Xoves. 27.01.2022
El tiempo

Amador Vidal non tivo sorte na neve de Suecia

Amador Vidal non tivo sorte na neve de Suecia
Vidal-EvoX-Shakedown-suecia

Non tiveron sorte Amador Vidal e José Camacho na proba máis invernal do mundial de Rallyes. Ata Suecia co seu Mitsubishi Evo X para disfrutar da participación nun dos eventos máis singulares do mundial, pero a mala sorte traducida en problemas mecánicos lles impediu disfrutar coma eles se tiñan proposto da cita escandinava.

Despois da proba superespecial que abría a competición o xoves, xa no primeiro tramo real do rally, o venres pola mañán, unha pequena avería deixou o Mitsubishi Evo X sen embrague quedando o equipo na asistencia tras o primeiro bucle tratando de solucionar a avería coa idea de sair a disputar con tódalas garantías os tramos da xornada do sábado e o domingo.

Pero finalmente aínda que tomaron a saída na primeira especial do sábado, tódolos kilómetros que tiveron que percorrer sin embrague fixeron mella na trasmisión vehículo do piloto vimiancés sendo o diferencial traseiro o que decía basta, e quedando, esta vez si, a parella formada por Vidal e Camacho definitivamente fora da proba mundialista sueca.

Mismo así, Amador Vidal disfrutou da experiencia “Foi unha aventura á que me vin arrastrado polo entusiasmo de José Camacho, pero agora picoume o gusanillo e non descarto que o ano que ven poidamos volver outra vez. ¡Agora son eu o que ten gañas!”

Fonte

comentarios