sábado. 15.03.2025
El tiempo

A Volta Ciclista á Provincia percorre a Costa da Morte

A Volta Ciclista á Provincia percorre a Costa da Morte
Ás 14:00 horas de mañá arrincará de Ponteceso a 17ª edición da Volta Ciclista á Provincia da Coruña cunha primeira etapa de 150 quilómetros e un desnivel acumulado de 2610 metros, na que participarán 18 clubs, procedentes de diferentes puntos de España e Portugal, e máis dun centenar de ciclistas das categorías Sub-23 e Elite, nas que se forxan as novas promesas do ciclismo antes do seu salto ó ámbito profesional.
Tanto a saída como a meta da primeira etapa da Volta estarán situadas no campo da Feira, onde tamén se vai levar a cabo unha “ginkana” infantil para nenas e nenos de 7 a 12 anos. Dende primeira hora da mañá e ata que finalice a proba ciclista, esta zona permanecerá pechada ao tráfico para garantir o correcto desenvolvemento da proba e velar pola seguridade de todos os/as participantes no evento. Así mesmo, a avenida Eduardo Pondal e a rúa Vereda tamén se verán afectadas por cortes de tráfico puntuais tanto á hora da saída da carreira, prevista para as 14h, como a súa chegada, arredor das 17:30h. Ademais, nesta última vía quedará prohibido o estacionamento ao longo de todo o día e xa dende esta noite.
A Volta Ciclista partirá de Ponteceso realizando un percorrido de 20 minutos por varias localidades do termo municipal nas que tamén se producirán cortes de tráfico ocasionais para facilitar o paso dos ciclistas. Desde a concellería de Deportes, que preside Marco Varela, solicítase a colaboración cidadá, tanto de condutores/as como de veciños/as, para que a xornada transcorra con normalidade e sen incidentes, gozando dun evento deportivo de primeiro nivel.
Se tes previsto realizar algún desprazamento polo municipio durante a celebración da proba, toma boa nota do percorrido e os horarios da XVII Volta Ciclista á Provincia da Coruña no Concello de Ponteceso.
Rutómetro:
  • 14:00 horas: Saída de Ponteceso. Campo de Feria - rúa Vereda - avda. Eduardo Pondal – rúa Aduana – dirección Malpica
  • Neaño
  • Cesullas
  • Regalados
  • O Allo
  • Baio
  • Zas
  • Alto de San Roque
  • As Travesas
  • Santa Comba
  • A Pereira
  • Pino do Val
  • Paxareiras
  • O Viso
  • O Pindo
  • Ézaro
  • Mirador do Ézaro
  • Xestosa
  • Buxantes
  • Hospital
  • Dumbría
  • Berdoiais
  • Vimianzo
  • Baio
  • O Allo
  • Neaño
  • 17:35 horas: Ponteceso. Avda. Eduardo Pondal - Rúa Vereda -  Campo da Feira – Meta. Final da 1ª etapa
Novas relacionadas Fonte

Comentarios