Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Xornada: lume na promoción de 3ª, a Esteirana da un gran paso en 2ª

A Xornada: lume na promoción de 3ª, a Esteirana da un gran paso en 2ª
Vaia xornada de emocións ó límite en todos os campos costeiros, con auténticos partidazos, máis parecían finais de Copa da Costa que encontros de liga. Empezando pola última división numérica, que non en paixón, ganas e fútbol, a promoción de ascenso de 3ª Galicia tivo dous encontros moi quentes. Igualdade máxima en ambos campos, con empate a 1 en Camelle e a 2 na Ponte do Porto. En pouca distancia vivíronse dous grandes encontros de fútbol. No Rodeiro, a pesar do estado do terreo de xogo, a entrega foi máxima e o partido dos de antes. Na Grixa, alternancia e máis goles para outra igualada que deixa todo no aire para a volta. O Camelle - Ameixenda foi un partido de outra época. Foto - David Castro. Na Liga da Costa, a Esteirana venceu en Camariñas e acércase ó título. O Mazaricos ó vencer ó Outes e o Corme ó imporse no derbi municipal ó Ponteceso siguen na loita, da que dimitiu o Baíñas despois da súa derrota sabatina en Cerqueda. Por abaixo, tras as derrotas de Outes e Camariñas, e a vitoria do Cee ante o Zas, a pelexa está no posto de arrastre, con Lira, Buño, Coristanco e o propio Cee loitando por escapar. E só quedan 3 partidos¡ En 1ª Galicia, boa nova a do Baio, que prosegue a súa escalada, e a dun Soneira coa máquina a punto pero quizáis un pouco tarde. O San Lorenzo teno moi difícil tras perder en Padrón, e o Fisterra complícase despois da derrota en Tordoia. Na Preferente Norte boa xornada para os nosos, cun Dumbría que non se rende e sacou tres puntos importantísimos, un Sofán que case que asegura a categoría ó vencer ó Dubra, e un Xallas que segue na súa boa liña. O Dumbría segue na súa loita

Comentarios