Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Conservas afunde mentres o Xiria mantén a liña e o Bm. Xallas se forma

O Conservas afunde mentres o Xiria mantén a liña e o Bm. Xallas se forma

Se ben o Xiria segue na boa liña o Bm. Camariñas non levanta cabeza. E iso que fixo un partido no Areal, entretido ata o minuto 45, pero a partir de aí, como sempre o Camariñas entrou o baixón, non aguantando a presión do resultado, deixándose ir ata o final do encontro, cuxo 25-31 non reflicte para nada a igualdade que se viu en Camariñas.

Ademais, temos novidades dos rapaces do Balonmán Xallas, que esta semana disfrutaron dun partido de primeiro nivel, mentres as categorías inferiores seguen disputando partidos.

Bm. Camariñas - Bm Cisme Pontevedra (25-31)

  • BM. CAMARIÑAS: Cristian (p), Víctor (p), Fary, Fabián (1), Felipe (4), Pombo (4), Quin (2), Damián, Moncho, Salva (1), Catalán (9), Xabi (2), Perón (1), Antelo (1).

Foi partido igualado e con alternativas que puideron darlle a vitoria ao equipo local, se puidese responder nos minutos finais do encontro que entre expulsións por protestar, algún erro arbitral e a falta de adestro deixaron marchar vivo ao equipo visitante facéndose este último cunha vantaxe que se fixo xa insalvable nos minutos finais.

Destacar polo Camariñas ao pivote Catalán que fixo un gran partido, e polo Cisne á tripleta central con Kike Domínguez, Dacosta e Amarelle.

Calvo Xiria - S.A.R. Plastic Omnium (40-28)

  • Calvo Xiria: Iago [p], Pablo (9), Alex Zas (2), Manuel (1), Cuco (3), Alex García (2), Brais (5) -equipo inicial- Naya [p], Ramón, Ángel (4, 2 de 7 metros), Dubra (4), Sergio (2), Christophe (1).

Fácil vitoria para os carballeses que seguen optando ao máis alto, tralo penúltimo partido da liga de 1ª Estatal para o Calvo Xiria coma local. Enfronte o SAR de Redondela, que ocupa a derradeira praza na táboa clasificatoria, nun partido sen demasiado en xogo respecto á clasificación. Pero si a honra de conseguir dous puntos para calquera dos contendentes. O encontro durou o que o Calvo Xiria tardou en poñerse a correr e a aumentar a intensidade, tanto en defensa como en ataque. Unha primeira metade para esquecer onde os erros foron máis que os acertos e no que o equipo visitante mantivo as súas opcións de conseguir a vitoria. Os carballeses non puxeron as súas armas na pista do Vila de Noia e a permisividade defensiva supuña goles moi fáciles para o SAR e moitas perdas de balón no ataque local, moito máis anárquico que de costume. Mais o panorama trocou logo do paso polos vestiarios. O Xiria empregouse coa intensidade que require calquera enfrontamento nesta categoría e os problemas para os de Redondela multiplicáronse, a velocidade do balón e dos xogadores locais provocaron moitas exclusións ante uns rivais, que neses intres, non atoparon como frear de maneira legal ao Calvo. Dez minutos foron suficientes para levar a diferenza á fronteira dos dez goles e pechar o encontro, que unha vez neste punto xa non tivo máis historia.

O Balonmán Xallas de visita deportiva

Este sábado unha completa expedición do Bm. Xallas desprazáronse a Porriño para disfrutar da 21ª xornada da División de Honra Femenina na que se enfrontaban o Bm. Porriño e o C.LE.BA. León. Foi un partido emocinante no que todo os nenos e nenas disfrutaron de ver un encontro da máxima categoría feminina a nivel nacional en directo.

Antes deste encontro, os equipos benxamín e alevín disputaron un partido amigable contra os nenos e nenas das escolas do Bm. Porriño.
As rapazas do equipo infantil feminino xogaron este domingo en A Coruña o último partido de liga contra o Balonmán Ártabro. As do Bm. Xallas non poideron acadar a victoria pero están a demostrar a súa mellora día a día.

Pola súa banda, os cadetes tiveron descanso, pero a fin de semana que ven disputarán en Sta. Comba unha dobre xornada contra o Bm. Cangas e a A.D. Carballal correspondentes a 4ª xornada da Copa da 2ª División Cadete Masculina.

Vindeira cita

  • UNIVERSIDAD DE LEON ADEMAR - CALVO XIRIA: domingo 25/03/2012 ás 12:00h no PAB. UNIVERSITARIO "HANSI RODRIGUEZ".
  • CAFES TOSCAF - BM. CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA: sábado 24/03/2012 ás 18:00 no P. MPAL. LA MAGDALENA.

Máis información

Crónicas 2011/2012

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Balonmán xallas CF, do Balonmán Camariñas e do Calvo Xiria.

Comentarios