De calendarios, torneos, fichaxes e copas


Xa temos o primeiro calendario actualizado en www.futboldacosta.com. Xa sabedes que através destas táboas, poderedes saber os resultados en tempo real, pois segundo van rematando os máis de 60 partidos de cada fin de semana no Fútbol da Costa, QPC xa os recolle.
Este ano a Preferente xa comeza o 25 de agosto e remata o 18 de maio de 2014.
Copa Diputación
Quedan xa menos equipos costeiros en competición nesta Copa Diputación que vale o seu peso nos cartos colleitados cada eliminatoria pasada. E os teoricamente favoritos, a pesar da igualdade xa das categorías, non fallan.
O Xallas de Santa Comba está completando unha boa pretemporada a pesar todos os movementos realizados. Esta fin de semana superaba ao Soneira en Vimianzo por 1-3. Darío adiantaría aos visitantes na primeira, o debutante Alfonsito no comezo da segunda, recurtaría Baba pero Marcos remataría a vitoria. Tendes a a crónica en Galifutbol.
Pola súa banda, o Bergantiños superou ao Dumbría por 0-2 no Conco, con tantos de Josiño, o segundo de penati. Tendes a crónica completa do choque entre dumbrieses e carballeses no blog de David Castro.

Con estes resultados, a rolda de Oitavos será este mércores 7 de agosto cos seguintes choques:
- Abellá - Bergantiños.
- XSC - Somozas.
Campionato de Barrios de Esteiro
Xa están as semifinais perfiladas para o XXXVI Campionato de Barrios de Esteiro. Este pasado sábado tiña lugar a última xornada, con doble resultado, un empate a 2 entre Independiente e Abelleira, e a vitoria por 2-3 do Praias de Raimundes sobre o Canchester.
Así, as semifinais quedan do seguinte xeito:
- Sábado 10 de agosto: CICLÓNS - CARALLO SANTO.
- Domingo 11 de agosto: INDEPENDIENTE - ABELLEIRA.
Máis movementos

E mentres preparamos unha completa táboa de Altas e Baixas de todos os equipos costeiros, anunciamos varias fichaxes.
Fran Borrazas Reyes, natural de Cances, xa é novo xogador do Buño. Vén reforzar a banda esquerda este ex de Cambre e Club do Mar entre outros.
Ademais, Alfonsito, xa debutou como novo xogador XSC. Procedente do trátase dun xogador polivalente pero o centro do campo é donde mellor se desenvolve este santiagués.
Ademais, a fin de semana nos deixaba a presentación da SD Sofán, con ata 7 caras novas.
Máis información
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Cadros da Copa da Costa 2013 e das Fases de Ascenso.
Novas relacionadas
- 01-08-13: Repaso á #CopaDiputación, Campionato de Barrios, torneos e fichaxes.
- Os Veteranos preparan unha nova temporada.
- Completo repaso ao #futboldacosta.
- Nova reunión do #FutboldaCosta coa Federación.
- As novas perspectivas do Xallas de Santa Comba.
- #regateegol: Anxo Garrido volve con máis entrevistas nas que podes participar.
- Kiko: “O fútbol da Costa é unha drogha das duras”.
- Repaso á reunión máis importante da tempada no #futboldacosta con só o 25% dos clubes representados.
- Movementos nos clubes da Costa: 14 equipos na 3ª?.
- Os equipos costeiros de Preferente e 1ª non terán descanso pola Copa Deputación.
Torneos e fichaxes
- Unha nova desaparición, máis fichaxes e un proxecto no #futboldacosta.
- Torneos, fichaxes e presentacións no #futboldacosta.
- Repaso aos movementos de #futboldaCosta.
- O Volantes ultima o seu I Torneo de Fútbol 7.
- Repaso á Fin de semana de torneos en Lariño, Cee e Corcubión.
- Máis fichaxes no Dumbría e no Ponteceso e asemblea á vista en Corcubión.
- Outra de fichaxes no #futboldacosta.
Artigos relacionados
- Alberto Pose: A miña homenaxe a un deses Presidentes que fan grandes o fútbol da Costa.
- Xosé María Lema Suárez: O ascenso, a celebración ideal do cincuentenario do C.D. Baio.
- Videoentrevista de Anxo Garrido con dous cadetes dumbrieses a piques de facer historia.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).