Venres. 13.09.2024
El tiempo

Amador Vidal e Francis Lema gañan o Rallye de El Bierzo e se colocan de líderes

Amador Vidal e Francis Lema gañan o Rallye de El Bierzo e se colocan de líderes
Amador Vidal levou o Rali do Bierzo

Cumplíronse tódalas previsións feitas de calor, polvo e dureza do Rallye de El Bierzo, e por segundo ano consecutivo, a victoria se viña para a Costa da Morte, con Amador Vidal e Francis Lema superando todas estas adversidades e chegando a meta de Ponferrada coma gañadores nun rallye de Eliminación. Este triunfo unído as desistencias dos seus principais rivais o situan de lider destacado do Campeonato de España de Rallyes de Tierra.

A Carreira

Pero Amador Vidal non o iá ter doado no seu Volksvagen Polo N1 Disiclín. Xa no primeiro tramo empezaron a aparecer uns problemas electricos que incluso provocaron que fixese a maior parte do bucle da mañán co motor en tres cilincros, co deficit de potencia que iso conleva. Mesmo así, non lle perdeu a cara ó rally, acabando a primeira etapa en segunda posición, despois de que un dos colíderes do Campeonato, Villanueva, se accidentase. Así pois a caseque dous minutos do dakariano Nani Roma, pero con medio minuto de vantaxe sobre o mundialista peruano Ramón Torres se iniciaba a durísima etapa da tarde. “Vai ser unha tarde durísima, o segundo tramo é un inferno, e tal como están as cousas, un segundo posto sería un resultado fantástico, por que se non pasa nada, Nani Roma está a unha distancia inalcanzable” Comentaba Amador na asistencia de metade de Rallye en Ponferrada.

Pero pasou algo, e o tal segundo tramo da tarde dictou a súa lei de dureza, é Nani Roma chegaba ó final do tramo sin frenos no seu Mini Proto, saindose recto na última curva do tramo. Amador e Francis herdaban a cabeza do rallye e non só mantiñan, se non que xa sin problemas no Polo N1 Disiclín alcanzaban a primeira victoria da tempada, e se colocaban líderes destacados do certame nacional de Rallyes de Terra. “Foi o que esperabamos, igual que o ano pasado, un rally durísimo, pero este resultado unido as retiradas de Roma e Villanueva, nos situa de líderes no campeonato”.

Outros pilotos baixo a estructura de ARV

Pepe López, o novo piloto oficial de Peugeot España non tivo rival, e se fixo co triunfo de maneira olgada na categoría reservada ás dúas rodas motrices, ainda que competía moi perxudicado polo polvo en suspensión o sair tan retrasado. Pola súa parte Pablo Castro fixo un rallye correcto a pesar dalgúns problemas no seu Subaru, finalizando 6º, o que lle valeu para situarse nos postos de cabeza na xeral do campeonato.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios