Mércores. 11.12.2019
El tiempo

Alejo e MC, 2º e 3º máximos goleadores da historia da Liga da Costa

Alejo e MC, 2º e 3º máximos goleadores da historia da Liga da Costa
MC e Alejo pichichis da historia da Liga da Costa MC e Alejo, pasan a historia da Liga da Costa como 3º e 2º máximos goleadores -Fotos de Santi Díaz e Fin Lema Meten medo a cifra de goles que marcaron este ano os dous máximos goleadores da Liga da Costa. Unha cantidade que por momentos parecía que podía ter superado a estratosférica cifra de Isidro, o “Home-Ghol”. Non conseguiron chegar aos 61 goles que marcase o dianteiro ceés co Fisterra na tempada 91-92, pero si que superaron os 41 de Adrián Makaay do ano pasado, convertíndose Alejo no 2º máximo da historia da Liga da Costa, e quedando MC no 3º posto. Desprazan así Alejo e MC ao fisterrán do podio de goleadores históricos da Liga da Costa. Alejo faino con nada menos que 56 goles (13 de penalti e 1,65 goles por partido) mentres que MC conseguiu anotar 44 (7 de penalto, 1,33 goles por partido). Datos que quedarán para que os Rei Lema e Lema Suárez o anoten nos anales da historia. Pero é que a cousa non quedou neses dous grandes nomes, protagonistas do curso. Hai outros 3 xogadores que superaron a cifra de 20 goles. Pablo Muíño, espectacular na súa volta tras varias lesións, anotando 25 goles co Baíñas; e Dani Fuentefría (21) e Juni (20) fundamentais no San Lorenzo para conseguir esa fantástica Promoción de Ascenso. Outros bos nomes, que de seguro aparecen nas votacións como mellores dianteiros para o 11 ideal da Gala do Fútbol da Costa son Chenel, do Mazaricos con 19 goles, os mesmos que o tamén xogador do San Lorenzo Parafita (ollo a ese cadro de Verdillo con 3 xogadores entre os mellores goleadores da temporada); o xogador do Malpica Cololo con 18, ou ou baiés Javi Suárez. A lista completa poden visitala nesta ligazón á web da FGF.  

Novas relacionadas

Comentarios