Aberto o prazo para a Liga de FS de Corme-Ponteceso

07:23 05/10/16

Se xa vimos que a mítica Liga de FS de Cee se xogará este curso en Corcubión, a que non cambia será a Liga de Ponteceso-Corme. O pavillón cormelán seguirá acollendo os partidos dunha Liga que xa ten aberto o prazo de inscrición, segundo nos informa Pedro Álvarez Bugallo, o organizador.
O prezo da inscrición é de 250€, e están pendentes dos inscritos para preparar a primeira reunión.
Novas relacionadas
- Corcubión organizará este ano a Liga de FS de Cee.
- O Ágora/Capelán e o Beres.Apligasa, campións das Ligas de FS de Corme-Ponteceso.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).