Aberto o prazo para inscribirse no IX Campionato de Pesca de Camariñas


Máis de 1.000 euros en premios será o que se reparta no IX Campionato de Pesca de Camariñas. Un certame que organiza a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas o sábado 4 de marzo de 2017.
Como novidade, este ano será nunha soa manga, en horario de 8 da mañá ata a 15.30 da tarde, dende a Ermida da Virxe do Monte ata a piscifactoría de rodaballo.
Un evento que conta coa colaboración de numerosos patrocinadores como Industrias Cerdeimar, Estrella Galicia, Juana’s Sport, Recreativos Grifomar, Muebles Sambade, Construcciones Casal, Autos Fondo, Talleres Bermúdez, Día, Construcciones Pirucho, Ricardo Mas e Hijos e Hostal O Parranda.
O prazo de inscrición está aberto ata o 03/03/2017 ás 12:00h e pódense descargar as bases e a folla de inscrición na web: www.farovilan.com.
Novas relacionadas
- 2016: “O Xallas é un dos mellores coutos de pesca de Europa”.
- 2016: Un dumbriés faise co primeiro campano da Ponte do Porto no primeiro día de pesca.
- 2016: Periodistas da natureza pecharon en Muros a XXIV Periodipesca.
- 2015: O camariñán José Manuel Lema gañou o Campionato de Pesca do Vilán.
- A pesca que non se comercializa, do mar de Camariñas ás familias necesitadas.
Fonte
- Redación de QPC ([email protected]).