria entre os que pasen o día 31 entre A7 e A5.

Os Oitavos serán o 7 de agosto, os cuartos o 11, as semis o 14 ou o 15, e a final está prevista para o 18 de agosto.

Fichaxes e máis fichaxes

Javi Suarez ao Bainas-Foto-Jorge parri

Posiblemente sexa a de Javi Suárez polo Baíñas a fichaxe máis espectacular destes días. O dianteiro baiés súmase ás numerosas baixas do Xallas de Santa Comba, e desestima varias ofertas para xogar máis arriba, para unirse á proposta do presidente Juan por un Baíñas grande. De seguro que a este ritmo sobe de contado.

Juan Souto deixa o Mazaricos polo Castriz-Foto- Jorge Parri

E outra das fichaxes do Castriz, ademais de Chinda e Alberto, prcedentes do XSC, é o porteiro do Mazaricos Juan Souto, que se pon ás ordes de Corredoira.

Roberto e Ivan Couto cambian o XSC polo Dumbria Xuvenil-Fotos-Jorge Parri

Roberto e Iván Couto cambian o XSC polo Dumbría. O defensa e o porteiro xalleiros segue o camiño de Doro, Jota, Oscarín e ou seu compañeiro Ivan Couto. Roberto chega ao Dumbría para apuntalar a defensa do equipo xuvenil dirixido por Oscar Leis e Diego Lobelos.
O XSC queda iso si, con 3 dos puntais do equipo xuvenil desta campaña, como son Diego Maneiro, Marquiños e Dani Martínez, que de seguro serán importantes no 11 de Julio Martínez. Un Julio que contará ademais con Víctor Pazos de segundo, que deixa o Castriz ante a chegada de Corredoira.

Victor Pazos sera o segundo no XSC-Foto-Jorge Parri Pablo Martinez e Raul para a SD Sofan

As novas fichaxes da Sofán, son Pablo Martinez e Raul, procedentes do Club do Mar de Caion.

3 caras novas para o Buño 2013-2014: Martín, procedente do Cabana xuvenil, e Charro e Iago, que proceden do Malpica.

Martin Charro e Iago para o Buno

Nos aspectos técnicos, David Brenlla, ex preparador fisico do Xallas de Santa Comba é o novo preparador Fisico do Ponteceso de Mato e Alberto Pose.

Presentacións e altas e baixas

Esteirana

Presentacion da Esteirana 2013-2014

A Esteirana celebraba no Xosé Vara Oliveira a súa presentación, cun choque ante o Negreira. Finalmente os esteiráns caían por 0-1, e este foi o seu primeiro 11 da tempada 2013-2014.

Soneira

Primeira foto do Soneira 2013-2014

Pola súa banda, o Soneira presentaba o seu balance de altas e baixas. A volta de caras coñecidas como De la Sierra dende Camariñas ou Riki dende Dumbría, únense á fichaxe do lateral camariñán Brais Mouzo, así como a renovación de Adrián Mackaay. Como baixas, Felipe non poderá contar con Toni de Fisterra, que fichou polo Fisterra, Toni de Muros, que se vai ó Noia, o gardameta Cheli que se vai ó Dubra, Oscar de Muros e Nico.

Brais Mouzo ficha polo Soneira-Foto-Jorge Parri

O Soneira B, que ainda esta tratando con algun xogador, xa conta coas baixas do adestrador, Pose, e a do dianteiro Wii, que marchará para o Camariñas e Alberto que se vai para o Baio. Volve ó equipo da casa Javier Garcia, máis conocido como Cachirulo.

Corcubión

Primeiro adestramento do Corcubion Corcubion busca xogadores

A nova xunta xestora da Ud Corcubión xa comunica que desde esta fin de semana fanse cargo do club as seguintes persoas: Carlos Lema como presidente; Jorge Dominguez como vicepresidente e secretario; Alfonso Carrillo como tesorero; Cristian Carrillo, Manola Dosil e M. Delia Lado como vocales.
Ademas o próximo sabado dia 3 de agosto ás 20:00 no Casino hai unha asemblea de socios para explicar a situación actual do club.

Mentres, o equipo busca xogadores en idade xuvenil, cade e absoluta para facer crecer a familia.

Baio

Este luns 29 de xullo, ás 20:30 horas, iniciará a pretemporada o CD Baio no Platas Reinoso. Xa teñen confirmado plantel e directiva completa, con Chema Rey á cacebza, e 25 xogadores ás ordes de Felix, dos que 6 son xuvenís. Causaron baixa Eloy Vilas (Malpica), Jorge e Pardo, mentres que o equipo incorpora a Bieito e Canay, procedentes do Ponteceso, e Fachal, que se incorpora desde os xuvenís. Santi Díaz volve aos xuvenís tralo seu paso polo Dumbría de Liga Galega.

Novos espazos na rede

Estaremos atentos ao novo Xallas de Santa Comba, que xa teñen o seu blog na rede:


Máis información

Novas relacionadas

Torneos e fichaxes

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios