ACB, Fisober e Xiria afrontan unha fin de semana clave
Impresionante preséntase a fin de semana deportiva da fin de semana. E se cada venres achegamos a Axenda deportiva combinándoa coa previa futboleira, esta semana queremos darlle un especial protagonismo a 3 dos clubes que están levando o nome da Costa da Morte por todo o país.
I é que esta fin de semana é clave para os conxuntos do Fisober de Fútbol Sala Feminino, para o equipo cadete de baloncesto do ACB Costa da Morte, e para o conxunto carballés do Ifecgas Pereira de balonmán.
E tras ver a Vídeo entrevista de Anxo Garrido coa xogadora vimiancesa Ana Mouzo, imos coa previa.
Fisober vs Concello de Mos, o 1º e 2º clasificado loitan polo título da Liga Autonómica
O Fisober C. Vimianzo disputará este sábado un dos partidos máis importantes da súa curta historia. Unha vitoria ante o Concello de Mos deixarialle casi en bandexa o título de Liga, que conlevaría a posibilidade de disputar o Campionato de España de Clubes e ascender a 2ª División do Futbol Sala Nacional.
As rapazas da Costa da Morte chegan ó partido nun excelente momento de forma xa que veñen de encadenar seis vitorias consecutivas, derrotando na xornada pasada a un dos rivais máis fortes da liga, o Marcon de Pontevedra, por 2-4.
O Concello de Mos combina xogadoras veteranas con xogadoras moi novas, sendo a sua arma máis perigosa os balóns longos á pivot, xa que contan con una xogadora moi forte físicamente que domina a perfección o xogo de espaldas a portería.
O enfrontamento da 1ª volta saldouse cun 6-4 favorable ás viguesas, donde una 1ª parte nefasta (5-0) sentenciou o partido. Para este partido Fran Toba e Iván Chans contan con Paula e Eva na portería, e cas xogadoras Myrella, Patri, Noelia, Ana, Ylenia, Barca, Elsa, Alba, Olalla e Nuria.
O apoio do público vai ser fundamental para levar en volandas as xogadoras locais e poder asi facer historia na sua pequena historia.
O partido será o sábado ás 19:00 h no Pavillón Municiapl de Vimianzo, despois do derbi da Liga Provincial entre Fisober B e A Salina de Esteiro.
Doble boa nova para o balonmán carballés
Carballo estará esta fin de semana pendente do equip xuvenil do Ifecgás Pereira Xiria. I é que ademais de afrontar un partido que lles pode conertir en Campións Galegos, poderán festexar ademais a nova convocatoria do xogador David García Pichel coa Selección Española para o Pre-Europeo Xuvenil. Desta volta, o carballés (na foto 5º pola esquerda na fila de arriba) deberá viaxar o domingo ata Alacante onde se concentrará coa Selección Española Xuvenil ata o mércores 28, data na que viaxarán a Noruega para disputar a fase de clasificación para o Campionato de Europa que terá lugar en Austria durante o verán.
O combinado que prepara Ricard Franch deberá competir coas seleccións de Noruega, Montenegro e Israel por dúas prazas en xogo para o Europeo.
Pero xa volvendo a Carballo e á realidade da División de Honra Xuvenil, o Ifecgas Pereira Xiria xogará o sábado, a partir das 12.15 h, no Pavillón Municipal Vila de Noia de Carballo, a penúltima xornada de liga ante o Cisne. Un punto sóbralles aos de Fernando Vázquez para proclamarse campión, emulando a aquel marabilloso equipo dirixido polo hoxe director deportivo do club e adestrador do Calvo Xiria, Marcos Rodríguez, que na tempada 2003-2004 rompía, por primeira vez, a supremacía dos equipos da provincia de Pontevedra e facíase co título galego.
O sábado estarán sobre a pista os Martín Gómez “Zúpez”, Iván Eiroa “Igor”, "Javi" Rodríguez, "Edu" Mariño, Rubén "Anes", "Rubén Gómez","Mario Santiago", "Álex" García, "David" García, "Martín" Alfeirán, "Mario García de Seárez", Jorge "Bouzas", "Miguel" Suárez-Pumariega, Alejandro "Calvete" e "José" Mallo, e que a bo seguro continuarán coa súa espectacular progresión, tanto deportiva como persoal.
