Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unha nova desaparición, máis fichaxes e un proxecto no #futboldacosta

Unha nova desaparición, máis fichaxes e un proxecto no #futboldacosta
O Alcaián desaparece

Máis novidades arredor do Fútbol da Costa, que por certo xa ten o seu espazo en Facebook. Cunha mala nova, dende logo, como é a desaparición do Alcaián, que deixa a 3ª Autonómica da 2013/2014 con tan só 13 equipos. O cadro coristanqués non puido facer fronte a outra tempada coa escaseza de recursos co que contan, e a pesar de ter o plantel listo, non pode afrontar o ano con garantías.
Con todo, dende o clube aseguran que este será un ano sábatico, e que intentarán volver á competición para a seguinte campaña.

Novidades na Ponte

E o Porteño de 2ª Autonómica cambia de rumbo. Nova directiva, novo adestrador pero o plantel se mantén, e de feito, empeza hoxe mesmo a traballar. A pesar da marcha de Pablo, Mario Toja e Yuyo que marchan ao Camariñas, manteñen o bloque e buscarán novas altas como a primeira confirmada, a de Felipe Santos, ex do finado Xaviña. De adestrador estará Ángel Insua, e o novo Presidente xa é José Manuel González, que xa foi presi no 97-98, con Alberto como Secretario, Diego Pereira, Miguel Trillo, Damián Pampín, Adrián Cibrán, Santiago Martínez e Carlos Sar na directiva. Ademais terán tamén equipo de xuvenís.

Movementos por Castriz

Manolo Corredoira é ficha polo Castriz Doro o mellor do partido e probablemente da temporada-Foto- Jorge Parri

Xa avisamos que un dos que quería pescar nas revoltas augas do Xallas Santa Comba era o Castriz. O cadro xalleiro cambia o rumbo e se convirte nun favorito ao ascenso, alomenos así o aseguran dende a directiva, que están a facer un equipo co obxectivo de ascender.

Será Manuel Corredoira, que sae pola porta de atrás do XSC tras unha temporada dificilmente mellorable, o que tome as rendas do cadro rossonero.

Se ben Jota e Oscarín xa ficharon polo Dumbría, ao que se une Doro, nunha das fichaxes máis sonadas do verán; se ben Pablo Baña asinou co Bertamiráns, Mon co Dorneda e Guille co San Tirso; varios xogadores poderían seguir marchando. É o caso dos Chinda e Alberto, que están moi cerca do novo Castriz de Corredoira.

Por Compostela

Iago de Bainas ficha pola SD Compostela

E doble apunte para a SD Compostela de 2ªB, que este ano seguisrá con semente costeira. O laxense Borja Facal continuará na disciplina celeste, que ademais incorpora ao ata de agora xogador do Ponteceso, Iago de Baiñas, que dá un importante paso na súa carreira futbolística.

Máis fichaxes por Cerqueda

Duda e Estefano pasan do Cabana Xuvenil ao Cerqueda

O central, Dani García, procedente do Bergantiños xuvenil, convértese na nova incorporación da SCD Malpica de cara a próxima tempada 2013-2014.

Ademais, o lateral Duda e o interior Estéfano rexuvenecen o Cerqueda para a tempada 2013/2014 procedentes do Cabana xuvenil.

Nova incorporación en Ponteceso

Miki Pose-Foto-Jorge Parri

Recén saído do Dumbría Xuvenil tras saír do Cabana, MIki Pose ficha polo Ponteceso de Mato.

De Campus e entrenamentos por Corcubión

Pequenos do Campus de Corcubion-Foto-Jorge Parri

E quedamos por Corcubión para ver aos pequenos que están participando no Campus das Escolas Deportivas Municipais. Leo está sendo un dos mestres, e onte tiveron unha visita especial, a de Óscar La Magia, xogador que vestiu a camisola branquiazul.

Por certo, que o novo Corcubión de Nito xa está en marcha. Con Carlos Lema como novo presidente, Senra de adestrador dos xuvenís, e Jorge cos cadetes, comezan hoxe un proxecto con tempo. Xa teñen varias baixas importantes como os irmáns David Lourido, que ficha polo Dumbría, e Cristian Lourido, Cristian ou Javi, que firmaron co Cee, e Conguito e David Rey que volven ao seu Muxía. Pero tamén contarán con varias altas como a volta de Diego Lojo, Kali, David Rama e Xabi do Quiosco.

Novas relacionadas

Torneos e fichaxes

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

Comentarios