Venres. 26.04.2024
El tiempo

Repaso á reunión máis importante da tempada no #futboldacosta con só o 25% dos clubes representados

Repaso á reunión máis importante da tempada no #futboldacosta con só o 25% dos clubes representados

Apenas 12 dos 40 clubes do #futboldacosta estiveron presentes na reunión máis importante do ano, a da preparación da vindeira campaña. Esta era a ocasión de presentar propostas para modificar os erros que se captaron este ano, para aprobalos na vindeira asemblea, pero apenas houbo preparación nin propostas.
I é que nos chegaron queixas de alomenos media ducia de clubes que non se enteiraron da convocatoria. Unha convocatoria que a nós nos chegaba o pasado 21 de xuño, e que a varios equipos lles chegaba curiosamente directamente a bandexa de spam do correo electrónico.

En todo caso, é unha lacra para o noso fútbol que para tomar as decisións máis importantes do ano, como son o número de ascensos, o tipo de competicións, os calendarios… non apenas quorum. Por non estar, non estaban nin un dos equipos da Preferente, nin varios da 1ª, 2ª e 3ª. nin unha representación da Asociación Clubes do Fútbol da Costa.

Propostas tomadas

En todo caso repasamos as propostas para a vindeira campaña, e o facemos por categorías:

  • Preferente: empeza o 25 de agosto, co mesmo formato do ano pasado.
  • 1ª Autonómica: empeza o 8 de setembro, de novo no Grupo de Santiago, e se manteñen os números, ascende 1, promociona 1 e descenden 3.
  • 2ª Autonómica: empeza tamén 8 de setembro, e ascende 1, promociona 1 e descenden 2, coma neste curso.
  • 3ª Autonómica: aínda non ten data de inicio porque non se sabe o número de equipos. Falabamos onte de 14 equipos pero o Dumbría B non vai decidir se dá de baixa ou non ata finais de mes, polo que pode que sexan 15 os equipos que participen a vindeira campaña. En todo caso, un ano máis ascenden os 2 primeiros e promocionan do 3º ao 6º.
  • Xuvenís: non cambia case nada. Volverán ser dous insulsos grupos de 10 equipos, a pesar de que boa parte da costa segue considerando un atraso de Liga, que deixa aos mellores equipos en inferioridade á hora de disputar a Fase de Ascenso á Liga Galega. En todo caso, as ligas empezan o 8 de setembro e acaba en maio, cunha liga de ascenso entre 3 primeiros e os dous primeiros xogan a Fase; mentres, a Copa a xogarán só os que non se clasifiquen para Liguilla dos mellores.
    Hai varios cambios, iso si. Créase o Lira no Gr.3, e no Gr.4 o Zas non fai equipo polo que o Soneira pasa a ocupar esa praza no Grupo Norte para quedar 10 no norte e 10 no sur.
  • Cadetes: aínda non confirmaron comezo de temporada pois o Corme aínda non decidiu se vai presentar equipo de cadetes ou de infantís. En todo caso, aparece o Corcubión, e serán dous equipos os que xoguen a Fase de Ascenso á Liga Galega.
  • Infantís: unha das propostas era a de pedir 2 equipos para a Fase de Ascenso, pero dende a Federación non deixaron moitas portas abertas a este feito. En canto aos equipos, non xogará o Ponteceso, e quedarán pois 12 ou 13 equipos en función da decisión do Corme.
  • Ligas de Fútbol 8: xa houbo queixas este ano porque as fases intercomarcais comezaron antes de que rematase a liga costeira tendo que xogalas os que nese momento estaban de líderes. Dende a Federación, e apesar das protestas, dixeron que volverían comezar ao mesmo tempo porque, aseguraron, "vai ser moi difícil chegar a un acordo cos organizadores das Ligas de Fútbol Sala", co Clube Deportivo Costa da Morte.

Máis cousas

Comentarios