Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Xornada: unhas sorpresas e outras non tanto

A Xornada: unhas sorpresas e outras non tanto
Estase poñendo moi difícil para os equipos costeiros puntuar nas categorías superiores. Dos nosos sete representantes so o Baio foi quen de lograr a vitoria. En Preferente Xallas e Sofán conseguiron meritorios empates a domicilio, pero o Dumbría foi goleado na súa visita a Betanzos. Soneira, Fisterra e San Lorenzo caeron nas súas viaxes na 1ª Galicia. O Baio derrotou ó líder Piloño e dou a única alegría. Todos os resultados en www.futboldacosta.com. O Coristanco logrou unha gran vitoria en Zas Na Liga da Costa, varias sorpresas, e o camiñar de Mazaricos e Puenteceso en pos do título, perseguidos por Corme e Esteirana. De sorpresas podemos catalogar as vitorias a domicilio de Coristanco e Montelouro. O Baíñas volveu a vencer e parece que pode ser unha alternativa ós primeiros clasificados. O Mazaricos en Cee e o Puenteceso ante o Muxía confirmaron o seu bo momento, que os mantén á fronte da clasificación. Moita igualdade en todos os partidos, e difícil pronóstico para as xornadas vindeiras. Na 3ª Galicia, cambio de líder: o Volantes de Baño venceu en Cabana e sitúase primeiro, seguido do propio Cabana e o Muros. Laxe, Nantón, Camelle, Ameixenda, Porteño e Castriz semellan un duro grupo de perseguidores. Parece que imos ter emoción na 3ª ata o final.

Comentarios