xoves. 01.05.2025
El tiempo

Alexia Canosa destaca nas augas do Xallas

Alexia Canosa destaca nas augas do Xallas
Proba nacional en Dumbria As augas dumbriesas acollían unha nova proba nacional

As augas do Campo de Slalom de O Couquiño, no Rio Xallas en Dumbría, acollían esta fin de semana a Copa de España de Jovenes Promesas de Slalom de Aguas Bravas. Unha proba que transcurría sen ningún tipo de contratempo gracias á boa organización do CDM Piragüismo Dumbría e a Federación Galega de Piragüismo, coa colaboración do Concello de Dumbría e Ferroatlantica.

O club local só contaba con dúas participantes; Xiana Castro, entre as infantís de segundo ano e que a pesar de facer unha boa competición sempre estivo lonxe dos postos de cabeza; e a infantil de primeiro ano Alexia Canosa, que foi quen de facerse co 3º chanzo do podium nun meritorísimo debut en competición estatal.

A atención a copou o Club Cadí de La Seu d´Urgell. Os catalans foron os mellores na clasificación por clubs por diante do Club Santiagotarrak de Irún e do Club Penedo de Caldelas de Tui.

Alexia Canosa do CDM Piraguismo Dumbria Gran proba de Alexia Canosa

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios