Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Kiko: "O fútbol da Costa é unha drogha das duras"

Kiko: "O fútbol da Costa é unha drogha das duras"
Kiko presi da Esteirana un grande do futboldacosta-Foto- Jorge parri

"E que vou facer esta fin de semana sen fútbol en Esteiro?", comentábanos o home da Esteirana Kiko hai unhas semanas, tralo último partido da tempada no Xosé Luís Vara. E se ben aínda están co fantástico Campionato de Barrios, quedamos ca copla e deixamos hoxe constancia do que significa o #futboldacosta coas verbas do blaugrana.

"Terei que coller o coche e ir ata Baio a ver se a boa familia baiesa me invita a un bo chuletón e vexo un pouco de fútbol", aseguraba aquela fin de semana na que o Baio se xogaba parte do ascenso á 1ª. I é que "o fútbol da Costa é unha drogha das duras", e un verán enteiro sen Liga, a moitos nos costa.

Daquela falábamos con el trala emotiva eliminación dos cadetes da Fase de Ascenso á Liga Galega. O abarrote do Xosé Luís Vara, e a espectacular e emotiva ovación que recibiron os rapaces puxo os pelos de punta a todos, e como non, a Kiko, dos que máis. "Esto é moi forte", reflexionaba Kiko entre bágoas, nunha longa tempada que, sinceiramente, tivo máis alegrías que tristezas. A máis grande, o ascenso á 1ª Autonómica, sen dúbida, cando acabana nas duchas desta guisa.

Este vindeiro curso Kiko quere deixar de ser o home para todo, e deixa a presidencia tras varios anos. Pero como podedes comprobar, non se vai despegar do mundo do fútbol. Seguirá colaborando co equipo da súa vida.

Bravo por este home de futbol, de #futboldacosta!

Novas relacionadas

Torneos e fichaxes

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

Comentarios