Comeza a segunda fase para os equipos do ACB Costa da Morte
- Na foto as xogadoras do Romar Moreira Construcciones Cadete Feminino: adestradores José María Pais e Iván García; Sara, Patricia, Esther, Lorena, Paula, Amanda, Yaiza, Fany, Lara, Laura, Sabela, Andrea Chasco, Yli Chasco, Uxía e Carla.
O Romar Moreira Construcciones cadete feminino do ACB Costa da Morte conseguiu clasificarse para a segunda fase da Competición a pesar do tropezo deste fin de semana ante o Calasancias. As xogadoras dirixidas por José María Pais realizaron unha gran primeira fase na que se impuxeron a todos os seus rivais con gran facilidade, a excepción do mencionado equipo coruñés, alcanzando o seu mellor xogo no partido disputado na primeira volta en Coruña contra o propio Calasancias onde se impuxeron por 3 puntos de vantaxe.
Nesta segunda fase atoparase co Compañía de María "B" e co Mercedarias "B" Hotel Suízo, do grupo D; e repetirá enfrontamentos contra o Calasancias en busca dunha praza en Liga Galega a tempada próxima.
E se brillante foi a clasificación das cadetes, non o foi menos a do Ferroatlántica Infantil Feminino, que a falta de 2 partidos por xogar xa ten o billete para a seguinte fase como primeiro de grupo, logo de realizar unha tempada incrible gañando todos os partidos por máis de 30 puntos de diferenza.
Outra historia diferente parece a segunda fase, na que deberá enfrontarse ao Mercedarias Hotel Suízo e ao potente equipo do Pontumio; o cuarto integrante que loitará polo ascenso a Liga Galega será o ED Inferniño ou o CB As pontes.
As infantís forman con Iria, Vivi, María, Lorena, Claudia, Claudia Sambade, Carmen, Tania e María Agulleiro.
Baio co Obradoiro
A contagotas, pero volve. Así, o Clube Baloncesto Baio, patrocinado pola Deputación Da Coruña, o Concello de Zas e Ramos Alidis, viaxa este domingo 25 de marzo a Santiago de Compostela. Tódolos rapaces e rapazas do clube, así coma monitores/as e pais e nais suman un total de 30 participantes.
Con esta actividade preténdese fomentar o Baloncesto entre os rapaces e rapazas da zona e arredores, presenciando no Multiusos Fontes do Sar ás 20h o partido entre os equipos Obradoiro Blusens Monbus e o Joventut ó que asistimos coa intención de animar ó equipo galego e pasar unha tarde deportiva con xogadores de élite do Baloncesto.
Tenis de mesa
E fin de semana chave tamén para os equipos de tenis de mesa do Anorthosis Vimianzo. Encontro crucial para o Anorthosis da 2ª galega. Será o ser ou non ser para poder ascender. Se gaña manterán intactas as opcións do ascenso. O encontro será moi igualado, no encontro de ida doi 4-3 para o Anorthosis. Esperemos que nesta ocasión se repita.
Tamén encontro importante para o Concello de Zas Angepon, pois mídese a un equipo cos mesmos puntos na clasificación. De gañar disiparía tódalas dúbidas sobre a permanencia e non deixaría para máis adiante o que xa pode conquerir este sábado.
Ademais, cornada maratoniana para as xogadoras femeninas, nada menos que 6 encontros. O que equivale a disputar 12 partidos individuais e 6 partidos de dobres cada xogadora. Desprázanse Lorena e Laura, e, virán fartas de xogar.
En 2ª galega grupo centro, para o sábado 24 de marzo de 2012:
- Ás 11h. en Noia: Liceo Senio - Anorthosis Vimianzo.
- Ás 17 h. en Canide (Oleiros): Breogán Oleiros "C" - Concello de Zas Angepon.
En 3ª galega grupo noroeste, tameén o sábado 24 de marzo.:
- Ás 17 h. en Canide (Oleiros): Breogan Oleiros "G" - Concello de ZAs P Tívoli.
- Domingo 25 de marzo en Andeiro (Cambre): Andeiro Promesas - Concello de Zas O Pinar.
En 2ª nacional femenina, o Sábado 24 de marzo:
- Dende as 9:00h e ata as 20:00h: 3ª Concentración femenina. 1ª Norte - Sur. Disputaranse 6 encontros cada equipo.
Novas relacionadas
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido coa vimiancesa Ana Mouzo.
- O Conservas afunde mentres o Xiria mantén a liña e o Bm. Xallas se forma.
- As cadetes do ACB caen pero se levantan.
- O Fisober achégase á gloria.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).