Xoves. 28.03.2024
El tiempo

As novas perspectivas do Xallas de Santa Comba

As novas perspectivas do Xallas de Santa Comba
Poucos xogadores parece que van quedar do 11 do XSC na final da Copa-Foto-Jorge Parri Gorgal novo presidente do XSC

Nova situación a do Xallas de Santa Comba, que cambia radicalmente de rumbo tras unha campaña dificilmente mellorable. A semana pasada a Asemblea Xeral daba como novo presidente a José Manuel Pérez Gorgal, unha vez que non se aceptaron os 40 votos delegados que levaba o ex presidente, e o grupo de Gorgal, da rama do Xallas, vencía por 9 votos. Mañá, en teoría, comezaba a pretemporada pero se cadra aínda é moi pronto.

Xa tomou as rendas a nova directiva que que decidía non contar con Manuel Corredoira como adestrador para a vindeira campaña nin con Huelvis como coordinador deportivo. Hoxe xa é Pedro Fernández Santos, o Vicepresidente, o que está tratando de renovar a todos os xogadores e conformar un novo plantel. A primeira alta, a do míster, Julio Álvarez que vén de Santiago, de entrenar na Preferente a equipos como o Calo ou o Compostela.

Estes días está negociando a renovación con moitos xogadores, pois varios xa fixeron pública a intención de non aceptar as súas ofertas. De feito, Pedro fai patente que este ano o orzamento vai ser moito menor, pois "o Concello non nos dá apenas un duro", e que a intención vai ser a de salvar a categoría, con xente da casa, e contando coas novas categorías". "O de pagar grandes cantidades tense que acabar, pero esperemos que os máis veteranos se fixen máis no aspecto deportivo que no económico para quedar aquí", sentencia.

Así, do núcleo máis importante do plantel da campaña pasada, son moitos que seguramente non vestirán de verde e laranxa para a 2013/2014. Guillermo xa fichou polo San Tirso, e Pablo Baña polo Bertamiráns. Mon, Martín, Pablo Vigo e Javi Suárez teñen suculentas ofertas enriba da mesa, mentres que os Diego, Jota, Doro, Chinda, Rubén Forján... non teñen clara a súa continuidade tralas ofertas presentadas pola nova directiva. De feito, varios se puñan en contacto con nós para que fagamos pública a súa situación por se hai algún equipo interesado. En todo caso, contan que aos primeiros que escoitarán son aos da casa, e que todo isto lles está resultando complicado, mesmo deixándoos "varias noites sen durmir", como nos asegura un Jota, con gañas de seguir alomenos en Preferente os poucos anos que lle quedan de fútbol.

Sobre as categorías inferiores, un dos puntais deste equipo, e coa marcha de Huelvis, un dos mellores traballadores neste eido do fútbol costeiro, serán o propio Pedro e Fernando Mara os que seguramente fagan de coordinadores. A nova directiva, e o novo adestrador, quere apostar forte pola canteira, e queren contar dende xa Diego Maneiro Dani Martínez, Marquiños, Landeira, ou pequeno Cristian, que este ano empeza en xuvenís con moitísima proxección.
A directiva quere contar con Rafa, un ano máis, no cadro xuvenil, mentres que parece case seguro que Santi Casal segue nos infantís, e mesmo pode que colla tamén os cadetes, unha vez que a Julio Álvarez non lle gusta moito que sexan xogadores do primeiro equipo os adestradores das categorías inferiores, polo que Jesús pode que teña que deixar o banco.

Un veciño moi atento

Así están as cousas a día de hoxe por Santa Comba, mentres que o veciño rossonero segue atento a evolución da entidade verde e laranxa. O Castriz está montando un auténtico proxecto gañador, co único obxectivo de acadar o ascenso. Xa tocaron a varios xogadores e mesmo ao propio Corredoira, e pode que en breve se presente un dos proxectos máis ambiciosos no fútbol da Costa para a campaña 13-14.

Segundo nos contan dende o Castriz, ata 11 xogadores que o ano pasado vestiron a camisola verde e laranxa pode que o ano que vén vistan de negro e vermello.

E cómpre destacar que o proxecto vén completo, pois este ano o cadro rossonero van facer tamén equipo de xuvenís. Estaremos atentos e o luns contaremos como evolucionan as cousas.

Novas relacionadas

Torneos e fichaxes

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

Comentarios